Ensalada de queixo de cabra e framboesa / Goat cheese and raspberries salad

Ensalada de queixo de cabra e framboesa

O tempo anda medio revolto, mais nestes días de calor, que xa tivemos abondo, apetece cociñar pratos fresquiños e as ensaladas son sempre moi socorridas. Ademais, pódense facer combinacións infinitas cos ingredientes que máis vos gusten, ou con aqueles que estean de tempada. Desta vez, fixemos un aliño moi especial para aproveitar a saborosísima marmelada de framboesas do Pazo de Vilane. O resultado, espectacular e a pinta incrible! Se vos gustan as ensaladas cun punto lambonciño, esta é a vosa 😉 Imos aló!

Ingredientes:

– leitugas variadas
– noces
– sementes de xirasol
– framboesas
– queixo de cabra e azucre integral de caña
Para o prebe:
– aceite de oliva
– marmelada de framboesa do Pazo de Vilane
– vinagre de Módena
– sal

Preparación paso a paso:

1. Primeiro, teremos que lavar a leituga, partila e escorrela ben para que non solte auga.

2. A continuación, engadimos o resto dos ingredientes: as noces en anacos, as sementes de xirasol e as framboesas.

3. Despois, colocamos o queixo de cabra, botámoslle o azucre por riba (Kukiconsello: a cantidade de azucre ten que ser pequena para que quede ben crocante, non pensedes que a mais cantidade, mellor queda, senón ao contrario) e queimamos o azucre co soprete para que quede ben acaramelado e crocante.

4. Por último, só nos queda preparar o aliño. As cantidades dependen do tamaño da ensalada ou do doce ou salgado que vos guste. Como sempre vos digo, experimentade ata que atopedes o sabor que vos namore. E listo!

O paso a paso é do máis sinxelo do mundo e o resultado é fantástico! A combinación queixo de cabra-marmelada de framboesas-froitos secos é unha das máis saborosas que probei nunca! Se estades cansos das ensaladas de sempre, non dubidedes en probar esta versión máis larpeira 😀 Bo proveito!!!
_____________________________________________________

Goat cheese and raspberries salad

Weather is being changeable along the last days, but to be honest, this has been one of the hottest years that I can think of. And this is why salads have become one of my favourite dish lately. There are plenty of combinations and you can use seasonal ingredients, which are always at their best! To dress this beautiful salad, we prepared a special raspberry dressing, which is super delicious!!! If you like salads and goat cheese, this one’s for you! Let’s go!

Ingredients:

– lettuce mix
– walnuts
– sunflower seeds
– raspberries
– goat cheese and organic cane sugar
For the dressing:
– olive oil
– raspberry jam from Pazo de Vilane
– Balsamic vinegar of Modena
– salt

Step by step preparation:

1. First, prepare lettuce, wash it and drain.

2. Then, add the rest of the ingredients: chopped walnuts, sunflower seeds and fresh raspberries.

3. After that, place goat cheese in the middle, top it with sugar (Kukitip: don’t add too much sugar, if you want to get a crunchier texture, add just a bit) and burn it with the cooking torch until crunchy and caramelized.

4. And last, we just need to prepare the dressing. Add the ingredients depending on your choice and taste until you get the desired flavour. And that’s it!

The step by step is as easy peasy and the result is spectacular! The combination of goat cheese-raspberry jam-nuts is one of the best ones ever!!! If you haven’t tried it yet, wait no more!!! And if you are tired of simple salads, this is absolutely flavourful!!! Enjoy! 😀

2 thoughts on “Ensalada de queixo de cabra e framboesa / Goat cheese and raspberries salad

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *