Dutch baby pancakes

Dutch baby pancakes

Que cousa máis saborosa! Mira que ten boa pinta, mais non me pensaba eu que ía estar taaan rica! Aínda a podo saborear e non me resisto a coller outro anaco. Mágoa que cada vez quede menos! 😀 Que sabor, que textura! Esta Dutch baby pancake recórdame moito ás crepes flamexadas, pois ten unha textura de crepe húmida e un sabor a vainilla que está de vicio!!! E sabedes o mellor de todo? De seguro que tódolos ingredientes que fan falta para preparala os tedes agora mesmo na casa. E…prepárase en 20 minutos!!! O único inconveniente e a razón básica pola que aínda non a preparara na casa é que para preparala precisamos unha tixola que se poida meter no forno. Agora son ben sinxelas de atopar, e xa só por preparar esta marabilla, paga ben a pena!!!

Ingredientes:

– 60 gramos de fariña
– 250 ml de leite
– 1 cullerada de azucre
– 1 belisco de sal
– 2 ovos
– 1 culleradiña de esencia de vainilla
– 50 gramos de manteiga sen sal
– azucre en po para esparexer

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes, comenzando polo leite e a fariña.

2. E seguimos co azucre, sal, ovos e vainilla.

3. A continuación, botamos a manteiga na tixola e metémola no forno co forno pre-quecido a 200 graos e deixámola ata que se derreta a manteiga por completo.

4. En canto a manteiga estea desfeita, abrimos o forno e vertemos a masa. Pechamos o forno e enfornamos durante uns 16 a 18 minutos ou ata que vexades que colle unha lixeira cor dourada, máis torrada polas beiras.

5. En canto a saquemos do forno, comezará a baixar, mais non pasa nada, iso é totalmente normal. Aproveitamos mentres baixa, para botarlle azucre en po. E listo!

Xa vedes que non ten dificultade ningunha. Para acompañala, só precisamos o azucre en po, mais como as crepes, as filloas ou as tortiñas, admite moitísimas combinacións. Aposto a que o chocolate tamén lle queda moi ben, así como os froitos vermellos, a nata, marmeladas ou mel. Imaxinación ao poder! A verdade é que así co azucre en po xa está ben boa! Se non tedes unha tixola que se poida meter no forno, pensade en facer unha versión, aínda que só sexa para preparar esta lambetada tan saborosa!

_________________________________________________________

Dutch baby pancakes

OMG! This Dutch baby pancake is so tasty!!! It looks good, but it totally tastes even better!!! I have it here next to me, I amb picking one piece after another… It’s a pity it’s so small… and that I have to share it! 😀 What a lovely taste and flavour!!! I think it tastes like a crepe suzette, ‘cause its humid and with a delicious vanilla flavour. And the best of everything is that all the ingredients you need, you always have them on hand! So, you can have the possibility of preparing it any time. And I’m sure that’s something you’ll be definitely doing. The only inconvenient is that you need a pan you can use in the oven, so if you don’t have one yet, it’s about time you get one, because even if it’s just to prepare this pancake, it would be totally worthy! Well, no more writing and just get to the point. Let’s go!

Ingredients:

– 60 gr flour
– 250 ml milk
– 1 tbsp sugar
– 1 pinch of salt
– 2 eggs
– 1 tsp vanilla essence
– 50 gr unsalted butter
– powdered sugar

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients, starting with milk and flour.

2. And whisking in sugar, salt, eggs and vanilla.

3. Then, put the butter on the pan and put it in the oven preheated at 200ºC/400ºF until butter is totally melted.

4. When butter is melted, open the oven, pour the batter over the pan and bake for around 16-18 minutes or until it gets a beautiful light golden brown, darker on the edges.

5. When out of the oven, the pancake will start to go down, but that’s OK 🙂 We just have to top it with some powdered sugar. And that’s it!

As you can see, there’s no difficulty in this recipe at all! You can as well top it with chocolate, berries, cream, jam or honey. If you accept my recommendation, I would go for powdered sugar! The flavour of the Dutch baby pancake is so delicious, you won’t need anything else!!! Lose no more time and prepare this delicious pancake… you will never ever regret it!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *