Torta de cabaza e cabaciña / Pumpkin zucchini cake

Torta de cabaza e cabaciña

Se hai algo que me encanta é facer lambonadas con produtos da horta! Siii!!! 😀 E se xuntamos iso coas miñas ganas de experimentar, aínda resulta máis divertido! Aínda tiña pola casa unha cabaza do ano pasado e varias cabaciñas da colleita deste ano, así que pensei en facer unha torta con estes ingredientes. Xa probara a facer unha con cabaciña e o resultado foi espectacular, así que que podía saír mal? Pois todo! Xa sabedes que ás veces estes experimentos non saen como deberían, mais desta vez, todo foi estupendo! A torta ten un sabor e unha textura para relamber os dedos, e así con esas capas e o recheo de queixo…mmm…incrible!!! É unha das tortas máis sabedeiras que fixen nunca! Así que animádevos a divertirvos na cociña e xa veredes como o resultado fará que cada segundo empregado pague a pena! Imos aló! Continue reading “Torta de cabaza e cabaciña / Pumpkin zucchini cake”

Rolos de verán / Summer rolls

Rolos de verán

Chega o verán, o bo tempo, a calor, as vacacións e unha certa nugalla a poñerse coas mans na masa, especialmente á hora da cea. Ou iso polo menos é o que adoita pasarme a min. Estes rolos de verán son unha solución perfecta para comer saudábel sen ter romper moito a cachola. Non precisamos de moito tempo, nin de moita cociña, nin sequera temos que prender o lume se non queremos, podemos empregar as verduras ou froitas que máis nos gusten e variar a receita tantas veces como queiramos. E si, son moi sinxelos de facer, que aínda non o puxera, va que non? 🙂 Imos aló! Continue reading “Rolos de verán / Summer rolls”