Galletas de manteiga de cacahuete / Peanut butter cookies

Galletas de manteiga de cacahuete

A min pásame que ás veces quero preparar galletas, pero non o fago porque me dá moita nugalla todo o longo proceso e a cantidade de ingredientes que fai falta para preparar unhas galletas ben sabedeiras. Estas galletas de manteiga de cacahuete só precisan 3 ingredientes, e fanse nuns 20 minutos, contando o tempo de enfornado. O resultado son unhas galletas cun intenso sabor a cacahuete, brandiñas, suaves e lixeiramente crocantes. Eu deille un toque algo diferente que estou segura de que vos vai gustar e que lle aporta un contraste de sabor moi interesante. Para facer as galletas, cómpre ou ben mercar unha manteiga de cacahuete que sexa 100% cacahuete, sen nada máis, ou ben facela caseira. Sen máis historias, imos ao lío!

Ingredientes para 15 galletas:

– 250 gramos de manteiga de cacahuete
– 125 gramos de azucre moreno
– 1 ovo
– chocolate negro
– escamas de sal

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos o azucre e a manteiga de cacahuete. Veremos que a mestura queda moi líquida, pero non vos preocupedes, co ovo todo se soluciona.

2. Engadimos o ovo e remexemos ben.

3. E de súpeto, a nosa mestura ficará moito menos líquida e incriblemente manexable para poder formar as nosas galletas.

4. Facemos bolas. Eu fíxenas duns 30 gramos cada unha. Eu pésoas para que no forno se fagan todas por igual, mais se non queredes pasar eses traballos, se ides collendo a masa e comparando unhas coas outras, de seguro que non haberá moita diferencia entre elas.

5. E despois, cun garfo, aplanamos as galletas facendo unhas marcas, como se pode ver nas fotos.

6. Enfornamos co forno xa quente a 180º durante uns 12 minutos. Cando as saquemos do forno estarán aínda brandiñas, polo que as deixaremos repousar 10 minutos máis na bandexa.

7. E ata que arrefríen de todo na grella do forno. Non ficarán moi duras, porque a súa textura é brandiña. Se queredes que fiquen máis crocantes e que vos duren en perfecto estado durante máis tempo, gardádeas na neveira.

8. Derretemos o chocolate e mollamos as galletas nel. Como as galletas son brandas, cómpre ir con tino para que non rompan á hora de mollalas.

9. Esparexemos unhas escamas de sal por riba do chocolate e listo!

Para gardalas, como vos dixen antes, o mellor é na neveira, sobre todo se vai moita calor. Desta maneira, estarán sempre no seu punto tanto as galletas, como o chocolate. Se non queredes pasar o traballo de botarlle o chocolate, engadídelle un chisco de sal á masa, porque o toque salgado quédalle de marabilla. Probádeas e xa veredes que boas están!!!

___________________________________________

Peanut butter cookies

It usually happens to me that I feel like eating some homemade cookies, but I do not want to spend so much time in the kitchen, especially on these sunny and hot days, and having as well to buy so many ingredients to prepare some super delicious cookies. However, to prepare these peanut butter cookies you only need 3 ingredients and 20 minutes, including baking time. The result is some cookies with a super intense peanut flavour, chewy and a bit crunchy. I added 2 more ingredients to give it a special flavour which I think you’re gonna love! To do them, it’s important to get a 100% peanuts butter, with no extra ingredient, or it can be homemade, of course. Let’s go!

Ingredients for 15 cookies:

– 250 gr peanut butter
– 125 gr brown sugar
– 1 egg
– dark chocolate
– Maldon salt

Step by step preparation:

1. Mix butter and sugar. The texture will be quite liquid, but don’t panic, it will change as soon as we add in the egg.

2. Add in egg and mix.

3. And suddenly, the mixture will be much harder and very easy to handle.

4. Shape the dough into little balls of around 30 grams each. I usually weigh them so they all bake at the same time.

5. Then, with a fork, flatten each ball making these funny marks, as you can see in the pictures.

6. Bake the cookies at 180ºC for around 12 minutes. When they come out of the oven, they’re still quite soft, so allow them to cool for 10 minutes in the oven tray.

7. And allow them to cool completely over the wire rack. They won’t be super hard, because its texture is chewy.

8. Melt chocolate and dip the cookies in. As the cookies are not super crunchy, you must be careful when dipping them in.

9. Sprinkle some Maldon salt on top and that’s it!

To preserve them, the best way is to refrigerate them, especially if the days are hot. This way, the texture will be a little bit crunchier and the chocolate harder. And if you do not want to dip them in chocolate, add salt in the cookies dough, because salt matches super well with peanuts. Try them and you won’t be disappointed!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.