Rolos de verán / Summer rolls

Rolos de verán

Chega o verán, o bo tempo, a calor, as vacacións e unha certa nugalla a poñerse coas mans na masa, especialmente á hora da cea. Ou iso polo menos é o que adoita pasarme a min. Estes rolos de verán son unha solución perfecta para comer saudábel sen ter romper moito a cachola. Non precisamos de moito tempo, nin de moita cociña, nin sequera temos que prender o lume se non queremos, podemos empregar as verduras ou froitas que máis nos gusten e variar a receita tantas veces como queiramos. E si, son moi sinxelos de facer, que aínda non o puxera, va que non? 🙂 Imos aló!

Ingredientes para 6 rolos:

– 200 gramos de cogomelos shiitake
– 2 cenorias
– leitugas variadas
– 100 gramos de gambas cocidas
– 1 aguacate
– 60 gramos de vermicelli ou fideos de arroz cocidos
– 6 obleas de arroz para roliños

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cocendo as gambas e os fideos de arroz e fritindo os shiitake. (Kukiconsello: se queredes que vos queden uns shiitakes súper saborosos, fritídeos en manteiga e cando xa estean a punto, apagades o lume, e botades un chisco de prebe de soia e unhas sementes de sésamo. Puro vicio!)

2. Mollamos a oblea en auga morna durante uns segundos ata que estea branda (moito ollo con enchoupala de máis, ou senón non se poderá pechar ben), colocámola sobre unha superficie plana e imos poñendo os ingredientes como máis nos gusten.

3. Despois só temos que pechar a oblea dobrando primeiro os laterais, a continuación a parte de abaixo e despois seguir enrolando.

4. Para acompañar, faremos un prebe mesturando soia, aceite de sésamo, e sementes de sésamo e listo!

Xa vedes que esta receita non ten dificultade ningunha e estas obleas de arroz facilitan moito o traballo. O prebe no que molledes os rolos pode variar moito, iso xa é cuestión de gustos. A soia sempre lle acae ben porque aporta un chisco de sal ás verduras. Desta vez non probei con froitas, mais kiwis, amorodos ou mangos son froitas que casan moi ben coas verduras. E se queredes que sexa un prato máis completo, eu probeinos con tofu e quédalle realmente ben. Bo proveito!

_________________________________________________

Summer rolls

As soon as summer, hot weather and holidays begin, I don’t know you, but I start to feel kind of lazy when having to cook, especially at dinner time! These summer rolls are the perfect solution to that lazy-problems 😉 You won’t need to spend a lot of time in the kitchen, you can even do them totally raw and you can use any fruit or veggie you have around and create as many recipes as you may think of. And if I haven’t convinced you yet, they’re super easy and, of course, tasty! Let’s go!

Ingredients for 6 summer rolls:

– 200 gr shiitake
– 2 carrots
– lettuce mix
– 100 gr boiled shrimps
– 1 avocado
– 60 gr vermicelli
– 6 rice paper wrappers

Step by step preparation:

1. Start by cooking shrimps, vermicelli and sauteing shiitakes. (Kukitip: If you want some super delicious shiitakes, saute them until fully cooked, then turn off heat, add a dash of soy sauce and some sesame seeds. Mix well! Yummy!)

2. Soften the wrapper in some lukewarm water, place it over a flat surface and place ingredients on it. Don’t over-soften the wrappers or you won’t be able to work with them.

3. Then, fold the wrapper starting by both sides, the bottom one and continue rolling until closed.

4. You can have these summer rolls with a mixture of soy sauce, sesame oil and sesame seeds. And that’s it!

You will need more time to read the recipe than to actually prepare it! The step by step is super simple and the result is tasty and healthy! You can dip it in any sauce you like, but I recommend this one because you get the salty flavour of the soy sauce. I haven’t tried fruits yet, but I’m sure strawberries, mangoes or kiwis will match perfectly. And if you want to try, I had one with tofu in a restaurant, and it was flavourful! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.