Panettone

Panettone

Non se pode negar que dun tempo a esta parte xa sabemos que queda pouco para o Nadal porque aparecen nas tendas os turróns e os Panettones. Chegado dende Italia, decontado pegou forte e se converteu nunha sobremesa recorrente polo Nadal nos nosos fogares. Había tempo que lle daba voltas á idea de facer un Panettone caseiro, mais nesta ocasión non podía tirar de receita familiar, pois, evidentemente, ninguén da familia o fixera antes na casa. Iso si, para comelo apúntase calquera, especialmente se é de chocolate. Cando merquei os moldes para facelo, decateime de que na mesma páxina había un vídeo cunha receita, así que decidín poñerme coas mans na masa e facer a miña versión con chocolate. Que iso das froitas está moi ben, mais onde se poña una Panettone con anacos de chocolate…que se quiten todos os de froita do medio! E aquí vai a receita, déixovos tamén o vídeos orixinal por se lle queredes botar un ollo. Imos aló!

Ingredientes:

– 120 ml de leite morno
– 25 gramos de lévedo fresco
– 2 ovos (+ 1 ovo)
– 120 gramos de manteiga sen sal desfeita
– 120 gramos de azucre
– 1 culleradiña de aroma de azar
– 1 culleradiña de esencia de vainilla
– 450 gramos de fariña de forza
– 1 chisco de sal
– pingas de chocolate

Utensilios: un molde e un garfo para panettones (para colgalo do revés)

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=88pJ_Xkk20g

Preparación paso a paso:

1. Desfacemos o lévedo fresco no leite morno.

2. E engadimos os 2 ovos, a manteiga, e as culleradiñas de vainilla e azar.

3. Engadimos o azucre e seguimos a bater.

4. Xirgamos a fariña e engadímola xunto co belisco de sal.

5. Agora toca amasar e amasar. Se tendes un aparelliño que o faga (como é o meu caso) moito mellor. Haberá que amasar durante uns 20 minutos ou ata que sexamos quen de formar coa masa unha teliña fina e resistente (como se ve na imaxe).

6. Estiramos a masa coas mans sobre unha superficie lisa e esparexemos as pingas de chocolate. Botade ao gusto. Despois de feito, aínda lle tería botado máis 🙂 E enrolamos a masa, deixando as gotas no medio.

7. Nun molde untado con aceite, metemos o boliño de masa para que levede durante unhas 3 horas a unha temperatura de min. 20 graos e sen correntes de aire. Tapámolo cun plástico e terá que dobrar o seu tamaño. (Kukiconsello: agora no inverno o mellor é pre-quecer un chisco o forno, e despois meter alí o boliño. Así, non ten correntes e a temperatura é máis constante e cálida).

8. En canto medre, sacámolo do molde e amasámolo para sacarlle o aire. Formamos un boliño xa máis xeitoso e metémolo no molde de panettone ou no molde onde o vaiamos enfornar. Tapámolo cun papel transparente e deixamos que levede durante outras 3 horas.

9. Cando xa estea no seu punto e ben gordiño, pre-quecemos o forno a 180 C, pintamos o panettone co ovo batido e facémoslle unha cruz cun coitelo ben afiado. A continuación, enfornámolo durante uns 40 minutos coa calor por riba e por baixo, colocando o panettone na parte máis baixa do forno (na primeira altura que teña o voso forno). Se vedes que se torra moito por riba, podedes abrir o forno moi rápido e poñer unha bandexa na parte superior para sacarlle calor. Eu fíxeno cando levaba uns 15 minutos. Non vos preocupedes, que non baixa nin lle pasa nada por abrir o forno.

10. Pasados os 40 minutos e os nervios pola espera, podemos abrir o forno e picar o panettone. Se sae limpo, é que está listo. O máis probable é que saia manchado de chocolate. Bo sinal!

11. En canto o saquemos do forno, e aínda quente, teremos que empregar o garfo xigante e clavarllo pola parte baixa para poder colgalo do revés. Déixovos a imaxe, para que o vexades. E si, as copas de 1906 van moi ben 🙂

E así quedará despois de arrefriar 🙂

E listo! Xa vedes que é unha receita un pouco longa de explicar, mais paga tanto a pena facelo caseiro!!! Se probades este Panettone, non volveredes a mercalo nunca máis! O único inconveniente que ten son as horas que temos que agardar a que medre, mais podémolo deixar a levedar e ir dar un paseo ou mentres facemos calquera outra cousa. E para que arrefríe, o mellor é deixalo toda a noite colgado, e así non teremos a tentación de meterlle o dente 😀 Eu xa me teño que poñer de novo coas mans na masa, xa non só para min, senón para os encargos de outros hehe. Animádevos e xa veredes que será a lambetada máis louvada de todo o Nadal!

___________________________________________________

Panettone

We cannot deny Panettone has become a really important part of our Christmas gastronomy, and there’s not a single house around here in which you can’t find a Panettone! 🙂 It’s been in my hand since I started pinning up recipes in this blog that I should definitely include this recipe in here, but it’s not a recipe that is traditional at home, and so I didn’t have any recipe I could use to show you. When I bought the Panettone moulds online, I saw a recipe in that same web page which I found quite easy and I thought I had to give it a try. I changed a bit the recipe because I wanted to do the Panettone version I loved the most: the chocolate one! If you want to prepare the fruits one, you can have a look at the video I will pin up just after the ingredients. Let’s go!

Ingredients:

– 120 ml warm milk
– 25 gr fresh yeast
– 2 eggs (+1 egg)
– 120 gr unsalted butter
– 120 gr sugar
– 1 tbsp orange blossom water
– 1 tbsp vanilla essence
– 450 gr bread flour
– 1 pinch of salt
– dark chocolate drops

Utensils: a Panettone mould and fork

Video: https://www.youtube.com/watch?v=88pJ_Xkk20g

Preparación paso a paso:

1. Dissolve yeast in warm water.

2. Add 2 eggs, melted butter, vanilla and orange blossom water. Mix.

3. Add sugar and keep on mixing.

4. Sift flour and add it to the batter with a pinch of salt.

5. Now it’s time to knead and knead! If you have a Kitchen Aid or any other kneading machine, you can of course use it, as it makes the whole process easier. The important thing here is you should knead for about 20 minutes and you should be able to make the dough look like this, as you can see in the picture.

6. Roll the dough over a flat surface (trying not to use the rolling pin) and spread some chocolate drops. I would add even more now that I have seen the Panettone, so don’t be afraid! 🙂

7. In a mould with some olive oil, put the dough ball inside, and allow to leaven for around 3 hours in a place with no airflow and at a constant temperature for a minimum of 20 degrees, covered with a plastic wrap. (Kukitip: now that we’re in winter, it’s better if you keep the dough in the oven. We just need to heat it up for a little while, and keep it in there until it has fully grown).

8. As soon as the dough is ready, we need to knead for a while so the whole air is out. Then, give a round shape to the dough, place it over the Panettone mould and allow to leaven for another 3 hours, covered with a plastic wrap.

9. When ready, preheat the oven at 180ºC, egg-wash the Panettone and make a cross on top with a knife. Then, bake it for around 40 minutes, heat up and down, and at the very bottom of the oven. If you see it’s too brown on top, place a baking tray on top. I did when it had already been baked for 15 minutes.

10. After 40 minutes, pinch the Panettone and it should come out clean (or full of chocolate!).

11. As soon as we take it out of the oven, and still very hot, take the Panettone fork and pinch the Panettone. Put the fork on top of two cups or any other thing you have on hand, and allow to cool as you can see in the picture.

And that’s how it looks like when cold! 🙂

And that’s it! I think you’ll need more time to read the recipe than to actually make it! The only inconvenient is that you have to wait for like 6 hours to have it ready, but it’s so worthy!!! If you like Panettone, you are going to love this recipe and as soon as you prepare it at home, you’ll never ever buy it again!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *