Cuarta Etapa / Fourth Stage: Iruña / Pamplona

Cuarta Etapa: Iruña / Pamplona

Seguimos paso a paso e trabada a trabada polo noso Camiño cara a Compostela e, despois de degustar esa txistorra tan saborosa de Zubiri, paramos en Iruña, capital de Nafarroa. A gastronomía xoga un papel moi importante en toda Navarra e, como ben sabedes, en Pamplona iso non queda atrás. Cando fun alí por primeira vez, unha das lambetadas que máis me fascinou e que me parece unha combinación moi curiosa e, ao mesmo tempo, moi acertada, foron os TXANTXIGORRIS, un doce feito, como o seu nome ben indica, con txantxigorris, que non deixan de ser torresmos. E si, levan torresmos e levan canela e o seu sabor é doutro mundo! Estas tortas de txantxigorris acostuman a prepararse, como é evidente, durante a mata do porco que é cando os torresmos están máis frescos. Para facer os txantxigorris, inspireime na receita de Eva Arguiñano e o resultado gustoume moito. O mellor é ir a Iruña e probalos así, mais se podemos ir preparándoos na casa, polo menos matamos o antollo, non é? Imos aló!

Ingredientes para 7 txantxigorris:

– 150 gramos de txantxigorris
– 150 gramos de fariña
– 100 ml de auga morna
– 8 gramos de fermento seco de panadaría
– 1/2 culleradiña de canela en po
– 40 gramos de azucre
– 1 ovo pequeno
– azucre en po e canela

Preparación paso a paso:

1. Picamos os txantxigorris o máis finiño que podamos.

2. Desfacemos o fermento na auga morna e mesturamos coa fariña. Facemos un boliño e deixamos que levede durante dúas horas.

3. Cando o bolo xa teña medrado ben, engadímoslle a canela e o azucre e mesturamos ben.

4. E a continuación os txantxigorris picados, amasando todo ben para que quede unha masa onde tódolos ingredientes estean perfectamente integrados.

5. Amasamos co rolo de amasar ata que a masa teña uns 6 mm de grosor e cunha forma de galletas ou ben cun vaso ou un aro, dámoslle forma ao txantxigorris. Estes tiñan uns 10 cm de diámetro.

6. Poñémolas sobre a bandexa do forno, deixamos que repouse durante uns 15 minutos e pintamos co ovo batido.

7. Enfornamos a 150 graos durante uns 25 minutos ou ata que vexamos que teñen unha cor dourada por riba.

8. Deixamos que arrefríen un chisco e polvillamos con azucre en po e canela. E listo!

Xa vedes que os txantxigorris son unhas receita desas que non deixan indiferente a ninguén e coa que podemos sorprender a comensais e amigos. Estaría ben xogar a ver se son quen de adiviñar de que están feitos, va que si? De seguro que coa canela acertan, mais non sei eu se cos torresmos serían tan agudos. Comprobámolo? Como toda receita tradicional, os seus ingredientes son moi sinxelos de atopar e a min, esa mestura de doce con salgado, recórdame ás papas con graxa dos rixóns e con azucre que fai a miña tía pola mata do porco. No fondo, a gastronomía adoita ser algo que nos une, sobre todo estas receitas tradicionais que conservan o sabor de sempre e eses ingredientes naturais que lle dan tan bo sabor a todo. Vémonos na próxima etapa, kukilambonciñas e kukilambonciños! Próxima etapa: Gares (Puente la Reina)!

_____________________________________________________________

Fourth Stage: Iruña / Pamplona

We continue step by step and bite by bite along the way to Compostela and, after tasting the so good txistorra from Zubiri, we make a stop in Iruña, the capital of Nafarroa. Gastronomy is something which can be really enjoyed in Navarra, and this is especially true for Pamplona. When I went there for the first time, I became fascinated with one sweet treat which is a very curious and, at the same time, a great combination of ingredients, the TXANTXIGORRIS. This sweet and savoury pastry is made with txantxigorris, hence the name, and you may be wondering what that means. Txanxtigorris are fried pork fat and they are cooked with cinnamon and sugar! Amazing, right? I must confess the flavour is delicious!!! They are prepared during the pig slaughtering season because it is when txantxigorris are prepared. To prepare these txantxigorris, I read Eva Arguiñano’s recipe and I absolutely loved it! The best thing you can do is go to Iruña and try them for yourself, but while you wait, you can still taste them at home. Let’s go!

Ingredients for 7 txantxigorris:

– 150 gr txantxigorris
– 150 gr plain flour
– 100 ml lukewarm water
– 8 gr dry yeast
– 1/2 tsp cinnamon powder
– 40 gr sugar
– 1 small egg
– powdered sugar and more cinnamon

Step by step preparation:

1. Finely chop the txantxigorris.

2. Dissolve yeast in lukewarm water and add flour. Mix and kenad until you have a dough ball. Allot to leaven for 2 hours.

3. When the dough has already doubled its size, add cinnamon and sugar and mix well.

4. Add in txantxigorris and knead for a while until all ingredients are well integrated.

5. Roll until the dough is 6 mm wide and with a cookie cutter or a cup or anything round, shape the txantxigorris. Mine are of around 10 mm diameter.

6. Place over the baking tray with some baking sheet on it and allow to settle for 15 minutes. Then, brush them with the beaten egg.

7. Bake at 150ºC for about 25 minutes or until they have a beautiful golden colour on top.

8. Allow to cool for a while and dust with powdered sugar and cinnamon. And that’s it!

As you can see, preparing txantxigorris is easy peasy! And it is a recipe which everyone will love and they will be amazed by the ingredients used in the preparation. You can even play a guessing game and see if they’re able to guess the ingredients! I’m sure they will know about cinnamon, but what about the fried fat? As it is a traditional recipe, the ingredients used are very simple and the sweet-savoury combination reminds me of the porridge my aunt prepares with the pork fat and sugar. Gastronomy is something which allows us to discover how similar the different cultures can be. And I find that fascinating! See you in the next stage! Nest Stage: Gares (Puente la Reina)!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *