Marmelada caseira de figos / Homemade fig jam

Marmelada caseira de figos

Se tedes a sorte de ter unha figueira na horta, ou coñecer a alguén que a teña, xa saberedes que este ano poderiamos dicir que é ano figueiro, ou polo menos as dúas figueiras que teñen meus pais na horta están a tope de figos. E aínda que devezamos por eles e vaiamos a un bo ritmo para que non se poñan malos, é certamente complicado con tanta cantidade. É por iso que unha das mellores solucións para dar boa conta de tal manxar, é preparar unha saborosa marmelada. O único que cómpre é tempo, o demais, case se fai só. Imos aló!

Ingredientes para uns 4 botes pequenos:

– 2 quilos de figos sen rabecho
– 300 gramos de azucre branco
– 300 gramos de azucre moreno
– 1 cullerada de esencia de vainilla
– 4 botes pequenos

Preparación paso a paso:

1. O día anterior, sacámoslle o rabecho aos figos, pesámolos e engadimos 300 gramos de azucre por cada quilo de figos. Como eran 2 quilos, botamos 300 de moreno e 300 de branco, mais podedes usar todo branco ou todo moreno. Remexemos todo ben e deixamos que os ingredientes se integren ben durante toda a noite na neveira.

2. Ao día seguinte, só temos que poñer a mestura a cocer a lume baixo durante aproximadamente unha hora e media. Todo depende da cantidade de figos e da cociña de cada un. Non vos esquezades de remexer a marmelada de vez en cando, procurando que non se vos pegue. Mentres coce a marmelada, engadimos a cullerada de esencia de vainilla.

3. Para esterilizar os botes, temos que poñelos a ferver cun trapo sobre a base da pota para que non se golpeen durante uns 30 minutos.

4. Despois poñémolos a secar boca abaixo. Enchemos cada bote coa marmelada, tapamos e volvemos ferver durante outros 30 minutos. (A auga debe cubrir os botes por completo). Así, poderemos conservar a nosa marmelada durante máis tempo 🙂 Listo!

A marmelada de figos é unha marmelada cunha textura moi suave e un intenso sabor moi doce a figos. Ademais de para facer unhas boas torradas para almorzar, podedes empregar esta marmelada para moitas outras cousas, como recheo para biscoitos, para botar nun iogur natural e darlle un toque doce e de froita, ou para untar sobre galletas ou calquera outra lambonada. E sobre todo, é a mellor maneira de aproveitar uns figos tan estupendos e sabedeiros. Bo proveito!!!

________________________________________________

Homemade fig jam

If you’re lucky enough to have a fig tree at home, or you know anyone who has, you have already probaly heard that they are oh-so-full-of-figs this year! At least, my parents homegrown fig trees are absolutely full of them! And even us being the kind that love figs, we do not have time to eat them as fast as we would need to, not to let those little ones get rotten. And that’s why we’ve decided to prepare some homemade jam and have these super flavourful figs ready all-the-year-round. As all jams, it is very easy to make, the only thing needed is time and patience. Let’s go!

Ingredients for 4 jars:

– 2 kg figs without the stem
– 300 gr white sugar
– 300 gr brown sugar
– 1 tbsp vanilla essence
– 4 jam jars

Step by step preparation:

1. The day before preparing the jam, we weigh the figs and we add 300 grams of sugar per kilo of figs. As I was preparing mine with 2 kilos, I added 300 grams of white sugar and 300 of brown. You can use either brown or white. Mix all well and let it settle overnight in the fridge.

2. On the next day, we just have to cook the jam for around an hour and a half. It all depends on the kilos of figs and the cooker. Don’t forget to stir from time to time, so it won’t stick to the pot. While it’s cooking, add some vanilla essence.

3. To sterilize the jars, boil them with a cloth underneath so they do not hit each other for 30 minutes.

4. Then, let them dry by placing them over a dry cloth. Add the jam, close the lid and boil for 30 minutes more. Thus, we will have our jam ready for longer time 🙂 And that’s it!

This fig jam is smooth, sweet and with an intense fig flavour, indeed! Besides, you can use this jam on many different dishes, on top of some bread and butter, to mix it with a natural yogurt to make it sweeter and fruitier, to fill any cake, or over any homemade butter cookies. Delicious! And I can say there’s no better way to keep some delicious figs such as these. ENJOY!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.