Pasta ao vermú / Vermouth & pasta

Pasta ao vermú

Hai receitas que chegan a un de casualidade e resultan ser todo un acerto. Sabendo de onde viña, non tiña dúbida algunha en que estaría boa, mais o resultado sorprendeume aínda máis. A receita é de “El Comidista” e déixovos aquí a ligazón orixinal para que lle botedes un ollo. Eu só a fixen para dous e cos ingredientes que tiña, máis todo o mérito é del 🙂 Gustoume moito esta receita porque para preparala precisamos ingredientes típicos do outono, polo que nesta época están todos no seu mellor momento. Que nunca probastes a botarlle vermú á pasta? Veredes que sabor! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 200 gramos de pasta corta (eu empreguei radiatori de Garofalo)
– 250 gramos de cogomelos (eu empreguei shiitakes e shimejis)
– 80 gramos de touciño
– 30 gramos de crouchos pelados
– 100 ml de vermú
– 650 ml de caldo de polo ou verduras
– 1 dente de allo
– sal, pementa e queixo Parmesano en po

Preparación paso a paso:

1. Comezamos quentando o caldo de polo. Eu o que fixen foi desfacer unha pastilla de caldo concentrado en auga e poñela a quentar.

2. Fritimos o touciño, e engadimos os cogomelos e o allo picado. Fritimos ata que xa non boten auga e estean lixeiramente dourados. Salgar e salpimentar.

3. A continuación, botamos a pasta e engadimos o vermú.

4. En canto o vermú se evapore totalmente, iremos engadindo o caldo de polo pouco a pouco ata que a pasta estea cocida.

5. Cando a pasta xa estea no seu punto, engadimos os crouchos picadas e mesturamos ben.

6. Agora xa podemos poñer a pasta nos pratos, esparexer o parmesano e listo!

Nunca antes probara a facer a pasta así, engadindo o caldo pouco a pouco, como cando facemos fideuà, e o certo é que así queda moito máis cremosa e de seguro non se perde nada na auga, como cando a cocemos. O toque de vermú quédalle moi ben e é unha receita na que se poden ir variando os ingredientes segundo a época do ano na que esteamos, porque estou segura de que todo lle acae ben! E, por suposto, probade con calquera cogomelo que vos guste! Eu merquei estes porque de momento a colleita de cogomelos non foi moi satisfactoria, mais se tedes a posibilidade de empregar os que vós mesmos collestes, adiante! Bo proveito!

____________________________________________

Vermouth & pasta

There are recipes which get to you by chance and they happen to be a success. When I first saw this recipe, I kind of knew the result will be perfect, but I was even more surprised when I actually tasted it. The recipe is from “El Comidista” and here you have the link to the original recipe so you can have a look at it. I just adapted it to the ingredients I had and make a recipe for two, but the rest is all his merit 🙂 I loved the fact that this recipe uses autumn ingredients which are now at their best! Have you ever tried vermouth in a pasta dish? Do it and be surprise! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 200 gr pasta (I used Garofalo’s radiatori)
– 250 gr mushrooms (shiitake and shimeji)
– 80 gr bacon
– 30 gr peeled walnuts
– 100 ml Vermouth
– 650 ml chicken broth
– 1 garlic clove
– salt, pepper and powdered Parmesan

Step by step preparation:

1. Start by heating up the chicken broth. What I did was to heat up some water with a concentrated chicken stock cube in it.

2. Then, fry the bacon with no oil until crispy and then add mushrooms and finely chopped garlic clove. Fry until all nicely golden. Add salt and pepper.

3. Then, add in the pasta, mix and add in vermouth.

4. As soon as vermouth is fully evaporated, add in chicken broth little by little until the pasta is fully cooked.

5. When pasta is cooked, add chopped walnuts and mix well.

6. Serve and top with Parmesan cheese. That’s it!

I’ve never tried cooking pasta like this before, adding the chicken broth little by little until it’s cooked, as we do with Fideuà, but the truth is the result is a smoother and creamier pasta, and we don’t lose any flavour in the water as when we boil it. Vermouth does really make a difference, and I’ll be using it in any other pasta recipe with other ingredients ‘cause I’m sure the result will be delicious as well. And, of course, if you happen to have the chance of hunting mushrooms and use your own ones, please do it, I used these ones I bought because when I went mushroom hunting it was a bit of a disaster 🙂 Enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *