Mariñeiras con tartar de salmón / Mariñeiras with salmon tartare

Mariñeiras con tartar de salmón

Se nunca probastes estas saborosas galletas mariñeiras, non agardedes máis! Teñen un sabor moi intenso, son súper crocantes (algo que me encanta!) e o mellor de todo é que son galegas!!! Son perfectas para preparar petiscos e de aí xurdiu esta idea! As mariñeiras con tartar de salmón son un petisco saudábel, saboroso, rápido e que campa que rabea! Non me diredes que non son bonitiñas, non si? 😀 Pois aínda saben mellor!!! Só precisaremos uns 5 minutos para preparar todo. Imos aló! Continue reading “Mariñeiras con tartar de salmón / Mariñeiras with salmon tartare”

Galletas da fortuna / Fortune cookies

Galletas da fortuna

Xa quedan moi poucos días para o Nadal. Unha época do ano na que aproveitamos para pasar tempo coa xente que máis queremos e nos quere. E tamén para desexarlles que pasen un ano novo cheo de cousas boas e de soños cumpridos. Pensando niso, pensei que sería marabilloso facer unhas galletas da fortuna para a Noiteboa ou para o día de Ano Vello e deixar unhas mensaxes de amor e cariño para tódolos comensais. Que vos parece a idea? Eu fixen unhas cantas en galego e en inglés e déixovos aquí o documento por se queredes coller algunha. Se o facedes, podedes poñer mensaxes máis persoais, de broma para botar unhas risas ou para dar unha nova importante: un casamento, un novo membro na familia, unha cea familiar… A que quedaría ben chulo? A verdade é que é unha receita moi sinxela e con tódolos kukiconsellos que vos deixo ha saír perfecta, xa veredes! Sen enredarvos máis, que teñades unhas MOI FELICES FESTAS, UN MOI BO NADAL CHEO DE FELICIDADE E UN ANO NOVO MOI LARPEIRO E CARGADO DE BOAS NOVAS E MOITOS SORRISOS! Continue reading “Galletas da fortuna / Fortune cookies”

Wok de verduras / Veggies stir-fry

Wok de verduras

wok de verduras

Moitas veces pásanos que cando imos comer fóra, probamos as verduras e sábennos de medo e despois chegamos á casa e semella que sempre nos saben iguais. E cal é o segredo para ese sabor tan incrible que teñen as verduriñas nos restaurantes? Pois son varios pequenos truquiños que, ademais, fan que a verduras conserven tódolos seus nutrientes. Non vos fago agardar máis e imos aló! Continue reading “Wok de verduras / Veggies stir-fry”

Faláfel con prebe de iogur / Falafel with yoghurt sauce

Faláfel con prebe de iogur

faláfel

Xa había tempo fixera unha receita de faláfel (alá polo 2013 – faláfel ao curry), mais tiña moita gana de volvela poñer cambiando un chisco os ingredientes, agora que xa me volvín algo máis experta na cociña 🙂 Como novidade, empregamos un dos ingredientes máis de moda, ademais de herbas aromáticas como o coandro e a menta, que lle dan un toque exótico e fresco. Para acompañar, un prebe moi saboroso, saudábel e rápido, un prebe de iogur que vai de marabilla para darlle un toque fresco ao faláfel. Imos aló! Continue reading “Faláfel con prebe de iogur / Falafel with yoghurt sauce”

Sushi de quinoa / Quinoa sushi

Sushi de quinoa

sushi quinoa

Preparar sushi caseiro é xenial! Podes botarlle os ingredientes que queiras e formar tantas combinacións como imaxinación teñas. O problema é que precisamos de moito tempo para facelo, sobre todo para preparar o arroz, lavalo, cocelo e agardar a que arrefríe. Esta versión con quinoa fai que a preparación sexa máis sinxela, o reultado máis lixeiro, cun sabor especial e diferente, mais, coma sempre, moooi saboroso! O certo é que eu, que son unha apaixoada do sushi de sempre, gárdolle un oco de boa gana a este sushi de quinoa, tanto polo súa incrible pinta como pola orixinalidade, preparación e, como non, o seu incrible sabor. Imos aló! Continue reading “Sushi de quinoa / Quinoa sushi”

As Lambonadas de Kukinhas / Cooking with Kukinhas

As Lambonadas de Kukinhas

kukinhas

Ola a todos! Esta entrada é ben diferente ás de sempre, mais non por iso é menos especial, senón todo o contrario. Había tempo que xa rondaba pola miña cabeza a idea de facer un pequeno libro onde puxera as miñas receitas larpeiras favoritas. O problema era que non sabía nin por onde comezar…evidentemente non teño tanto público como para que ningunha editorial me ofrecera facer o libro, así que tiña que facer como coas receitas, poñerme coas mans na masa. Continue reading “As Lambonadas de Kukinhas / Cooking with Kukinhas”