Parmentier de queixo San Simón con navallas / San Simon cheese Parmentier with razon shells

Parmentier de queixo, navallas ao allo e tellas de San Simón

Hai uns días chegoume un correo electrónico dunha páxina chamada Terra de preguntas na que me ofrecían enviarme uns produtos para que eu os probara e fixera con eles unha receita. Na súa tenda online hai diferentes produtos galegos e todo se fai cun especial agarimo, traballando con pequenos produtores e garantindo unha calidade excelente. Xa había tempo que tiña gana de facer un parmentier, é desas cousas que sempre que as vexo nalgún restaurante, aí vou dereitiña e pido ese prato, así que xa iba sendo hora de poder degustalo na casa. E que mellor que un queixo San Simón co seu sabor afumado para conseguir un parmentier cremoso cun sabor intenso. E para acompañalo, unhas navallas en conserva ao natural, que fritiremos cun chisco de allo e perexil para potenciar aínda máis o seu sabor. Ademais, co queixo, faremos tamén unhas tellas crocantes que son moi sinxelas, campan moi ben e saben aínda mellor. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 100 gramos de queixo San Simón
– 1 lata de navallas en conserva ao natural
– 3 patacas
– 25 gramos de manteiga
– 1 chorro de leite
– 1 dente de allo e perexil
– sal

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cocendo as patacas en abundante auga con sal.

2. Mentres, imos relando o queixo. Relarémolo todo, pois así desfarásenos mellor no parmentier. E colleremos unha parte para facer as tellas. Formamos 4 círculos de queixo relado e metémolos ao forno ata que se derretan e comecen a ficar dourados polas beiras. Non fai falta que quede moi torrado, pois pódelle dar mal sabor.

3. Cando as patacas estean cocidas, batémolas xunto co queixo relado, a manteiga, e o chorro de leite. De leite, é mellor botar de menos que de máis, e ir vendo como vai a textura. Probamos de sal e salgamos se fora necesario.

4. Por outra banda, sacamos as navallas da lata, escorrémolas e fritímolas en 2 ou 3 culleradas de aceite de oliva, xunto co dente de allo ben picadiño e unha cullerada de perexil picado. Cando xa estean algo torradiñas, apagamos o lume.

5. Nun prato, poñemos o parmentier de pataca, as navallas enriba e decoramos coas tellas de queixo San Simón. E listo!

Como vedes, é un prato que campa moito e ben, e non ten dificultade ningunha, nin precisamos de moito tempo para o preparar. Se queredes sorprender aos vosos convidados, ou a vós mesmos, non dubidedes en probar este prato no que xuntamos dous ingredientes moi da nosa terra. O certo é que nunca probara as navallas en conserva, e estas están moi boas, conservan o seu sabor e ao ser ao natural, non temos ingredientes que tapen eses sabor a mar que tanto me gusta. E o queixo San Simón sempre é un acerto, un sabor afumado e unha textura suave, cremosa e intensa. Todo un acerto.

___________________________________________________________

San Simon cheese Parmentier with Razor shells

Some days ago, I recieved an e-mail from a webpage called Terra de preguntas in which I was offered the opportunity of tasting their products in exchange of a recipe using them. I of course accepted, and I asked for a San Simon cheese to prepare a parmentier, which is something I always order in restaurants and I’ve been looking forward to preparing it at home since I first tasted it. And to make this parmentier even tastier, I decided to ask for a tin of razor shells (natural) sauteed with some olive oil and garlic. With the San Simon cheese, we are preparing as well some crunchy cheese chips whose flavour is incredible!!! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 100 gr San Simon cheese
– 1 tin natural razor shells
– 3 potatoes
– 25 gr butter
– 1 dash of milk
– 1 garlic clove and some parsley
– salt

Step by step preparation:

1. Cook potatoes in plenty of salty water.

2. Meanwhile, grate all the cheese, take some and form little round-shape chips. Then, grill them in the oven until lightly golden brown on sides and suuuper crunchy!

3. When potatoes are ready, process them with the rest of the grated cheese, butter and milk. Taste and salt, if needed.

4. On the other hand, take the razor shells out of the tin and drain. Saute them with some olive oil, the garlic clove and parsley for some minutes at a low-medium temperature.

5. In a beautiful place, pour parmentier, place razor shells on top and decorate with the crunchy cheese chips. And that’s it!

As you can see, apart from being a very beautiful dish, it’s very simple, quick and absolutely delicious! If you want to surprise your guests (or your own family, or yourself!), this is going to make an impression for sure! And it’s good to prepare a dish in which we have two of the best Galician products ever! San Simon cheese is always a good move because it turns every dish into something tastier! And I must confess that, despite not having tasted them before, I’m quite happy with the flavour of tinned razor shells and I will definitely repeat. So flavourful!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.