As Lambonadas de Kukinhas / Cooking with Kukinhas

As Lambonadas de Kukinhas

kukinhas

Ola a todos! Esta entrada é ben diferente ás de sempre, mais non por iso é menos especial, senón todo o contrario. Había tempo que xa rondaba pola miña cabeza a idea de facer un pequeno libro onde puxera as miñas receitas larpeiras favoritas. O problema era que non sabía nin por onde comezar…evidentemente non teño tanto público como para que ningunha editorial me ofrecera facer o libro, así que tiña que facer como coas receitas, poñerme coas mans na masa. Continue reading “As Lambonadas de Kukinhas / Cooking with Kukinhas”

Favourite Biscuit Recipes – Libro de receitas

image

Favourite Biscuit Recipes

Nunha das miñas excursións por Escocia, recordo que unha amiga e máis eu decidimos mercar como recordo un libriño pequecho de receitas. Teño que admitir que nin recordo onde o merquei, pero sí recordo que cada unha de nós colleu un libriño dunha especialidade diferente. Este que escollín eu era de receitas de biscuits (que xa vai sendo hora de explicar algunha receita de cookies cando o blogue se chama kukinhas, non?) Pero antes de nada quería ensinarvos o libro. Continue reading “Favourite Biscuit Recipes – Libro de receitas”