Turrón de chocolate branco con framboesas / White chocolate nougat with raspberries

Turrón de chocolate branco con framboesas

Xa había tempo que non caía outra receita de turrón de chocolate e xa tocaba. Despois das varias lambonadas de Nadal, volvemos facer un turrón de chocolate caseiro, mais desta vez dámoslle un toque aínda máis especial con estas framboesas liofilizadas. Eu engadinlle tamén unhas noces de Macadamia, mais calquera froito seco lle quedaría ben. Aproveito esta receita para desexarvos un MOI BO NADAL E UN PRÓSPERO E MOI FELIZ ANINOVO 2018!!! Que pasedes unhas festas moi felices, acompañados de tódalas persoas que queredes e vos queren, e que o Apalpador vos deixe algún que outro agasalliño. E agora, imos a pola receita!

Ingredientes:

– 300 gramos de chocolate branco
– 40 gramos de graxa de porco
– 40 gramos de arroz inflado
– 30 gramos de framboesas liofilizadas
– 10 gramos de noces de Macadamia picadas

Preparación paso a paso:

1. Derretemos o chocolate branco xunto coa graxa de porco no microondas.

2. Engadimos o arroz inflado.

3. E as noces de Macadamia picadas xunto coas framboesas liofilizadas.

4. Mesturamos todo moi ben e botamos a mestura no molde para turrón.

5. Agora só temos que tapalo cun papel transparente e deixalo arrefriar na neveira ata que estea duro. E listo!

Xa sabedes que as receitas de turrón son moi sinxelas, e sendo caseiro, facemos que esta receita, xa de por si lambona, sexa un chisco máis saudábel. Ademais, podemos aproveitar para facer un agasallo larpeiro e agasallar aos nosos amigos e familiares cun turrón de chocolate caseiro que de seguro ha gustar a todos. BO NADAL E BOAS PAPAROTAS E LAMBONADAS!!!

_______________________________________________________

White chocolate nougat with raspberries

It’s been long since I haven’t prepared a new nougat recipe, and it was about time to do a new one and show it to you. I love making nougat at home because you can do it with the ingredients you like the most. This time, I used some freeze-dried raspberries and Macadamia nuts, which I really love! You can use almost any nuts you like cause they match incredibly well with white chocolate, as red berries do. With this recipe I want to WISH YOU ALL A MERRY CHRISTMAS AND A VERY HAPPY NEW YEAR 2018!!! Enjoy your holidays and share all that happiness with the people you love and love you back. And if Santa wants to bring some presents, he’s always more than welcome! 😀

Ingredients:

– 300 gr white chocolate
– 40 gr pork lard
– 40 gr rice Krispies (with no chocolate)
– 30 gr freeze-dried raspberries
– 10 gr Macadamia nuts

Step by step preparation:

1. Melt chocolate and pork lard in the microwave and mix.

2. Add rice Krispies.

3. Add chopped Macadamia nuts and the raspberries.

4. Mix all well and pour the mixture over the mould.

5. Now we just have to cover it with some plastic wrap and allow to cool in the fridge until hard. And that’s it!

As you know, these nougat recipes are super simple, and being homemade, we can make a healthier version of a quite caloric sweet treat. Besides, we can make a sweet gift to our loved ones by giving them a homemade chocolate nougat bar, I’m sure they’re gonna love it! I hope you have some lovely holidays full of happy and sweet moments!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.