Bourekas de berenxena / Eggplant bourekas

Bourekas de berenxena

Unha das vantaxes de ter un blogue de cociña é que dás con receitas de orixes moi variadas e que fan que aprendas non só de gastronomía, senón tamén de historia, cultura, costumes e moitas cousas máis. Aínda non recordo moi ben como esta receita chegou a min, só sei que me sorprendeu ter dado cunha receita de orixe sefardí. Disque estas bourekas eran unha das receitas que os sefardís facían de maneira habitual cando residían na península ata que foron expulsados en 1492. Eu fixen unha versión máis rápida e sinxela, empregando masa para empanadiñas, mais tendo tempo e ganas, eu anímovos a facer a masa caseira ou empregar masa follada, que se asemella máis á caseira. O recheo non pode ser máis sinxelo, mais isto non quere dicir que non estea realmente bo e a combinación dos ingredientes non pode dar un mellor resultado. Imos aló!

Ingredientes:

– 16 obleas de empanadiñas pequenas
– 2 berenxenas
– 50 gramos de queixo de cabra curado (este era Betara)
– 1 ovo
– sésamo negro (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Comezamos picando as berenxenas para que non estoupen no forno.

2. E poñémolas a gratinar a 270º no forno ata que fiquen brandiñas por dentro (uns 30 minutos, dependendo do forno).

3. Despois só temos que sacarlle a pel e deixar a polpa. Veredes que se saca de marabilla.

4. Cun coitelo e un garfo, imos esfiañando a berenxena. Salgamos.

5. Picamos o queixo (podemos facelo coa picadora) e engadímolo á berenxena (como esta aínda está quente, o queixo irase derretendo….mmmm…que pracer!)

6. Poñemos unha oblea e engadimos 2 culleradiñas de recheo.

7. Tapamos con outra oblea e pechamos marcando todo o contorno cun garfo.

8. Pintamos co ovo batido e decoramos co sésamo.

9. Enfornamos as bourekas a 200º durante uns 10 minutos ou ata que fiquen douradas. E listo!

O seu sabor é sorprendente tendo en conta o sinxelas que son de facer. Os recheos son moitos e variados, mais tendo berenxenas na horta, non había moitas voltas que darlle 😀 O que si vos recomendo é que o queixo empregado sexa un cun sabor algo forte, tipo cabra ou ovella, para que resalte aínda máis o sabor da berenxena. Unha das cousas que máis me chamaron a atención foi que a forma das bourekas adoita variar segundo o recheo, sendo redondas as que teñen un recheo de berenxena. Non podo máis que recomendarvos este prato tan sinxelo e saboroso porque estou segura de que pasará a ser un dos vosos favoritos. Bo proveito!

____________________________________________________

Eggplant bourekas

One of the main advantages of blogging is getting to know recipes from all the corners of the world, which allow you to learn not only about gastronomy, but also about history, culture, folklore, and much more. Although I do not even remember how this recipe came to me, I love the fact that this is a Sephardi recipe. It is said that these bourekas are one of the most common recipes prepared by Sephardi people when they lived in Portugal and Spain until they were expelled in 1492. I did a quicker and simpler version using already-made pie dough, but if you have the time and chance of preparing it homemade, please do, it does make a difference. The filling cannot be easier, but this does not mean it is not super delicious. Let’s go!

Ingredients:

– 16 round small pie pastries
– 2 eggplants
– 50 gr cured goat cheese (mine was Betara)
– 1 egg
– black sesame (optional)

Step by step preparation:

1. Start by pinching the eggplants so they don’t explode in the oven.

2. Then, grate them in the oven at 270º until they are fully cooked and soft.(Around 30 minutes, depending on the oven).

3. Take out the pulp of the eggplant, you’ll see it’s super easy!

4. With a knife and a fork, shred the eggplant pulp. Salt.

5. Chop cheese (you can do it in a food processor) and add it to the eggplant (as it is still hot, the cheese will melt…mmm…so delicious!)

6. Place one pastry and pour 2 tsp of filling on top.

7. Cover with another piece of pie dough and close it by pushing edges with a fork.

8. Brush with beaten egg and top with black sesame.

9. Bake bourekas at 200º for around 10 minutes or until they are brown on top. And that’s it!

The flavour of these bourekas is highly surprising taking into account you will only need a few minutes to prepare them. The fillings may vary, but having homegrown eggplants, the choice was pretty easy. What I do really recommend is using a cheese with a strong flavour because it marches with the softness of the cheese. Another thing that called my attention about bourekas was that the shape varies depending on the filling, and so eggplant ones tend to be round. I can only recommend you to try these bourekas as soon as possible. Enjoy!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.