Nevadiños

Nevadiños

E mesmo semella que foi onte cando estabamos facendo lambonadas de Nadal no blogue, e xa estamos de volta con novas receitas para seguir enchendo os nosos bandullos de felicidade lambereteira. Desta vez, imos cunha receita que pode que non sexa das máis populares na Galiza, mais polos ingredientes que leva, ben pode comezar a selo 🙂 Quen non ten graxa de porco na casa, ou un bo viño branco? Pois pouco máis nos fai falta, xa veredes! O resultado, unhas ‘galletas’ crocantes, manteigosas, e cun punto doce e salgado, que a min, particularmente, encántame! O paso a paso é taaan sinxelo que estou segura de que unha vez que o vexades, non vos poderedes resistir a preparalos. E aínda menos a comelos! Imos aló!

Ingredientes para uns 24 nevadiños:

– 100 gramos de graxa de porco
– 250 gramos de fariña
– 65 ml de viño branco
– 1 belisco de sal
– 25 gramos de azucre
– azucre en po

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes (agás o azucre en po), primeiro cunha culler e despois coas mans…

2. …ata que teñamos unha bola de masa onde tódolos ingredientes estean ben integrados. Metémola na neveira durante unha hora ou hora e media.

3. A continuación, estiramos a masa ata que teña aproximadamente un centímetro de grosor.

4. E cunha tapa ou un cortagalletas redondo, imos formando os nevadiños. Teremos que ir re-amasando e formando os nevadiños de novo ata que rematemos a masa.

5. Poñemos os nevadiños sobre unha bandexa de forno. Podemos poñelos todos xuntos porque só medran cara arriba, mais non cara os lados e non se pegan.

6. Enfornamos a 180º durante uns 25 minutos ou ata que vexades que fican algo dourados pola beira.

7. Agora só temos que agardar a que arrefríen un chisco e facer que neve sobre eles co azucre en po ata que teñan unha xeitosa capiña. E listo!

Non me digades que non son unha fermosura, va que si? Pois ademais de fermosos, están moi bos e de verdade que vos ha custar comer só un, eu aviso! Hai quen lle chama morenos e os remolla en chocolate, tampouco é mala idea, así que aquí volo deixo por se sodes moi chiculateiros 😉 Se vos gustan os croissants ou as ensaimadas e ese toque de sabor a graxa, estes nevadiños hanvos encantar! Ademais, estes nevadiños aguantan uns días en perfecto estado e sabor, polo que poderedes facelos uns días antes dos días fortes das festas e ter unha lambonada caseira preparado en calquera momento para sorprender a tódolos convidados! Bo proveito!!!

______________________________________________________________

Nevadiños

I don’t know if you feel the same, but sometimes I feel like time absolutely flies! It looks like it’s been yesterday when I have been preparing Christmas treats for the family, and here we are again, hands on one more time! This ‘nevadiños’ recipe is one of a kind, the ingredients are just a few, and the result is completely spectacular! The result is a kind of cookies, crunchy and buttery, but also sweet and salty! A combination you are going to love and which will satisfy every stomach! No more talking and let’s get our hands dirty!

Ingredients for around 24 nevadiños:

– 100 gr pork lard
– 250 gr plain flour
– 65 ml white wine
– 1 pinch of salt
– 25 gr sugar
– powdered sugar

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients (except powdered sugar) starting with a spoon and then with your hands…

1. Mesturamos tódolos ingredientes (agás o azucre en po), primeiro cunha culler e despois coas mans…

2. until you get a firm dough with all ingredients well integrated. Refrigerate it for 1 hour or 1 hour and a half.

3. Then, roll the dough with a rolling pin until it is 1 cm wide.

4. With any round object you can think of or a cookie cutter, cut the nevadiños. Knead the dough, roll and cut until the dough is finished.

5. Place nevadiños on the baking tray with a baking paper sheet. You don’t need to separate them too much.

6. Bake at 180º for around 25 minutes or until you see they get a light golden colour on the edges.

7. Now we just have to let it snow with some powdered sugar on top of each nevadiño until they look super snowy! And that’s it!

They are super beautiful, aren’t they? I can tell you they are hyper delicious as well! It’s really difficult to eat just one, they are small and… you end up eating a bunch of them without even realizing it! And if you want to make them ‘morenos’ you just have to deep them in chocolate…mmm, delicious! If you like croissants or ensaimadas and than lard flavour they have, you’re gonna love these nevadiños for sure! Enjoy!!! 😀

2 Comments

  1. Pódese sustituir a graxa de porco? Nas Canarias vaime ser complicado encontrala… Grazas!

    • Ola Ana! Sinto non ter contestado antes, acabo de ver o comentario! Siii, pódese substituír por aceite de oliva sen problema! Xa me contarás se probas! E de novo, sinto chegar tarde! Unha aperta e grazas!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.