Terceira Etapa / Third Stage: Zubiri

Terceira Etapa: Zubiri

Despois de probar os sabedeiros perretxikos en Roncesvalles, seguimos o noso particular camiño prato a prato por terras de Navarra e paramos en Zubiri. Nesta pequena localidade a só 20 quilómetros de Iruña, teñen boa fama os embutidos e, especialmente, a txistorra, que se vende nas tendas máis sibaritas da capital. Para preparar a txistorra de Zubiri, precísase pouca cousa, un chisco de aceite, fritila a lume non moi alto para que non se chasque e un anaco de pan. Iso si, habendo ingredientes e fame, o mellor é preparar un dos pratos máis populares: OVOS ROTOS CON TXISTORRA E PATACAS. Se por separado, xa están de vicio, estes ingredientes todos xuntos fan que este sexa un dos pratos máis lambóns e saborosos que se poden facer! E se pode ser con patacas do país e ovos da casa, xa resultará o prato perfecto. Imos aló!

Ingredientes para dúas persoas:

– 1 txistorra (de Zubiri, mellor)
– 1 ou 2 ovos grandes
– 1 pataca grande ou 2 máis pequenas

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cortando as patacas en tiras, salgamos e fritímolas en abundante aceite quente. O importante é que queden brandiñas, non crocantes, pois así collerán máis o sabor da txistorra e da xema dos ovos.

2. Colocamos as patacas nun prato e fritimos a txistorra a lume baixo con 2 ou 3 culleradas de aceite de oliva.

3. Cando a txistorra estea lixeiramene torrada, botámola sobre as patacas.

4. No aceite que nos quedou de fritir a txistorra, faremos o ovo (ou os ovos) a lume lento. Así, a clara farase como á prancha, e a xema quedará perfecta para que molle todo ben. E canto estea, poñémolo enriba dos outros ingredientes e listo!

Xa temos os nosos ovos con txistorra e patacas preparados. Agora queda o mellor. Coa axuda de dous garfos ou dúas culleres, iso xa cada quen como mellor o vexa, partimos o/s ovo/s e remexemos para que a xema o inunde todo. Ai que sabor! Déixovos aquí unha imaxe de como queda despois de remexer 😉

É acordarme de novo deste prato e caerme a baba! Está taaan bo, que eu de vós non agardaría moito máis a probalo, pois paga moito a pena! 😀 Bo proveito e bo camiño! Agárdovos na seguinte Gastro-Etapa: Pamplona / Iruña.

____________________________________________________________

Third Stage: Zubiri

After trying the so delicious perretxikos in hour previous stage in Roncesvalles, we continue our Way to Santiago walking along Navarra until our next stage: Zubiri. This small town near Pamplona is famous for its cold meat, especially, the txistorra, which is sell in the most well-known shops of the capital of Navarra. To taste some txistorra, we don’t need a very complicated recipe, if we just sauté it with some olive oil and some fresh bread, it will be incredibly delicious! But if we feel like cooking just a bit, the best recipe you can prepare is TXISTORRA WITH EGGS AND FRIES. If these ingredients on its own are tasteful, if you try them all togethef,you’ll immediately fall in love!!! And if yoy have homegrown potatoes and fresh eggs, even better! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 txistorra (if possible, from Zubiri)
– 1 or 2 XL eggs
– 1 big size potato or 2 smaller ones

Step by step preparation:

1. Cut potatoes, salt and fry in plenty of hot olive oil. Don’t toast them too much because we don’t want them crispy.

2. Place them over a dish and fry txistorra with 2 or 3 tbsp olive oil over a low-medium heat.

3. When txistorra is slightly toasted, put it over the fried potatoes.

4. Using the same oil we used for the txistorra, fry eggs at a low heat, so the yolk is not too fried and not fully cooked, so it then gives all its flavour to the potatoes and txistorra. When done, place it over the rest of the ingredients and…that’s it!

Now it’s time for the best part! Break the egg using 2 forks or 2 spoons, that depends on your ability 🙂 and let the yolk wet all the fries and txistorra. OMG! It’s so yummy!!! And here you have a pic after the mixing.

It’s so hard to write the recipe without having this dish next to me to eat some of it right now… I just want to prepare it again and again. You just have to try it and enjoy it! You won’t regret it!!! 😀 Next Stage: Pamplona / Iruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.