Cottage Pie

Cottage Pie

Ata o de agora, cando ía de viaxe, sempre mercaba un marca-páxinas, e a verdade é que xa levo unha chea deles dende que comecei a colección, moitas veces grazas a amigos e familia que tamén me traen cando van de viaxe. Mais hai un tempo que tamén recibo e merco libros de cociña que falen sobre receitas típicas do sitio no que estou. Cando fun a Londres durante a Pascua, dei cun marabilloso libro que, ademais de ter unhas ilustracións moi fermosas, ten unhas receitas típicas inglesas con ingredientes naturais, da horta e da granxa, que son cos que eu máis gozo. O libro chámase: The Great British Farmhouse Cookbook e está escrito por Sarah Mayor. En canto o abrín, souben que a primeira receita que faría sería esta. A Cottage Pie ven sendo un prato moi sinxelo, basicamente carne e patacas, polo que se a materia prima é boa, o resultado ten que ser espectacular. Eu fixen a miña propia versión apta para vexetarianos, mais se sodes máis de carne, xa vos direi como facer a receita orixinal. Continue reading “Cottage Pie”

Empanadiñas de atún / Tuna pies

Empanadiñas de atún

Xa é a segunda vez que preparo esta receita para o blogue, mais desta vez cambiei algo os ingredientes para darlle un toque máis orixinal, e para axudar a que a cativada coma verduras sen decatarse. Estas empanadiñas de atún son lixeiras, van feitas ao forno, polo que non levan aceite de máis, e ademais saben de marabilla!!! Que é o máis importante! Ademais, veremos como pechar as empanadiñas dun xeito distinto, que de seguro vos recordará ás empanadiñas arxentinas, que é moi sinxelo de facer e que fai que queden unhas empanadiñas ben feitiñas. A masa é moi fina e non se fai nada pesada, por iso é ideal para facer ao forno, ademais así non corremos o risco de que rompa e se nos escape a o recheo 🙂 Imos aló! Continue reading “Empanadiñas de atún / Tuna pies”

Viaxe gastronómica – LONDON – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: London

Xa era a segunda vez que viaxaba a Londres, así que desta vez, ademais de facer turismo, fun co firme propósito de demostrar que en Londres se pode comer moi ben. Si, si, non lestes mal, en Londres pódese comer ben e desfrutar da cociña inglesa. Sempre fun unha defensora da cociña británica, e iso, como ben sabedes, non é unha tarefa sinxela. Recoñezo que en Londres ás veces resulta complicado comer ben, hai cociñas de todo o mundo, e acabas por comer de todo menos cociña típica do sitio, que é algo que, polo menos a min, gústame moito. De todos os sitios dos que aquí vos falo, gustaríame destacar a amabilidade e a boa atención en cada un deles. Continue reading “Viaxe gastronómica – LONDON – Gastronomic trip”

Sétima Etapa / Seventh Stage: Los Arcos

Sétima Etapa: Los Arcos

Seguimos co noso Camiño de Santiago prato a prato e facemos unha parada en Los Arcos (Nafarroa) para coller folgos e poder seguir camiñando a bo ritmo. Nesta localidade navarra, daremos boa conta dunha lambetada que tamén é moi famosa pola nosa terra, O LEITE FRITIDO. Sobre as súas posibles orixes ou onde comezou a facerse esta lambonada por primeira vez, non poderemos dar unha resposta con exactitude, mais a verdade é que pola súa elaboración e os ingredientes empregados, é unha receita desas tradicionais do norte da península, desas de toda a vida, que se facían en case tódolos fogares. Esta é a segunda vez que a fago e estou aínda máis contenta co resultado, polo que se tedes algo de tempo e estes ingredientes (que de seguro que si), non perdades a oportunidade de preparar esta marabilla de sobremesa. Continue reading “Sétima Etapa / Seventh Stage: Los Arcos”

Sándwich tricolor / Tricolour sandwich

Sándwich tricolor

Encántanme os sándwiches! Adoitan estar de vicio, prepáranse nun plis e ademais, pódense facer de case calquera cousa que teñamos pola cociña. Iso si, ás veces costa pensar que botarlle para dar coa combinación perfecta e que saiban ben. Este sándwich de tres cores descubrino grazas á miña recente paixón pola gastronomía de Korea, e foi un acerto total! Eu probei a facer dúas versións, a orixinal, con xamón cocido, e unha con salmón afumado, que resultou estar aínda máis saborosa!!! 😀 Se queredes facer unha versión sen carne e sen peixe, cambiaremos o xamón e o salmón por tomate picado, está suuuper rico!!! Se vos atrevedes a preparar este sándwich, de seguro que non vos ides arrepentir! É moi suave, case non hai que mastigar e faise moi cremoso, xa veredes! Imos aló! Continue reading “Sándwich tricolor / Tricolour sandwich”

Ramen de tofu / Tofu Ramen

Ramen de tofu

Quen siga un pouco este blogue tan lambereteiro, saberá de sobra o que desfruto e me gusta a comida oriental! Cando fun a Xapón, xa era moi seareira da súa gastronomía, mais non sabía eu a de pratos que aínda me quedaban (e me quedan) por probar! Un dos que máis me gusta porque creo que é un prato moi completo, ademais de nutritivo e perfecto para o inverno, é o ramen. As súas múltiples versións, fan que case non haxa ninguén no mundo a quen non lle guste, pois xa sexa de verduras, picante, con brotes de soia, con tenreira, porco ou polo, o ramen está sempre moi bo!!! Cando o probei por primeira vez en Xapón foi en Arashiyama e, como este, levaba tofu, así que tiña claro que a primeira vez que ía preparar ramen na casa sería así, con tofu. É unha receita moi sinxela, e por suposto case nada que ver co ramen de Xapón, mais si para quitar o antollo! Eu desfrutei moito facéndoo e é un prato que precisa que o fagamos con moito tempo e moito agarimo, e así sairá estupendo, xa veredes! Imos aló!!! Continue reading “Ramen de tofu / Tofu Ramen”