Hamburguesa Italia / Italy burger

Hamburguesa Italia

Despois do éxito da Hamburguesa Kukinhas, tocaba experimentar con novos ingredientes para conseguir outra hamburguesa ben sabedeira. Para facela, empregamos ingredientes que todos asociamos coa cociña italiana e que casan todos moi ben! Ademais, ao preparar a hamburguesa, empregamos tamén especias cun toque italiano para que cada trabada nos trasladara por completo a Italia. Agardaba que o seu sabor fora incrible, mais o resultado aínda me sorprendeu máis! Con esta súper receita, nunca volveredes tomar unha hamburguesa aburrida cos ingredientes de sempre. E aínda hai máis receitas por vir!

Ingredientes:

– dúas hamburguesas caseiras de tenreira e porco (150 gramos)
– alfábega fresca
– pesto caseiro (receita aquí)
– mozzarella
– tomates
– pan para hamburguesa

Preparación paso a paso:

1. A hamburguesa é caseira, por suposto, e esta fixémola mesturando solombo de porco e de tenreira. Para adobala, engadimos unha mestura de especias de Italia que levaba pemento deshidratado, tomate seco, allo, ourego e cebola, entre outros.

2. A continuación, preparamos o mollo pesto. Fixémolo con pistachos, coma sempre, mais sen tanto aceite para que quedara máis sólido. E untámolo sobre a base do pan, que torramos un pouco previamente.

3. Despois cociñamos as hamburguesas.

4. E cando xa están case case a punto, poñémoslle unha rodela de mozzarella para que se vaia desfacendo o queixo.

5. Poñemos a hamburguesa coa mozzarella enriba do pesto.

6. Engadimos dúas rodelas de tomate.

7. Dúas follas de alfábega e listo!

Non vos podo dicir máis que que a fagades e a probedes porque non hai palabras para describir tal sabor!!! De verdade que en canto a probedes, ficaredes namorados! Cando pensamos os ingredientes, non me imaxinei que xuntos ían quedar taaan ben e que esta hamburguesa pasaría a ser unha das miñas favoritas. Bulide e probade esta marabilla!

_____________________________________________________

Italy burger

After the success of the first burger recipe (Kukinhas burger), we had to prepare a new one trying different ingredients to get this Italian version! To make it, we will be using some of the most typical ingredients of Italy and those we instantly associate with it. Besides, to prepare the burger, we will use as well some delicious spices! The truth is that I love all the ingredients separately, but I must confess I like the final result even more! Stop preparing those hamburgers with the same ingredients, and get ready to prepare this new one!

Ingredients:

– 2 homemade beef and pork burgers (150 grams)
– fresh basil
– homemade pesto (recipe here)
– mozzarella
– tomatoes
– burger buns

Step by step preparation:

1. The burger is homemade, obviously, and we prepared this one by mixing beef and pork tenderloin. To marinade, I used some Italian seasoning which had dry tomato and pepper, garlic, oregano and onion, among others.

2. Then, prepare the pesto. We used pistachios and we used less oil than usual to have a thicker paste. Spread it over the bun, already toasted.

3. Cook the burgers.

4. And when they’re almost ready, put the mozzarella slice on top so it melts easily.

5. Place the burger on top of pesto.

6. Add two tomato slices.

7. And two fresh basil leaves. And that’s it!

The best thing I can tell you about this burger is that you should definitely prepare it right away! If you love these Italian ingredients, get them all ready and prepare this delicious burger! As soon as you give it the first bite, you are going to fall for it! Wait no more and prepare this piece of heaven!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *