Torta de cabaza e cabaciña / Pumpkin zucchini cake

Torta de cabaza e cabaciña

Se hai algo que me encanta é facer lambonadas con produtos da horta! Siii!!! 😀 E se xuntamos iso coas miñas ganas de experimentar, aínda resulta máis divertido! Aínda tiña pola casa unha cabaza do ano pasado e varias cabaciñas da colleita deste ano, así que pensei en facer unha torta con estes ingredientes. Xa probara a facer unha con cabaciña e o resultado foi espectacular, así que que podía saír mal? Pois todo! Xa sabedes que ás veces estes experimentos non saen como deberían, mais desta vez, todo foi estupendo! A torta ten un sabor e unha textura para relamber os dedos, e así con esas capas e o recheo de queixo…mmm…incrible!!! É unha das tortas máis sabedeiras que fixen nunca! Así que animádevos a divertirvos na cociña e xa veredes como o resultado fará que cada segundo empregado pague a pena! Imos aló!

Ingredientes para a torta:

– Ingredientes para dúas tortas nun molde de 20 cm.-

– 4 ovos
– 1 culleradiña de esencia de vainilla
– 1 belisco de sal
– 1 culleradiña de fermento químico
– 1 culleradiña de xenxibre en po
– 1 1/2 culleradiña de canela en po
– 1/2 culleradiña de noz moscada
– 2 culleradiñas de bicarbonato
– 225 ml de aceite de xirasol
– 150 gramos de azucre moreno
– 150 gramos de azucre branco
– 400 gramos de cabaciña relada (máis ou menos 2 cabaciñas)
– 250 gramos de puré de cabaza
– 400 gramos de fariña

Ingredientes para o recheo:

– 120 gramos de manteiga a temperatura ambiente
– 450 gramos de queixo de untar a temperatura ambiente
– 450 gramos de azucre en po

Molde: 20 cm

Preparación paso a paso:

1. Comezamos relando as cabaciñas. (Kukiconsello: cando acabes de relalas, apértaas ben coas mans par que solten toda a auga extra).

2. Cortamos a cabaza en anacos e poñémola a ‘cocer’ no microondas ata que estea ben branda e despois facemos un puré cun garfo.

3. Agora só temos que mesturar o puré de cabaza e a cabaciña relada co resto dos ingredientes da torta. Importante! Con esta masa, podemos facer dúas cousas: ou ben un pastel máis grande e alto cun molde máis grande, ou ben facer dous pequenos, como fixen eu, nun molde de 20 cm.

4. Engraxamos todo o molde con manteiga, recortamos un anaco de papel de forno, cubrimos a base e botamos manteiga de novo. Vertemos máis ou menos a metade da masa no molde e enfornamos a 175ºC durante uns 45 minutos. (Ou cando o escarvadentes saia limpo, coma sempre!)

5. Cando teñamos as dúas tortas listas (e frías! Podemos deixalas ata o día seguinte que non haberá problema) cortámoslle a parte que sobresae para que nos queden lisiñas, e cortamos tamén cada torta en dúas metades. Eu teño este aparello tan chulo para poder cortar os biscoitos e que queden perfectos 🙂

6. Para preparar o recheo, batemos a manteiga e a crema de queixo ata que a mestura estea ben cremosa.

7. Engadimos o azucre en po e seguimos batendo ata que estea todo ben mesturado.

8. Despois só temos que ir botando o recheo entre as capas de biscoito (a cantidade de recheo dá para botar abondo entre as capas, así que sede xenerosas). Eu deixei a base dunha das tortas como última capa de biscoito porque ao quedar por abaixo era a que estaba máis lisa.

9. Cubrimos o resto da torta coa crema de queixo e esparexemos anaquiños de torta da que lle cortamos antes. (Non se tira nadiña!) Refrixeramos durante un par de horas ata que o biscoito colla todo o sabor da crema de queixo. E listo!

Mirade que marabilla!!!

Se sodes seareiras da torta de cenoria ou da Red Velvet, eu apuntaría esta directamente no número un da lista! Está moi boa e o mellor de todo é que aguanta perfectamente varios días na neveira, de feito, ao día seguinte aínda está máis rica, pois deixamos máis tempo para que os sabores se mesturen. Poñédevos coas mans da masa e poderedes gozar desta incrible lambonada que ha gustar a todo o mundo!!!

__________________________________________________

Pumpkin zucchini cake

If there’s something I really love preparing is sweet treats using veggies I grow at home. Yeah! And if you put together this with my love for experimenting and trying new things in the kitchen, that would definitely be a happy day! I still had a pumpkin from last year (big!) harvest, and I knew that I had to do something with it right away! And zucchinis are now at their best, and I happen to have a lot as well! A very productive garden, you see 🙂 I was a little bit afraid (I have to admit it) the whole experiment went wrong, but the result was even beyond my already high expectations! Both the flavour and the texture are incredible, and if I’m honest, it’s one of the most delicious cake I’ve ever prepared, tried and eaten! So, get ready and prepare this delicious cake! You’ll never regret it!

Ingredients for the cake:

– Ingredients for two cakes made in a 20 cm / 8 inches mould.-

– 4 eggs
– 1 tsp vanilla essence
– 1 pinch of salt
– 1 tsp baking powder
– 1 tsp powdered ginger
– 1 1/2 tsp powdered cinnamon
– 1/2 tsp ground nutmeg
– 2 tsp baking soda
– 225 ml sunflower oil
– 150 gr brown sugar
– 150 gr caster sugar
– 400 gr grated zucchini (more or less 2 zucchinis)
– 250 gr pumpkin puree
– 400 plain flour

Ingredients for the cheese buttercream:

– 120 gr butter at room temperature
– 450 gr cream cheese at room temperature
– 450 gr powdered sugar

Mould: 20 cm

Step by step preparation:

1. Start by grating zucchinis (Kukitip: after grating zucchinis, squeeze them so you won’t have extra water).

2. Cut pumpkin into squares and cook them in the microwave until soft. Then, make a puree using a fork.

3. Now we just have to mix grated zucchini and pumpkin puree with the rest of the ingredients of the cake. Important! With this batter, we can do two things, either a super big cake using all batter, or two smaller ones, as I did.

4. Grease the mould with butter, cut a pice of baking sheet and cover the base of the mould, greasing the base again. Pour half the batter on it and bake at 175ºC/350ºF for around 45 minutes or until a toothpick inserted in the middle comes out clean.

5. When both cakes are ready and cold (you can even prepare them the day before), cut the top of the cakes, so they are straight on the surface and then, divide each cake into two halves.

6. To prepare the butter cream, beat butter and cream cheese until creamy and smooth.

7. Add powdered sugar and continue beating until well integrated.

8. Then, spread buttercream among the different layers.

9. Cover the whole cake with the buttercream and spread some cake crumbs on top. Refrigerate for a couple of hours. And that’s it!

So yummy!!!

If you love carrot cake or Red Velvet, this will be at the top of your favourite cakes list! It’s super delicious and you can have a super fresh cake for 4 or 5 days in the fridge, always ready for an attack! 😀 In fact, if you let the cake in the fridge for a day, it will be even more delicious! 🙂 Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *