Croquetas de xamón / Ham croquettes

Croquetas de xamón

As croquetas son un prato que sempre triunfa e que a todos nos gusta!!! Tamén hai que recoñecer que non acaba de ser un dos pratos máis saudábeis, mais de cando en cando, pódese facer unha excepción 🙂 Como é un proceso que acostuma a levar algo de tempo, a mín gústame facer unhas cantas e despois conxelalas rebozadas, para telas sempre dispoñibles para un antolliño 😀 Despois só hai que fritilas e listo! E non, non perden nada de sabor! Desta vez, fixémolas de xamón cun rebozado máis especial, a que agardades para preparalas?

Ingredientes:

– 3 ou 4 culleradas de aceite de oliva
– 1/2 cebola
– fariña
– leite
– 200 gramos de xamón ibérico
– fariña, ovo e pan relado
– queixo parmesano picado

Preparación paso a paso:

1. Comezamos fritindo a cebola a baixa temperatura para que non nos quede torrada de máis, mais si brandiña e transparente.

2. Despois engadimos a fariña (as cantidades xa sabedes que dependen de canta bechamel queirades facer) e o leite. Recordade que é importante fritir un chisco a fariña para que despois non teñan as croquetas sabor a fariña.

3. Picamos o xamón e engadímolo á mestura anterior, mesturando e cocendo a lume baixo para que a bechamel colla o sabor do xamón.

4. A masa estará lista en canto a mestura se despegue ben da tixola.

5. Poñerémola a arrefriar, tapándoa cun plástico transparente para que non faga unha costra dura por riba.

6. Facemos boliñas, croquetas ou cadrados e pasámolos pola fariña, o ovo e o pan relado mesturado co parmesano relado.

7. Fritimos as croquetas nun recipiente alto con aceite ben quente para que se fagan ben e non rompan. Ademais, botaremos poucas croquetas á vez para que non baixe a temperatura do aceite e nos queden máis aceitosas e menos crocantes.

8. Cando xa estean listas, poñémolas sobre un papel absorbente e listo!

Que boas están as croquetas!!! Eu case case as comería tódolos días! Se seguides este paso a paso hanvos saír unhas croquetas moi cremosas! Se preferides, tamén podedes optar por fritir algo de xamón, non todo. Eu non o fago porque me gusta máis ao natural, mais iso xa a gustos. Penso que se fritides un pouco xunto coa cebola, poden saber as croquetas máis a xamón e quedar aínda máis saborosas! Ah! E se vos gusta, podedes engadir un pouco de noz moscada, quédalle moooi boa! 😀 Bo proveito!

______________________________________

Ham croquettes

Croquettes are a dish which always come in handy. I know it’s not a super healthy dish but making them at home does make a difference! As you usually need time to prepare it, it’s a good tip to prepare a good amount of them and then freeze and have them always ready! And don’t worry, they don’t lose neither flavour nor texture. And you just have to deep fry them as usual. We used a delicious extra ingredient for the coating, wait and see! Let’s go!

Ingredients:

– 3 or 4 tbsp olive oil
– 1/2 onion
– flour
– milk
– 200 gr Iberian ham
– flour, egg and panko
– ground Parmesan cheese

Step by step preparation:

1. Fry onion in olive oil at a low-medium temperature until it gets transparent and soft.

2. Then, add flour (you know quantities depend on the amount of croquettes you want to prepare) and milk. Remember it’s important to fry flour so they don’t have a floury flavour.

3. Chop ham and add it to the white sauce, mixing all and cooking for a while so it all gets a ham-y flavour.

4. The dough will be ready when you can take it off the pan easily.

5. Allow it to cool, covering with some plastic wrap so the top does not dry.

6. Shape balls or squares and coat in flour, egg, and panko with Parmesan cheese.

7. Deep fry croquettes in plenty of olive oil so they are all covered and o not break. Besides, fry two or three croquettes at a time so the temperature of the oil does not go down, and they get less oily and crunchier.

8. When fried, place them over paper towel and that’s it!

Croquettes are incredibly delicious!!! I would eat anytime, anywhere, anyplace! If you follow this simple step by step, you’ll get super creamy, smooth and crunchy croquettes with an amazing ham taste! If you want, you can as well fry some of the ham together with the onion, but don’t fry all of it or it will get drier. Oh! And if you like it, add some ground nutmeg…yum! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.