Torta de figos / Fig Tart

Torta de figos

Hai xa un tempo, pedinvos receitas desas que sempre se fixeron na vosa casa para ir poñendo aquí no blogue e poder unha base de datos de receitas galegas e que estas marabillosas lambonadas nunca se perdan! Xabier foi dos primeiros que me enviou varias receitas e, sabendo a miña devoción polos figos, estaba claro que tiña que comezar con esta! Primeiro de todo, moitas grazas a Xabier polas receitas e, sobre todo, por esta, non só por enviala, senón tamén por darme a oportunidade de probar esta torta taaan saborosa!!!

Ingredientes para 4 persoas:

– 200 gramos de masa quebrada
– crema pasteleira caseira: 500 ml de leite, 3 xemas e 1 ovo, 3 culleradas de azucre e 2 de fécula de millo.
– 12/15 figos
– azucre
– canela en po

Preparación paso a paso:

1. Estírase a masa quebrada, pícase ben cun garfo e enfórnase a 190ºC ata que se torre lixeiramente.

2. A continuación, preparamos a crema pasteleira. Separamos unha cunca de leite e desfacemos nela o azucre e a fécula. E despois engadimos as xemas e o ovo e mesturamos ben. Por outra banda, fervemos o resto do leite cun chisco de canela en po, engadímoslle a mestura anterior e remexemos ben ata que espese. Deixamos arrefriar.

3. Sobre a base de masa quebrada, engadimos a cantidade de crema pasteleira que vexades conveniente, e poñemos por riba os figos cortados en cuartos.

4. Esparexemos azucre por riba dos figos e gratinamos no forno durante uns minutos. O do tempo depende moito de como vos guste de máis ou menos torrado. Eu como non son moi seareira da canela, non lle engadín máis, mais seguindo a receita orixinal, esparexede canela en po por riba. E listo!

Xa vedes que é unha receita moi sinxela e o sabor… mmmmm, incrible! Se vos gustan os figos tanto como a min, e a vosa figueira está tan a tope como a nosa,aproveitade esta estupenda receita!!! E se tedes algunha receita tan estupenda coma esta e queredes que a faga para o blogue e tódalas galegas e galegos poidan relamberse coas vosas receitas, non o dubidedes e escribídeme a kukinhas@kukinhas.com

_____________________________________________________

Fig tart

It’s been a while since I’ve asked all followers to send me some Galician traditional recipes to prepare our own data base of old recipes, and so these would never ever be lost! Xabier sent us 3 wonderful recipes, but as I’m a big fan of figs, this had to be the first one! First of all, thank him for having sent us these recipes and for letting me try this delicious fig tart! I absolutely love it!

Ingredients for 4 people:

– 200 gr shortcrust pastry
– homemade pastry cream: 500 ml milk, 3 egg yolks and 1 egg, 3 tbsp sugar and 2 tbsp cornstarch.
– 12/15 figs
– sugar
– cinnamon powder

Step by step preparation:

1. Roll the pastry over a round baking mould, pinch it with a fork and bake until golden brown.

2. Then, prepare the pastry cream. Take some milk of the 500 ml and stir in the sugar, cornstarch, egg yolks and egg. Then, boil the rest of the milk and add this mixture to it, stirring until it gets thick. Allow to cool.

3. Over the pastry base, add the pastry cream and then place the figs cut into quarters, or as you may prefer.

4. Top with some caster sugar and grill in the oven for a couple of minutes. The time will depend on how toasted you want them to be. As I’m not a big fan of cinnamon powder, I just didn’t add more, but the original recipe asks for some powder on top! And that’s it!

As you can see, in 4 simple steps, you’ll have this delicious fig tart available for you to enjoy from the first to the last bite! If your fig tree is as full of figs as it is ours, you can prepare this and many other fig recipes. But don’t lose this one! And if you have any recipe that you would like to share with us, please do! We will be more than welcome to prepare them and show the world! Send them to kukinhas@kukinhas.com

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.