As 10 receitas máis vistas de 2018 / The top 10 recipes of 2018

As receitas máis vistas de 2018

E como xa está rematando o ano, toca facer balance de como foi este 2018 e cales foron as vosas receitas favoritas do blogue durante este ano que xa está a piques de rematar. Velaí vai o top 10 de receitas máis vistas deste ano!

Comezamos polo número 10 para deixar o mellor para o final, como non podería ser doutra maneira. E co dorsal número 10 temos…

As Flores de Cabaciño

Unha receita desas que vos gustan por orixinais e porque son produtos da horta, que é unha paixón que vós e máis eu compartimos.

Na posición número 9, atopámonos co…

Biscoito de chocolate e viño tinto

E con este biscoito inauguramos a listaxe coa primeira lambonada. Todos gozamos cun bo biscoito para o almorzo e este é dos que sorprende, polo seu sabor, polos seus ingredientes e porque a verdade é que está boísimo. Quen lle pode dicir que non a algo que sabe a chocolate?

Co número 8 temos un clásico tamén no blogue…

Pementos do piquillo recheos

Pola súa versatilidade, a rapidez coa que se fan e o ben que campan sempre os pementos recheos, esta receita sempre triunfa e por iso ten este máis que merecido oitavo posto.

Co dorsal número 7 temos unha lambonada moi nosa…

Leite fritido

Xa tocaba que aparecese a primeira lambonada tradicional da Galiza, unha receita desas de sempre, nas que unha simple trabada nos pode traer moitos recordos e que segue a ser unha sobremesa moi popular, e non me estraña nadiña.

Seguimos co número 6 e aquí temos unhas…

Empanadiñas de atún

Que nós somos moito de empanadas, iso está claro, mais semella que a versión pequena tamén triunfa bastante e por iso está neste posto tan merecido. Quen non fixo nunca unhas empanadiñas de atún?

No medio da clasificación, cun 5º posto…

Berberechos á cariñesa

Esta receita foi un gran descubrimento para min, e penso que para moitos kukilectores. En canto souben dela, sabería que sería un grande éxito, e non me trabuquei. Ingredientes de sempre combinados como nunca. Eu non me resisto a uns berberechos, veñan como veñan, mais estes de Cariño souberon poñerlle un acompañamento que lle queda xenial.

E a piques de estar entre os tres primeiros, mais cun moi bo posto número 4, atopamos…

O Talo

Esta receita típica do País Vasco francés namoroume dende o primeiro día, non só polo sabor, senón pola súa historia e tradición. Cociñar non é só comer, senón aprender, e moito, sobre a orixe dos pratos. Os talos son algo espectacular, e paga a pena facer unha viaxe ao País Vasco só para probalos.

Entramos xa no top 3 e facémolos cunha receita salgada moi de moda…

Parmentier de queixo San Simón con navallas

A min o parmentier tenme o corazón roubado, gústame con case todo, mais especialmente co polbo ou co marisco. Aquí fixemos unha versión rápida e démoslle un toque de San Simón, que iso sempre lle queda brutal. Se aínda non vos atrevestes co parmentier, non agardedes máis!

E como non podía ser doutro xeito e tendo en conta que neste blogue o que somos é larpeiros, co dorsal número 2 temos…

Galletas de chocolate engurradas

Chamándose o blogue como se chama, tiña que haber unha receita de galletas nestes primeiros postos. Estas galletas engurradas son moi orixinais e de seguro que espertaron a vosa curiosidade e por iso gañaron a medalla de prata. Mais tamén dicirvos que non todo é a pinta, o seu sabor a chocolate é intenso e difícil de esquecer.

No posto número 1, cunha merecidísima medalla de ouro, non temos unha lambonada calquera, senón unha das mellores de toda Galiza.

A Bica de Trives

As bicas son todas incriblemente saborosas. Non hai ningunha que non me guste. E estaba claro que habendo unha bica de por medio, o primeiro posto estaba asegurado. Unha textura tan única, un sabor manteigoso e unha tradición tan de sempre non teñen competencia.

