Quinta Etapa / Fifth Stage: Gares / Puente la Reina

Quinta Etapa: Gares / Puente la Reina

Despois de pasar pola capital e degustar eses marabillosos txantxigorris, chegamos a Gares, tamén coñecida como Puente la Reina. Nesta localidade, celebran cada ano entre os meses de setembro a decembro o Mercado do Pemento. Neste mercado, podemos ver non só diferentes variedades de pementos, senón tamén outros tantos produtos típicos desta zona, como son as fabas, patacas ou melóns. Iso si, se hai un pemento que asociamos a Nafarroa, ese é o pemento do piquillo, non si? Hai que dicir que o pemento que ten a denominación de orixe protexida é o de Lodosa. A forma deste pemento é triangular e acostuma a venderse enlatado e previamente cociñado, listo para degustar! Unha vez asado, a maneira máis popular de comelo é recheo. E como a min me gustan tanto os cogomelos, pois tíveno claro dende o principio! PEMENTOS DO PIQUILLO RECHEOS DE COGOMELOS. É unha receita moi saudábel, que alimenta moito e ben e que, ademais, faise moi rápida e campa que non vexas. Teno todo, vaia! E estes pementos teñen un sabor espectacular! Imos aló!

Ingredientes para 8 pementos recheos:

– 1 bote de pementos do piquillo en conserva (este traía 11)
– 1 cebola
– 1 allo
– 1 chorro viño branco
– 1 vaso e 1/2 de auga
– 1 chorro de prebe de tomate
– uns 150 gramos de cogomelos
– 2 culleradas de manteiga
– 1 cullerada de fariña
– fariña e leite para a bechamel

Preparación paso a paso:

1. Comezamos sacando os pementos do bote. Este traía 11, polo que empreguei 8 (4 por persoa) para facer recheos e os outros 3 para facer o prebe. A min gústame lavalos para sacarlle as sementes, non acostuman a traer moitas, mais é algo que me molesta bastante. Despois só temos que secalos un pouco. Ademais, así colleremos para o prebe aqueles que estean rotos.

2. Cortamos a cebola en 2 metades e picamos unha metade. Esta metade usarémola para facer o prebe, ao que lle engadimos tamén o dente de allo ben picadiño e fritimos nunhas 3 culleradas de aceite de oliva. Engadimos tamén os 3 pementos do piquillo que reservamos cortados en anacos e seguimos fritindo.

3. Cando estea todo ben fritido, engadimos unha cullerada de fariña e mesturamos ben.

4. Engadimos viño branco, auga e prebe de tomate e deixamos cociñar durante uns 20 minutos.

5. Mentres, picamos a outra media e fritímola cunha cullerada de manteiga. Non son eu moito de empregar manteiga para cociñar, mais gústame moito o sabor que lle dá aos cogomelos 🙂

6. E engadimos os cogomelos ben picados. Fritimos ata que estean ben feitos.

7. Engadimos a fariña e refogamos para que despois o recheo non teña sabor a fariña.

8. Imos engadindo leite pouco a pouco ata que teñamos unha bechamel cunha consistencia cremosa e se despegue facilmente da tixola.

9. Deixamos arrefriar un chisco e enchemos os pementos con este recheo.

10. Probamos o prebe de sal e triturámolo co batedor ata que quede ben fino.

11. Poñemos os pementos recheos sobre o prebe e quentamos todo, bañando os pementos no prebe de vez en cando. E listo!

Xa temos os pementos recheos no seu punto! Aínda que parezan moitos pasos, fanse moi axiña e ademais, os recheos poden variar segundo os ingredientes que teñades pola casa. Outra receita moi popular son os pementos recheos de bacallau ou de tortilla, así que xa sabedes, o mellor é probar ata dar co voso favorito, aínda que vendo o bos que están estes pementos, eu quedo con todos e cada un deles! Para que escoller? 😀 Se andades na procura dunha receita que sexa rápida, sinxela e saudábel, estes pementos son a solución perfecta, e ademais, non me digades que non queda un prato ben feitiño, va que si? Ter un bote de pementos do piquillo na casa sempre é unha opción moi socorrida para sacar un prato de 10 en poucos minutos! Agárdovos na seguinte etapa! Bo Camiño!!! Sexta Etapa: Lizarra / Estella.

__________________________________________________________

Fifth Stage: Gares / Puente la Reina

After tasting the so delicious Txantxigorris in Pamplona, we continue ‘walking’ and ‘biting’ until we get to our next stop: Gares / Puente la Reina. In this town, a pepper market is celebrated every year between the months of September and December. In this market, products such as potatoes, beans or melons, which are typical of this town and places nearby, are sold together with peppers, being the most famous the Piquillo peppers. The shape of these peppers is triangular and they are usually sold tinned and previously cooked, just ready to eat! The most popular way of tasting them is stuffed, and as I love mushrooms, we are going to prepare PIQUILLO PEPPERS STUFFED WITH MUSHROOMS. It is a very healthy recipe and you only need some minutes to prepare it. Are you ready to try one of the most delicious peppers ever? Let’s go!

Ingredients for 8 stuffed piquillo peppers:

– 1 tin of piquillo peppers (this tin had 11)
– 1 onion
– 1 garlic clove
– 1 dash of white wine
– 1 1/2 cup water
– 1 dash tomato sauce
– around 150 gr mushrooms
– 2 tbsp butter
– 1 or 2 tbsp plain flour
– flour and milk for the white sauce

Step by step preparation:

1. This tin had 11 peppers, so I used 8 to stuff and 3 for the sauce. I like washing them to take all the seeds out. Then, dry them. Use those broken or less beautiful for the sauce.

2. Cut onion in half and chop 1 half to prepare the sauce. We add the chopped garlic clove and we fry all with 3 tbsp of olive oil. Add the 3 chopped piquillo peppers and saute.

3. When all is cooked, add a tbsp flour and mix well.

4. Add in white wine, water and tomato sauce. Cook for 20 minutes.

5. Meanwhile, chop the other half onion and fry with the butter. I’m not a huge fan of cooking with butter, but mushrooms and butter are the perfect match! 🙂

6. And add the chopped mushrooms as well. Fry until fully cooked.

7. Add flour and fry gently so the white sauce does not taste floury.

8. Add in the milk bit by bit until you get a white sauce of a creamy texture.

9. Allow to cool a bit and stuff the peppers.

10. Taste the sauce and salt if needed. Blend until creamy.

11. Place peppers over the sauce and cook over a medium heat for some minutes. And that’s it!

And here we have our peppers ready! Although it looks like it’s a recipe which takes a lot of time, it’s not! And you can use many ingredients to stuff the peppers with. Some of the most famous recipes use cod or potatoes omelette, so the best thing you can do is trying different recipes until you find your favourite one! I buy all of them because I absolutely love the flavour of piquillo peppers! If you haven’t tried them yet, please do it! You’re going to love them for sure! If you’re looking for a quick, healthy and simple recipe, this is one of the best ones I’ve ever made. And have you seen how beautiful the dish is? Trust me and have a tin of piquillo peppers always close by! I see you in the next stage! Good Way! Sixth Stage: Lizarra / Estella.

2 thoughts on “Quinta Etapa / Fifth Stage: Gares / Puente la Reina

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *