Galletas alemás de Nadal – Spritzgebäck – Christmas German cookies

Galletas alemás de Nadal – Spritzgebäck

Non sei por que razón, mais este ano semella que o Nadal quere vir antes de tempo, ou iso, ou que teño gana xa de vacacións e de pasar tempo coa familia 🙂 O caso é que sexa como for, aquí está a primeira receita de Nadal. Na busca de lambonadas típicas de Nadal polo mundo, dei con estas galletas típicas de Alemaña que se fan especialmente polo Nadal. Que co boas que están e o feitiñas que son non é preciso agardar a Nadal para facelas, mais se o que precisades é unha desculpa…o Nadal ten a culpa! 😉 Ademais, en canto vexades a listaxe de ingredientes e o sinxelo que é preparalas, xa vos vexo coas mans na masa! Imos aló!

Ingredientes:

– 115 gramos de manteiga sen sal
– 60 gramos de azucre en po
– un ovo
– 150 gramos de fariña
– 1 belisco de sal
– 1 belisco de bicarbonato
– 1/2 culleradiña de esencia de vainilla
– 100 gramos de chocolate para desfacer

Preparación paso a paso:

1. Comezamos batendo o azucre en po e a manteiga a medio desfacer. (Agora como estamos en inverno, non funciona moi ben o truco da temperatura ambiente, polo que o mellor é meter a manteiga durante uns segundos no microondas ata que abrande, sen chegar a desfacerse de todo).

2. A continuación engadimos o ovo e seguimos batendo.

3. Mesturamos a fariña, o sal e o bicarbonato. Engadímolo á mestura da manteiga e continuamos batendo ata que estea todo ben integrado.

4. Botamos unha terceira parte (máis ou menos) da masa nunha manga pasteleira para poder formar as nosas galletas. É importante non encher de todo a manga e pechala ben forte para que a masa saia con facilidade.

5. Facemos as galletas da forma que máis nos guste. Como era a primeira vez que as preparaba e a primeira vez que empregaba unha manga pasteleira, fun probando, e é o mellor, así saen unhas galletas totalmente personalizadas 🙂

6. Enfornamos a 180º co forno xa quente durante uns 10 minutos ou ata que vexamos que collen unha lixeira cor dourada polas beiras.

7. Desfacemos o chocolate no microondas (sempre en función desconxelar e controlando de cando en cando para que non se queime) e mollamos as galletas nel. E listo!

Estas galletas son crocantes por fóra e máis manteigosas por dentro. O chocolate quédalle moi ben e cun chocolate ou un café ben quente serán o perfecto almorzo, ou merenda ou cea… vaia, calquera momento será o momento ideal. E si, mesmo cando chegas con fame de traballar 🙂 E outra das cousas boas que teñen estas galletas é o arrecendo que deixará por toda a casa… mmmm, ole a Nadal! Por certo! Pensando nun agasallo orixinal para alguén? Unha caixa de galletas feitas na casa sería un fermoso agasallo de Nadal, non si? Ide preparando os fornos, que estas galletas son para repetir!!!

______________________________________________________

Christmas German cookies – Spritzgebäck

The truth is that this year it looks like Christmas everywhere you look around, and I feel like celebrating and spending some quality time with my family. And so I started to surf the net looking for sweet recipes typical from Christmas, and as soon as I saw these cookies, I knew this was going to be the first Christmas recipe of the blog this year!!! And the ingredients are so easy to find… you’ll be baking cookies during all the holidays! So delicious!!! Let’s go!

Ingredients:

– 115 gr unsalted butter
– 60 gr powdered sugar
– 1 egg
– 150 gr flour
– 1 pinch of salt
– 1 pinch of baking soda
– 1/2 tsp vanilla essence
– 100 gr chocolate drops to melt

Step by step preparation:

1. Whisk butter and powdered sugar until fluffy. Make sure butter is at room temperature or melt it a bit in the microwave.

2. Then, whisk in the egg.

3. Mix flour, salt and baking soda and add it to the mixture until it’s all well integrated.

4. We take 1/3 of the batter and we put it into the piping bag so we can shape the cookies. We need to take just a bit of batter at a time, so we can make the cookies easily. It’s important not to overfill the piping bag, and to close it really tight.

5. Make cookies in the shape you want! As this was my first time preparing these cookies and using a piping bag, I just tried with different shapes, and if you do the same, your cookies will be totally customized! 🙂

6. And bake for around 10 minutes at 180 (oven preheated) or until the edges of the cookies began to turn golden brown.

7. Take them out of the oven and let them cool for a while. Melt chocolate drops and dip half of the cookie in it. And that’s it!

These cookies are crunchy on the outside and buttery on the inside! Chocolate matches so well! I am already thinking about trying with my super favourite white chocolate 😀 Imagine a Christmas morning, with a hot chocolate or coffee, and some (or a lot!) of these cookies… it sounds incredible, right? All the house will smell like butter cookies and oh it is so good! By the way, if you know someone who loves cookies, this will be one of the most incredible gifts you can make for them! They will absolutely love them!!! Get your ovens ready and enjoy these super delicious cookies!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *