Albóndegas de brócoli / Broccoli meatballs

Albóndegas de brócoli

Cómpre recoñecer que o Entroido é duro, e mira que o Nadal non está nada mal, mais as receitas do Entroido son doutro mundo: filloas, orellas, rosquillas, bicas… eu, se vos digo a verdade, penso que é a mellor festa gastronómica. E de seguro que é difícil atopar a alguén que non lle guste algunha das lambetadas deste tempo. O malo que ten é que a min gústanme todas, e por iso agora tócame facer receitas algo máis saudábeis; mais que nada para poder preparar o bandullo para as receitas de Pascua 😉 Que non se pode perder o ritmo!

Estas albóndegas de brócoli son taaan saborosas como sinxelas de facer, e ademais de seguro que farán as delicias incluso daquelas persoas que non acostuman a ser moi seareiras do brócoli. Aventúrome algo, mais diría que ata os máis cativos da casa gozarán tamén do sabor destas albóndegas e comerán o brócoli case sen darse conta 😀

Ingredientes para unhas 20 albóndegas:

– 500 gramos brócoli
– 25 gramos de queixo Feta
– 100 gramos de queixo relado
– 2 culleradiñas de alfábega seca
– 1 ovo
– 2 culleradas de pan relado
– pan relado para rebozar

Preparación paso a paso:

1. Picamos o brócoli cru e mesturámolo co resto dos ingredientes. O mellor é facelo coa man.

2. Despois, formamos as albóndegas.

3. Rebozámolas en pan relado.

4. E enfornámolas a 180ºC durante uns 30 minutos ou ata que estean douradas por fóra e ben cociñadas por dentro. E listo!

E xa están! Estas albóndegas non teñen máis ciencia: picar, mesturar, formar e enfornar. Catro pasos moi sinxelos e unhas albóndegas desas que quitan o sentido do boas que están. A mestura de queixos quédalle espectacular, e non deixedes de empregar o queixo Feta porque é o que lle dá o toque salgado que lle queda tan ben. O queixo relado pode ser o que máis vos guste, de feito, xa probei con queixo San Simón e como non podía ser doutra maneira, tamén foi un acerto. Para comelas, cun prebe de tomate caseiro, maionesa cun chisco de prebe picante… Non saen tan duras como as de carne, polo que a miña recomendación é que ou ben lle botedes o prebe por riba (se é un prebe quente) ou ben as comades como un petisco molladas nalgún prebe frío (picante, maionesa, tomate…). Agardo que vos guste e MOI BO PROVEITO!

_____________________________________________________________

Broccoli meatballs

After so many delicious sweet treats at Carnival, it’s time to eat healthier and these meatballs are the perfect start! They are super easy to make and even easier to eat! And I can even tell you that if you are not a huge fan of broccoli, you are going to like these meatballs anyway. And if you have kids and you are looking for a recipe to make them like veggies, you should give this recipe a try and I think they are going to love them! It only takes a few steps and some easy-to-find ingredients to have these veggie meatballs ready! Let’s go!

Ingredients for 20 meatballs:

– 500 gr broccoli
– 25 gr Feta cheese
– 100 gr grated cheese
– 2 tsp dry basil
– 1 egg
– 2 tsp breadcrumbs
– breadcrumbs for coating

Step by step preparation:

1. Process raw broccoli in a food processor and then mix it with the rest of the ingredients using your hands.

2. Give them a meatball shape.

3. Coat in breadcrumbs.

4. Bake at 180ºC for around 30 minutes or until golden brown. And that’s it!

And here they are! These meatballs are so simple, it gets even more time to read the recipe than to actually prepare it! And they are so delicious!!! They are perfect as a hot dish, or even as a party snack to dip them in some dipping sauce (mayo, spicy, marinara…) They’re not so hard as usual meatballs, so it’s better if you dip them or top them with sauce than to cook them in the sauce. You can use whatever grated cheese you like, but don’t change Feta cheese, it is what gives these meatballs a salty flavour and it really matches perfectly with broccoli. ENJOY!!!

2 Comments

  1. Isabel couto

    Ola kukinhas: gustame moito o brócoli,teño comesto cocido e a prancha,pero a verdade en albóndigas nunca.Probaremos a ver como sale.
    Gracias kukinhas e un abrazo.
    Isabel

    • Ola Isabel! Pois se che gustou á prancha e cocido, en albóndegas seguro que che encanta! Saben moi ben e fanse moi rápido. Ata se poden conxelar e son moi socorridas. De seguro han saír ben 🙂
      Unha aperta,
      Kukinhas

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.