Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake

Biscoito de chocolate e viño tinto

Si, xa me imaxino que estaredes pensado, un biscoito con viño tinto? Pois si! A idea xurdiu un día destes que estás aburrida e non sabes moi ben que facer. A min eses días sempre me dan ganas de cociñar porque é algo que adoita levantarme o ánimo, e sempre ten unha saborosa e doce recompensa. Despois de botar unha ollada a ver o que tiña pola cociña, vin a botella de viño e pensei en facer algunha lambetada con el. Acordeime do boas que estaban as peras ao viño, así que outra lambonada con viño non podía fallar. Lendo varios artigos pola rede, vin que o viño tinto se pode empregar en doces para potenciar o sabor a chocolate. Rebusquei pola cociña e non tiña cacao puro, mais si que tiña paladín (que é que adoito usar para a torta da avoa), así que agora só quedaba mesturar ingredientes e agardar a que todo saíra ben. E se a receita está aquí é que o resultado foi moi bo, como poderedes intuír, así que non lle teñades medo a esta mestura que nos pode soar tan estraña porque o biscoito ten un sabor espectacular!

Ingredientes:

– 200 gramos de fariña de repostaría
– 100 gramos de paladín ou colacao (ou ben 50 de cacao puro sen azucre)
– 1 culleradiña de fermento químico
– 1 belisco xeitoso de sal
– 65 gramos de manteiga a temperatura ambiente
– 100 ml de aceite de oliva suave
– 125 gramos de azucre branco
– 125 gramos de azucre moreno
– 2 ovos
– 300 ml de viño tinto (eu empreguei Cividade, e quédalle moi ben)

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos os ingredientes secos agás o azucre.

2. E por outra banda, os ingredientes húmidos cos azucres, agás o viño tinto.

3. A continuación, imos mesturando ambas mesturas pouco a pouco e mailo viño. Comezamos coa de fariña, e imos alternando co viño, rematando tamén coa mestura de fariña.

4. Co lume pre-quente a 180 graos enfornamos o biscoito durante uns 45 minutos ou ata que o escarvadentes cravado no centro saia seco. E listo!

Podemos esparexer azucre en po para que quede máis bonito, e moito ollo con probalo quente, que aínda estará o alcol do viño evaporándose e saberá moi forte, polo que é mellor agardar a que arrefríe para que o sabor a chocolate sexa máis intenso e non se note taaanto o sabor a viño tinto. Como vedes, é un biscoito moi sinxelo de facer, e o viño fai que quede moi esponxoso e húmido por dentro, cunha fina capa crocante por fóra. Eu empreguei paladín porque non tiña cacao pola casa, mais se tedes cacao puro sen azucre, facédeo porque o sabor a chocolate será moito máis intenso. Eu hei probar con cacao para contarvos o resultado! O que si, apuntade esta combinación de viño e chocolate porque de seguro que a empregaredes para máis receitas! Ademais, o biscoito aguanta varios días co mesmo sabor e a mesma textura esponxosa, polo que se queredes ter a man unha receita de biscoito que poidades preparar con antelacion, para unha viaxe, ou para algún agasallo, este é o biscoito perfecto! Serán as lambonciñas e lambonciños quen de adivinar que leva este biscoito? Bo proveito!!!

________________________________________________________

Red wine and chocolate cake

Yes, I know it may sound a little bit weird, a cake with red wine? Yeah! The idea came out one of those afternoons you’re at home, the weather is not very nice (not to say nasty), and you don’t know what to do. In those days, I always feel like cooking, because it is something which always cheers me up and it even has a sweet and delicious reward. After having a look around the kitchen, I saw a bottle of wine which caught my eye and I thought I had to do something with it. The red wine poached pears came to my mind and I thought that a recipe with red wine could never go wrong. After reading some articles about red wine and sweet treats, I saw that it matches perfectly with chocolate flavours, giving chocolate a super intense flavour! I didn’t have any unsweetened cocoa at home, so I used the one I have to prepare the birthday cake, but if you have cocoa, don’t hesitate to use it! The result is incredible and though it may sound strange, the flavour and the texture of this cake are amazing!!!

Ingredients:

– 200 gr cake flour
– 100 gr sweetened or50 gr unsweetened cocoa
– 1 tbsp baking powder
– 1 pinch of salt
– 65 gr butter (room temperature)
– 100 ml soft olive oil
– 125 gr white sugar
– 125 gr brown sugar
– 2 eggs
– 300 ml red wine (mine is Cividade, and it tastes so well)

Step by step preparation:

1. Mix all dry ingredients except sugar.

2. And in another bowl, all wet ingredients with sugar, except wine.

3. Then, mix both mixtures and wine, starting and finishing with the flour one.

4. Preheat the oven at 180ºC and bake the cake for around 45 minutes or until the toothpick inserted in the middle comes out clean. And that’s it!

I like it with some powdered sugar on top because it looks more beautiful. Be careful when tasting it if it is hoet because the alcohol from the red wine will still be evaporating and the wine flavour will be too intense, so be patient and wait until it’s completely cold to try it. As you can see, the preparation is very simple and the wine makes this cake super spongy and smooth. Besides, it is a cake that lasts very moist for long, so it is a very good option when we want to take the cake to some place or send it to someone as a present. Will your guests and family be able to find out the ‘secret’ ingredient of this cake? Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.