E aquí rematou este top 10 de receitas do 2018, e, como vedes, temos un pouco de todo, e iso gústame. Agardo que vos gustara tanto ler e facer estas receitas como a min escribilas e aínda que ás veces non podo facer tantas como eu quixera, agradezo moito tervos sempre aí fieis ao blogue e comentando, rechiando, compartindo, lendo… E, sobre todo, probando e papando todas e cada unha destas receitas.

___________________________________________________________

The top 10 recipes of 2018

As this year is coming to an end, it’s time to look back and see which recipes were your favourite ones this year, so that is why here you have the top 10 recipes of 2018! Let’s go!

Starting on the 10th position, saving the best for last, we can find these…

Stuffed Zucchini flowers

A recipe you love because it is different and we use homegrown products, which is a passion you and I share.

In the 9th position, we have the…

Red wine and chocolate cake

And with this sponge cake, we start the sweet list! We all enjoy a homemade cake to have for breakfast and this is one of those we especially love, not only because its ingredients are not the usual ones, but because its intense chocolate flavour is something we easily fall for.

A classic recipe here in the blog is what we find in number 8…

Stuffed Piquillo peppers

Piquillo peppers are so versatile we have like 2 or 3 versions of this dish! It’s a recipe no one can resist and every time you prepare it’s a huge success!

Number 7 for a very Galician sweet treat!

Fried milk

It was about time the first traditional Galician recipe made its entrance in this top 10. Only a single bite to this dessert, and a lot of memories come back to my memory. One of the most popular sweet treats, and I can of course understand why.

We continue with number 6 and these…

Tuna pies

We Galicians love pies, I have no doubts about that, and it seems the smaller version is pretty successful as well. Tuna filling is one of the most typical ones, but we can use so many different ingredients for them…

We’re now in the middle of our top 10, in number 5 we can taste these…

Cockles Cariño style

This recipe was, I think, the best foodie discovery of the year! I had never heard of it until this summer and I’m so glad to have found out about it. I knew it was going to be one of the most read recipes, I wasn’t wrong. Cockles are always a favourite one, but people from Cariño had given them a twist that only makes them better!

Almost getting to top 3, we fin out first The Way recipe in position number 4!

O Talo

This recipe, typical from the French Basque Country, surprised me from the minute I heard about it, and not only because of its ingredients or flavour, but because of the history and tradition behind it. Cooking is not only about eating, but also about learning. These talos are spectacular and they’re worth a visit!

And here we are, at the top 3, and we start it with a savoury recipe…

San Simon cheese parmentier with razon shells

I love parmentier! I’m super crazy about it! In fact, if I eat out, and there’s any dish with parmentier on it, I’m gonna order it for sure! This quick version with San Simon cheese and razon shells is amazing! You should definitely give it a try, if you haven’t yet.

And loving sweet as we do, number 2 was entitled to be this super chocolatey recipe…

Crinkle cookies

Being this blog Kukinhas (name coming from cookies), there has to be a cookies recipe on this top 10 list. These crinkle cookies are very cute and I’m sure that’s partly why they got the silver medal. But, anyway, the important thing here is their smooth and crunchy chocolatey flavour.

And, finally, with a more than deserved number 1 position, one of the best and most delicious Galician cakes!

Bica from Trives

Bicas are all delicious, and as I always say, I could never ever pick one as my favourite! And if there’s a bica recipe along the year, this will always be number one, no doubt! A unique texture and a buttery flavour make this Bica one of the best cakes ever!

And this top 10 list has come to an end and, as you can see, we have a little bit of everything, which is something I’m proud of! I hope you liked reading and preparing these recipes, as I did cooking and writing them. Sometimes I wished I had more time to make more, but I’m very happy that you keep on coming back to this blog, commenting, sharing recipes… and, above all this, trying and eating dishes!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.