Espeto de sándwich / Sandwich skewers

Espeto de sándwich

Ás veces as receitas máis sinxelas son as máis sabedeiras. E isto poderíase aplicarse, e de que maneira, a estes espetos de sándwich. A versatilidade destes espetos de sándwich é infinita, e pode adaptarse a calquera gusto, pois o recheo pode variar segundo os ingredientes que máis vos gusten. O paso a paso non pode ser máis sinxelo e a presentación é caralluda, non si? Non me podedes negar que é unha moi boa maneira de presentar uns simples sándwiches e quedar de medo con pouco esforzo, que tamén cómpre de vez en cando. Eu déixovos aquí a miña versión, que estaba de relamber os dedos, mais de seguro que cun pouco máis de imaxinación, faredes auténticas marabillas. Imo aló!

Ingredientes para 4 espetos de 8 pisos:

– 8 rebandas de pan de molde
– xamón cocido
– queixo
– tomates
– leituga
– 1 lata de atún
– 1 ovo cocido
– cebola
– maionesa

Preparación paso a paso:

1. Comezamos torrando lixeiramente o pan, para que quede algo crocante. Podedes facelo no forno ou na torradora.

2. E a continuación só temos que ir facendo pisos cos ingredientes escollidos: xamón e queixo.

3. Leituga e tomate.

4. Atún mesturado con maionesa (este é o meu favorito!)

5. Leituga e cebola.

6. Ovo con maionesa. Eu fixen outro piso de xamón e queixo e outro de leituga.

7. Con 4 paus para espetos, cravamos o sándwich como se ve na imaxe.

8. E cun coitelo de serra, cortamos en catro cadrados para que nos queden uns espetos perfectos! E listo!

Como vedes, a receita non ten moita máis ciencia que a de ir poñendo distintos recheos entre rebandas de pan. A capa de maionesa con ovo picado ou a de maionesa con atún son imprescindíbeis para min, mais como xa vos digo, a cuestión é probar e probar. Para comer estes espetos, o mellor é ir por partes, e así tamén poderedes deixar o que máis vos guste para o final, ou facer diferentes combinacións. A min gústanme moito para cando non sabemos moi ben que facer, ou para cando temos convidados, pois non supoñen moito esforzo, campan moi ben e gustan a todo o mundo!

______________________________________________________

Sandwich skewers

The easiest recipes are usually the ones that I enjoy most! Sometimes, we kind of complicate ourselves with recipes which need lots of ingredients, but the ones that actually work on a daily basis are the ones that we can prepare with a few ingredients and a great result. This recipe is super versatile, and you can adapt it to many tastes, allergies, food preferences or diets. The step by step is very simple and you cannot deny these skewers look so good! So, a simple sandwich can turn into a new different dish by just changing the fillings and making it bigger! This is my own version, and I must confess it is delicious, but you can of course try with your own favourite ingredients! Let’s go!

Ingredients for 4 skewers of 8 layers:

– 8 bread slices
– boiled ham slices
– cheese slices
– tomatoes
– lettuce
– 1 tin of tuna
– 1 boiled egg
– onion
– mayonnaise

Step by step preparation:

1. Toast each bread slice lightly, so they are a little bit crunchy, either in the oven or in the toaster.

2. Then, we just have to add different fillings between every layer.

3. Lettuce and tomato.

4. Tuna and mayo. (My personal favourite!)

5. Lettuce and onion.

6. Egg and mayo. And the other two layers are ham and cheese, and another lettuce one.

7. Pinch the sandwiches with 4 skewers, as you can see in the picture.

8. With a serrated knife, cut the sandwiches in 4 so you get 4 perfect squares! And that’s it!

And…I was right, wasn’t I? Super easy! If you have kids around, they can give you a hand, which is something you all will enjoy! My special favourites are cheese and ham, and tuna with mayo. I didn’t have avocados at home, but I am sure that they have to be yummy in there. To eat them, things get a little bit more complicated, my own recommendation is going step by step, thus making your own combinations 😀 I love this recipe for almost every occasion, kids are going to love them, it is super quick and simple, they look amazing, and… they taste like heaven!!! Enjoy! 🙂

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.