Biscoito de lima e arandos / Lime and blueberries cake

Biscoito de lima e arandos

Comezo a pensar que son tan seareira dos biscoitos que ao final hei ter que cambiarlle o nome ao blogue 😀 Gústame preparalos porque un dos pequenos praceres dos que máis gozo é almorzar un anaco de biscoito caseiro pola mañán. Aínda que me gustan todas e cada unha das versións de biscoitos que fixen e coñezo, os de froita son de seguro os que máis me enchen o ollo. Fanse máis frescos, máis sabedeiros e ademais, podemos adaptalos ás distintas froitas de tempada e converter unha masa base moi sinxela nun súper biscoito. Desta vez, entre os arandos e a lima teremos un biscoito cun evidente sabor doce, un punto salgado e un intenso sabor cítrico. Non vos enredo máis e imos aló! Xa veredes que marabilla, repetiredes seguro. Continue reading “Biscoito de lima e arandos / Lime and blueberries cake”

Galletas de manteiga de cacahuete / Peanut butter cookies

Galletas de manteiga de cacahuete

A min pásame que ás veces quero preparar galletas, pero non o fago porque me dá moita nugalla todo o longo proceso e a cantidade de ingredientes que fai falta para preparar unhas galletas ben sabedeiras. Estas galletas de manteiga de cacahuete só precisan 3 ingredientes, e fanse nuns 20 minutos, contando o tempo de enfornado. O resultado son unhas galletas cun intenso sabor a cacahuete, brandiñas, suaves e lixeiramente crocantes. Eu deille un toque algo diferente que estou segura de que vos vai gustar e que lle aporta un contraste de sabor moi interesante. Para facer as galletas, cómpre ou ben mercar unha manteiga de cacahuete que sexa 100% cacahuete, sen nada máis, ou ben facela caseira. Sen máis historias, imos ao lío! Continue reading “Galletas de manteiga de cacahuete / Peanut butter cookies”

Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake

Biscoito de chocolate e viño tinto

Si, xa me imaxino que estaredes pensado, un biscoito con viño tinto? Pois si! A idea xurdiu un día destes que estás aburrida e non sabes moi ben que facer. A min eses días sempre me dan ganas de cociñar porque é algo que adoita levantarme o ánimo, e sempre ten unha saborosa e doce recompensa. Despois de botar unha ollada a ver o que tiña pola cociña, vin a botella de viño e pensei en facer algunha lambetada con el. Acordeime do boas que estaban as peras ao viño, así que outra lambonada con viño non podía fallar. Lendo varios artigos pola rede, vin que o viño tinto se pode empregar en doces para potenciar o sabor a chocolate. Rebusquei pola cociña e non tiña cacao puro, mais si que tiña paladín (que é que adoito usar para a torta da avoa), así que agora só quedaba mesturar ingredientes e agardar a que todo saíra ben. E se a receita está aquí é que o resultado foi moi bo, como poderedes intuír, así que non lle teñades medo a esta mestura que nos pode soar tan estraña porque o biscoito ten un sabor espectacular! Continue reading “Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake”

Viaxe gastronómica – LONDON – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: London

Xa era a segunda vez que viaxaba a Londres, así que desta vez, ademais de facer turismo, fun co firme propósito de demostrar que en Londres se pode comer moi ben. Si, si, non lestes mal, en Londres pódese comer ben e desfrutar da cociña inglesa. Sempre fun unha defensora da cociña británica, e iso, como ben sabedes, non é unha tarefa sinxela. Recoñezo que en Londres ás veces resulta complicado comer ben, hai cociñas de todo o mundo, e acabas por comer de todo menos cociña típica do sitio, que é algo que, polo menos a min, gústame moito. De todos os sitios dos que aquí vos falo, gustaríame destacar a amabilidade e a boa atención en cada un deles. Continue reading “Viaxe gastronómica – LONDON – Gastronomic trip”

Sétima Etapa / Seventh Stage: Los Arcos

Sétima Etapa: Los Arcos

Seguimos co noso Camiño de Santiago prato a prato e facemos unha parada en Los Arcos (Nafarroa) para coller folgos e poder seguir camiñando a bo ritmo. Nesta localidade navarra, daremos boa conta dunha lambetada que tamén é moi famosa pola nosa terra, O LEITE FRITIDO. Sobre as súas posibles orixes ou onde comezou a facerse esta lambonada por primeira vez, non poderemos dar unha resposta con exactitude, mais a verdade é que pola súa elaboración e os ingredientes empregados, é unha receita desas tradicionais do norte da península, desas de toda a vida, que se facían en case tódolos fogares. Esta é a segunda vez que a fago e estou aínda máis contenta co resultado, polo que se tedes algo de tempo e estes ingredientes (que de seguro que si), non perdades a oportunidade de preparar esta marabilla de sobremesa. Continue reading “Sétima Etapa / Seventh Stage: Los Arcos”

Galletas de chocolate engurradas / Chocolate Crinkle Cookies

Galletas de chocolate engurradas

Hai lambetadas que están moi boas, aínda que non teñan moi boa pinta, e despois están estas galletas de chocolate engurradas, que son ben feitiñas e ademais están boísimas! O meu coas galletas é puro vicio, parécenme unha das mellores larpeiradas do mundo! Podemos levalas no peto para cando temos un antollo de algo doce ou facer un agasallo doce. Ademais, a cativada poderá botarnos unha man, que iso sempre está ben e de seguro que o pasan de marabilla! Imos aló! Continue reading “Galletas de chocolate engurradas / Chocolate Crinkle Cookies”