Gastro-Etapas do Camiño / Gastro-Stages of The Way

Gastro-Etapas do Camiño

Hai moitos xeitos de facer o Camiño de Santiago: a pé, na bicicleta, a cabalo… ou mesmo polo bandullo. Algunha vez te preguntaches cales son os produtos e pratos típicos da gastronomía daqueles lugares por onde pasa o Camiño? Pois non agardes máis, e descúbreo!

A idea deste novo proxecto de Kukinhas é percorrer cada unha das Etapas do Camiño Francés degustando os seus produtos típicos en diferentes receitas que saquen o mellor de cada un deles. Comezando en Sant Jean Pied de Port, iremos etapa a etapa gozando da gastronomía de moi variados lugares ata chegaren a Compostela. Así, poderemos facer un Camiño diferente, mais un Camiño deses que nunca se esquece, que queda por sempre no noso padal e que alimenta o corazón e o bandullo.

Ademais, con cada receita, saberemos máis sobre a súa orixe, os seus ingredientes principais, ou a época na que adoita comerse, entre outros datos ben interesantes. Así, aproveitaremos non só para papar as distintas lamberetadas que atopamos polo Camiño, tanto doces como salgadas, senón tamén para saber máis sobre os ingredientes principais dos pratos e que tanto nos din sobre a maneira de vivir e cociñar de cada recuncho.

Se te animas a facer este Camiño de Santiago tan lambón, únete a este proxecto e non perdas ningunha gastro-etapa. Para iso, so tes que subscribirte ao blogue e se xa o fixeches, só tes que estar pendente para non perder ningunha etapa! Bo Camiño lambonciñas e lambonciños!

_____________________________________________________________________

Gastro-Stages of The Way

There are many ways of getting successfully to Compostela along the Camiño de Santiago – The Way of Saint James: on foot, by bike, on horse… or even by the stomach! Have you ever wondered which are the most typical products and recipes you can find along The Way? Think no more and get ready to discover them all!

The basic aim of this new Kukinhas project is to go all over the different stages of the French way tasting the different typical products and the recipes to make the best of them! Starting in Sant Jean Pied de Port, we will go stage by stage enjoying the gastronomy of all the different places until we get to Compostela. This Way is of course a different one, but one that we will enjoy with every one of our senses and one we will never ever forget.

Besides, with every recipe we will learn about their origin, main ingredients or when it’s typically eaten, among many other interesting facts. With this new project, we will not only taste so many different recipes, sweet and savoury, but we will also learn about the products of different regions, as well as about the way people live and enjoy the food in every stage of The Way.

If you feel like getting into this beautiful project, you just need to subscribe to the blog, so you don’t lose any recipe! And if you have already subscribed, just be on the lookout not to lose any stage. Have a good Way, you recipe lovers!

2 Comments

  1. Ola kukinhas:pareceme moi interesante e enrequecedor q poñas receitas das etapas do camiño.Noraboa pola idea e preciosa a introducion q fixeches.Grazas por compartir con todos nós as tuas receitas.Ánimo e segue así,que as receitas sempre me son de gran utilidade.Un forte abrazo desta seguidora Isabel

    • Ola Isabel! Alégrome moito de que che guste a idea, é unha moi boa maneira de coñecer non só as receitas, senón os produtos e a gastronomía que podemos atopar polo Camiño. Agardo que poidas facer algunha das receitas, hai moita variedade e están todas moi boas. Unha aperta enorme. Kukinhas

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.