Receitas de Entroido / Carnival Recipes

Receitas de Entroido

Como non podía ser doutra maneira, había que facer un artigo, que agardamos poder ir ampliando, con tódalas receitas típicas do Entroido, que non son poucas. Así, non teremos que ir rebuscando polo blogue e veremos as diferentes receitas non só de Galiza, que xa temos unhas poucas, senón as que se fan arredor do mundo. Este artigo irémolo actualizando segundo vaiamos facendo máis receitas. Non perdades un segundo e poñédevos coas mans na masa porque todas e cada unha destas receitas está para relamber os dedos! Imos aló!

Filloas

Unha das mellores receitas do Entroido. Doce ou salgada, a filloa sempre sabe ben e queda xenial con absolutamente todo!

Bica branca de Laza

A bica branca de Laza é aposta segura. Poucos ingredientes e pasos súper sinxelos. O resultado, espectacular. Que máis se pode pedir?

Bica de Trives

E se estades tan larpeiras que a de Laza non vos chega, probade tamén a de Trives! Puro vicio e un sabor de medo!!!

Orellas

A receita perfecta para ter unhas orellas finas e crocantes, e cun sabor que é puro Entroido.

Pudin de Orellas

E se sobran orellas??? Pois un pudin!!! E aínda que non sobren…tamén 😉

Flores de Entroido

E que dicir destas flores de Entroido? Preciosas e saborosas! Téñeno todo!!!

Chulas de Entroido

De chulas temos varias opcións, mais eu quedo coas de sempre, sen recheo e cunha masa moi esponxosa! Esta é a receita de miña nai e están boísimas!!!

Rosquillas fritidas

E que me dicides destas rosquillas? Eu devezo por elas e gústame moito tomalas pola mañán co leitiño.

Castagnole

E, por último, unha receita chegada dende Italia! Se vos gustan as rosquillas, estes castagnole son un vicio rosquilleiro en pequeniño!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *