Berberechos á cariñesa / Cockles Cariño style

Berberechos á cariñesa

Os berberechos son, para min, un dos mariscos máis saborosos que hai, e non precisan de moita historia para saber de marabilla. Mais esta xente de Cariño deu cunha receita moi xeitosa e cuns ingredientes que se por separado xa están bos, así todos xuntos son un pracer para os sentidos. A receita non pode ser máis sinxela e o resultado paga moito a pena, xa veredes! E se tedes a oportunidade de ir por Cariño e probalos alí, xa moito mellor. Polo momento eu póñovos aquí a receita para que vaiades matando o antollo 🙂

Ingredientes para 4 persoas:

– 5 ou 6 patacas do país
– 2 pementos morróns vermellos
– 3 cebolas
– 3 quilos de berberechos

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cocendo os berberechos e reservámolos.

2. Por outra banda, fritimos a lume lento as cebolas e os pementos cortados en tiras máis ben finas.

3. Noutra tixola, fritimos as patacas cortadas en tiras.

4. Cando os pementos e a cebola estean xa ben fritidos, engadimos os berberechos e mesturamos todo ben para que se mesturen os sabores.

5. Nun prato ou bandexa, facemos unha cama de patacas e botamos a mestura de berberechos por riba. E listo!

Tamén hai quen frite as patacas xunto cos pementos e as cebolas, mais a min gústame que as patacas queden algo máis crocantes e as verduras máis tenras. Iso si, sexa cal sexa a maneira de facela, ha estar moi boa igual, diso non teño dúbida. Xa vedes que a receita é tan sinxela como saborosa, e se, coma min, non coñeciades esta receita, non teredes máis remedio que preparala para saber o que estabades perdendo!

_____________________________________________________

Cockles Cariño style

Cockles are one of my favourite seafood ever! They need very little preparation and always taste well. But people in Cariño have come up with a recipe which turns very simple ingredients into a super delicious dish! The recipe is very simple and quick, and that’s really dangerous because you’ll be preparing it once and again! And, of course, if you have a chance of going to Cariño and try them in there, please don’t lose that big of an opportunity! In the meantime, you can prepare it at home and satisfy your craving 🙂

Ingredients for 4:

– 5 or 6 potatoes
– 2 red bell peppers
– 3 onions
– 3 kilos of cockles

Step by step preparation:

1. Cook cockles and keep for later.

2. On the other hand, saute peppers and onions strips over a low heat.

3. In a pan, fry potato strips.

4. When peppers and onions are fully cooked, add cockles and mix all well so all the flavours are integrated.

5. In a dish or platter, place fries and over them, the peppers, onions and cockles mixture. And that’s it!

There are some people who fry potatoes together with onions and bell peppers, but I like to do it separately because I like potatoes a bit crunchier and the veggies super tender. Whatever may be the way you prepare it, it’ll be super delicious!!! The recipe is easy peasy lemon squeezy, and the flavour is out of this world! I never thought these ingredients all together could match so well! Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.