As Lambonadas de Kukinhas / Cooking with Kukinhas

As Lambonadas de Kukinhas

kukinhas

Ola a todos! Esta entrada é ben diferente ás de sempre, mais non por iso é menos especial, senón todo o contrario. Había tempo que xa rondaba pola miña cabeza a idea de facer un pequeno libro onde puxera as miñas receitas larpeiras favoritas. O problema era que non sabía nin por onde comezar…evidentemente non teño tanto público como para que ningunha editorial me ofrecera facer o libro, así que tiña que facer como coas receitas, poñerme coas mans na masa. Continue reading

Ferreirúa 2015

Ferreirúa 2015

Cedo un pequeno anaco deste blogue para falar sobre a carreira de A Ferreirúa.

Ferreirúa

Lonxe queda o 10 de maio de 2015, día no que un pequeno grupo de corredores se xuntou para devolver, de forma humilde, todo o agarimo que o pobo de Ferreirúa repartiu durante 25 anos a centos e centos de corredores. Continue reading

Papando kukilambonadas en Ferreirúa

Ola xentiña!!!

Quería facer esta entrada para convidarvos a un evento moi especial. Aquelas persoas que xa me seguen por Facebook ou Twitter xa oíron falar disto. O día 10 de maio haberá unha quedada en A Ferreirúa para agradecer a tódalas súas veciñas e veciños a organización dunha das carreiras máis queridas de Galiza e que viñan celebrando durante 25 anos. Así o expliquei no Facebook:

Ola larpeiriñas e larpeiriños! Hoxe escríbovos para falarvos dunha carreira ben especial. Para aqueles que xa andades no mundiño das carreiras, saberedes que este ano, por primeira vez despois de nada máis e nada menos que 25 anos, non haberá carreira en A Ferreirúa. Esta carreira foi sempre posible grazas ao esforzo e agarimo que poñían todos e cada un dos seus habitantes; organizando a carreira, poñendo pinchos para todos, animando…converténdose así nunha das carreiras máis queridas de Galiza. Este ano, por mor da celebración do campionato galego de medio maratón en Vigo, xusto o mesmo día ca carreira de Ferreirúa, os veciños decidiron, seguramente moi ao seu pesar, non celebrala máis. Déixovos aquí un artigo onde se fala precisamente disto e onde se explican os motivos para a cancelación da carreira.

A boa nova é que se está a organizar unha quedada para o día 10 de maio para poder agradecer ao pobo de A Ferreirúa todo o esforzo que puxeron durante todos estes anos na organización da carreira.

Hora de quedada: 11:00
Lugar: Local social, zona de meta, polideportivo?
Circuito: Unha volta ao circuito grande (color azul).
Link ao mapa do circuito

Podedes seguir as novidades no foro de correr en galicia.

E que pinta kukinhas en todo isto? Tódalas persoas que se acheguen o día 10 a Ferreirúa, xa sexan corredores ou acompañantes, poderán degustar algunha das lambonadas que hai no blogue.
Nunca vos pido que compartades, mais esta vez penso que a ocasión ben o merece. Compartídeo, contádeo. A xente de Ferreirúa merece este acto de agradecemento e apoio.