Galletas de chocolate engurradas / Chocolate Crinkle Cookies

Galletas de chocolate engurradas

Hai lambetadas que están moi boas, aínda que non teñan moi boa pinta, e despois están estas galletas de chocolate engurradas, que son ben feitiñas e ademais están boísimas! O meu coas galletas é puro vicio, parécenme unha das mellores larpeiradas do mundo! Podemos levalas no peto para cando temos un antollo de algo doce ou facer un agasallo doce. Ademais, a cativada poderá botarnos unha man, que iso sempre está ben e de seguro que o pasan de marabilla! Imos aló!

Ingredientes para unhas 40 galletas:

– 130 gramos de fariña
– 120 gramos de cacao
– 1 culleradiña de fermento químico
– 1 belisco de sal
– 150 gramos de azucre
– 60 ml de aceite de xirasol
– 2 ovos
– 1 culleradiña de esencia de vainilla
– azucre en po

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes secos agás o azucre: fariña, cacao, fermento químico e sal.

2. Por outra banda, batemos o resto dos ingredientes: azucre, aceite, ovos e vainilla.

3. Agora imos botando a mestura seca na húmida. E acabaremos amasando coas mans ata facer un boliño.

4. Envolvemos o bolo de masa e deixámolo na neveira durante, como mínimo, dúas horas.

5. Cando a masa xa estea lista, facemos boliñas duns 13-15 gramos, aplanámolas lixeiramente e cubrímolas de azucre en po.

6. Enfornámolas a 175ºC durante uns 12 minutos. Como sempre facemos coas galletas, deixámolas arrefriar na grella do forno. E listo!

Estas galletas engurradas quedan crocantes por fóra e cunha textura semellante á dos brownies por dentro. O cacao dálle un sabor intenso a chocolate que fará que estas galletas sexan as preferidas de calquera lambón! Como con esta cantidade de masa saen moitas galletas, non vos preocupedes, podedes facer a cantidade que queirades e conxelar o resto da masa para tela dispoñible en calquera ocasión na que teñades un antolliño de galletas acabadas de facer. Así, sempre estarán frescas e no seu punto. As galletas sempre é mellor gardalas nunha lata e aguantarán varios días sen variar nin un chisco o seu incrible sabor nin a súa textura crocante. Bo proveito!!!

________________________________________________________

Chocolate crinkle cookies

There are sweet treats which look really good, but when we prepare them at home, the flavour is definitely not its strong point. However, this is not the case with these crinkle cookies. They look amazing, and they taste even better! I give you my word! I love cookies, they’re the perfect sweet because you can take them anywhere and satisfy your sweet tooth at any moment. And if you have kids with you, they can give you a hand and have lots of fun!!! Let’s go!

Ingredients for around 40 cookies:

– 130 gr all-purpose flour
– 120 gr unsweetened cocoa powder
– 1 tsp baking powder
– 1 pinch of salt
– 150 gr caster sugar
– 60 ml sunflower oil
– 2 eggs
– 1 tsp vanilla essence
– powdered sugar for coating the cookies

Step by step preparation:

1. Mix all dry ingredients except for sugar: flour, cocoa, baking powder and salt.

2. On the other hand, whisk the rest of the ingredients: sugar, oil, eggs and vanilla.

3. Now, mix both mixtures until you will have to knead it with your own hands. Give it a ball shape.

4. Wrap it up with some plastic wrap and refrigerate for, at least, 2 hours.

5. When dough is ready, roll the dough into balls of around 13-15 grams and dip them in the powdered sugar.

6. Bake them at 175ºC/375ºF for around 12 minutes. As we usually do with cookies, allow them to cool over a wire rack. And that’s it!

These crinkle cookies are crunchy on the outside and brownie-like texture on the inside. The cocoa powder gives it a super chocolate-y flavour everyone will absolutely die for! And if you find you get too many cookies, you can do some and then just freeze the dough and have it ready to prepare ready-made cookies every time you want them. Keep the cookies in a cookies tin and your crinkle cookies will stay crunchy and delicious for some days. Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.