Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate / Zoodles with avocado

Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate

Adoitamos pensar que as receitas máis saudábeis sempre leva máis tempo facelas e, cando temos pouco tempo para cociñar, acabamos facendo un prato de pasta ou de arroz. Esta prato de espaguetes de cabaciña faise en moi pouco tempo, e se tedes algún aparello para cortar as cabaciñas en tiras aínda acabaredes máis axiña. Eu fun co coitelo e aínda así pouco tardei. A crema de aguacate fai que queden uns espaguetes moi cremosos e sabedeiros. Eu aproveitei os ingredientes que tiña de preparar mollo pesto, mais podedes botarlle coandro e non alfábega, ou non botarlle queixo parmesano, se non vos gusta. Iso xa é cuestión de experimentar. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 2 cabaciñas
– 2 aguacates
– follas de alfábega fresca
– queixo parmesano (parmesano vegano – receita aquí)
– sal e aceite de oliva virxe

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cortando as cabaciñas en tiras coma se foran espaguetes.

2. Nunha picadora, botamos o aguacate en anacos, unhas cantas follas de alfábega, uns anacos de parmesano, sal e aceite de oliva. Procurade que a crema de aguacate quede cun punto de sal porque ás cabaciñas non llo botaremos para que non solten auga e nos queden augados.

3. Botamos un chisco de aceite de oliva nos espaguetes e a continuación engadimos a crema e mesturamos ben. O mellor é poñerse coas mans na masa 😉

4. Esparexemos unhas sementes de sésamo e un pouco máis de parmesano por riba e listo!

Asi de sinxelo? Siii!!! Non hai nin que cocer as cabaciñas, nin fritilas nin nada. Cando o vaiades preparar, facede todo no momento para que os espaguetes de cabaciña non queden brandos e que a crema non se poña escura; xa sabedes que o aguacate decontado se pon rabudo 😉 Quedarán uns espaguetes moi crocantes cunha crema moooi suave! A mín encántame o contraste e a vós de seguro que vos namora, xa veredes! Saboroso, sinxelo e saudábel!!!

__________________________________________________________________

Zoodles with avocado sauce

We usually tend to think that we need to spend more time cooking healthy recipes, and so that’s why when we don’t have much time, we end up preparing some rice or pasta dish. However, these zoodles are really healthy and you don’t really need a lot of time to prepare it! And if you have a veggies spiralizer, even less! I cut them up with a knife and I prepared the whole recipe in less than 15 minutes! The avocado sauce makes these zoodles veeery smooth and creamy, and, of course, a delicious flavour! I used some ingredients I had used to prepare pesto, but you can use coriander, or other cheese to prepare your own version. So, let’s go!

Ingredients for 2:

– 2 zucchinis
– 2 avocados
– some fresh basil leaves
– parmesan cheese (vegan Parmesan – recipe here)
– salt and olive oil

Step by step preparation:

1. Spiralize or cut zucchinis as if they were spaghetti.

2. In a food processor, process the rest of the ingredients, trying to get the sauce a little bit salty because we won’t add any salt to zucchinis so they don’t get watery.

3. Give zoodles a dash of olive oil and mix zoodles and sauce. With your hands is even better! 🙂

4. Top the dish with more Parmesan (love it!) and some sesame seeds and that’s it!

As simple as that! No complications, just flavour! Raw zoodles are delicious! My recommendation is you prepare the whole dish right before eating it, so zucchini is crunchy and the sauce super smooth! I love the crunchy-smooth combination, and if it is so healthy as this dish is, even better!!! Enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *