Segunda Etapa / Second Stage: Orreaga / Roncesvalles

Segunda Etapa: Orreaga / Roncesvalles

Despois da primeira etapa en Sant Jean Pied de Port, entramos en territorio navarro por Roncesvalles (en Euskara: Orreaga). Aquí, degustaremos un produto típico desta zona: os cogomelos de primavera, coñecidos como perretxikos. Este cogomelo é carnoso e ten un aroma que recorda ao da fariña acabada de moer. Tamén coñecido como cogomelo de San Xurxo, este cogomelo comeza a aparecer nos prados durante a primavera, de aí o seu nome. Dos perretxikos dise que unha vez que se ven, xa non medran, de aí que saber onde coller estes cogomelos sexa un segredo ben gardado. Unha das receitas máis sinxelas e saborosas e que ademais saca o mellor destes cogomelos, é o REVOLTO DE PERRETXIKOS. O mellor de todo sería ter a posibilidade de ir buscalos ou cazalos, mais non sendo época ou non tendo a oportunidade, sempre os podedes mercar deshidratados, como fixen eu. E o certo é que están tan bos así, que non me imaxino como deben saber acabados de coller! Imos aló! Continue reading

Primeira Etapa / First Stage: Sant Jean Pied de Port

Primeira Etapa: Sant Jean Pied de Port

Comezamos o Camiño de Santiago seguindo as etapas dun dos Camiños máis transitados para chegar a Compostela: O Camiño Francés. Esta primeira etapa comeza en Sant Jean Pied de Port. Esta vila forma parte do País Vasco francés e isto nótase tamén na súa gastronomía. Cando o cultivo de millo se fixo popular no País Vasco, a súa fariña empregábase para facer unhas tortas chamadas TALO que se comían a modo de pan para acompañar pratos como sopas ou queixos. O certo é que en moitas zonas rurais do País Vasco, o talo pasou a ser un alimento básico, especialmente para aquelas persoas que non se podían permitir un pan branco. Co paso do tempo e tendo en conta que a fariña milla foi perdendo presenza, o consumo do talo volveuse algo máis ocasional. A súa forma, textura, sabor e ingredientes recórdannos aos das tortillas típicas da gastronomía de países de América do Sur. O talo pode ir recheo de moitos ingredientes, sendo o máis habitual un bo anaco de chourizo ou txistorra. E aquí vos deixamos a receita. Continue reading