Sexta Etapa / Sixth Stage: Lizarra / Estella

Sexta Etapa: Lizarra / Estella

Unha das cousas que máis me gustan deste Camiño de Santiago que imos facendo prato a prato é a variedade de produtos e pratos típicos que podemos atopar ao longo desta travesía tan fermosa. Despois dos pementos do piquillo recheos, preparamos un prato que tamén é moi saboroso, mais desta vez, con peixe: O BACALLAU AJOARRIERO. Este prato ten como ingredientes básicos o bacallau, o pemento, a cebola e o prebe de tomate. É unha receita sinxela, rápida e que, ademais, é moi saudábel, para que despois non digamos que non se poden facer pratos saudábeis e rápidos. Hai quen tamén lle bota patacas e pemento verde. Eu como non son moi seareira do pemento verde, non llo botei, mais se a vós vos gusta, adiante! O mellor de cociñar é facer as receitas como máis nos gustan e adaptalas ás nosas preferencias. Facer de cada receita, algo noso. E sen máis, imos aló!

Ingredientes para dúas persoas:

– 2 cebolas
– 1 pemento morrón vermello
– uns 400 gramos de tomate triturado
– 200 gramos de bacallau desalgado
– 1 chorro de viño branco
– 1 dente de allo
– aceite e sal

Preparación paso a paso:

1. Picamos o dente de allo e poñémolo a fritir a lume baixo.

2. Engadimos a cebola e o pemento cortados en tiras.

3. Sacámoslle as espiñas ao bacallau e esmigallámolo.

4. En canto a cebola e o pemento estean fritidos, engadimos o tomate triturado e o chorro de viño branco. Cociñamos durante uns 5 minutos.

5. Engadimos o bacallau esmigallado e cociñamos durante uns 20 minutos ou ata que o bacallau estea cociñado. E listo!

Servímolo quentiño e acompañado dunha ensalada ou de pan torrado. É un prato moi lixeiro e o seu sabor é intenso e a súa textura moi suave. Se vos gusta o bacallau, este prato é un dos mellores que probei nunca. E se o peixe non é o voso, tamén vos recomendaría este prato, pois o sabor en conxunto queda tan ben que apenas se nota que é un prato feito con bacallau. Iso si, o tomate, ou ben natural e triturado, ou ben tomate triturado mercado, mais non prebe de tomate. Canto máis natural, máis saboroso quedará. O do viño branco é opcional, mais a min gústame moitísimo como lle queda, e penso que lle dá un toque de sabor indispensable. Vémonos na próxima etapa do Camiño, lambonciñas e lambonciños! Sétima Etapa: Los Arcos.

__________________________________________________

Sexta Etapa: Lizarra / Estella

One of the many things I like about this project about The Way of Saint James is that I can taste many different dishes made with a wide variety of ingredients. After tasting the so flavourful stuffed peppers with mushrooms, we move on to out next stage: Lizarra, and in here we’re going to taste the AJOARRIERO COD, which is a dish in which cod is cooked with peppers, onion and tomato. It is a very simple recipe, quick and veeery healthy! If you like it, you can add some potatoes or green pepper, but as green peppers are not my favourite I haven’t added them, but if you feel like doing it, please do! The best thing about cooking is that you can adapt every recipe to your own taste, and make it yours. Get ready for this super tasty stage! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 2 onions
– 1 red bell pepper
– around 400 gr crushed or diced tomatoes
– 200 gr desalted cod
– 1 dash of white wine
– 1 garlic clove
– olive oil and salt

Preparación paso a paso:

1. Chop the garlic clove and saute at over a low heat.

2. Add chopped onion and pepper.

3. Take out the fish bones and crumble the cod.

4. As soon as onion and pepper are cooked, add crushed tomatoes and the wine. Cook for 5 minutes.

5. Add cod and cook for 20 minutes or until cod is fully cooked. And that’s it!

We serve it hot and side it with some salad or toasted bread. It’s a very healthy dish with an intense flavour and a super soft texture. Whether you like cod or not, you a re going to love this dish. The fish flavour is almost unnoticed and the combination of all its ingredients together is absolutely incredible! And although it is not a typical ingredient of it, the white wine gives it a special flavour I particularly love! See you in our next stage! Seventh Stage: Los Arcos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.