Apfelkiechle

Apfelkiechle ou chulas de mazá

E aquí estamos de novo cunha súper receita desas que me contan para que poña no blogue! (Si, teño xente así de estupenda ao meu carón!) Semella ser que é unha receita típica da Alsacia e que o seu nome é de orixe alemá (por iso de que Alsacia formou parte de Alemaña) Apfelkiechle vén de Apfel que sería mazá e kiechle algo así como filloa. Aquí tamén as facemos e chamámoslles chulas de mazá, ou fritos de mazá, dependendo da zona (e aínda haberá máis nomes que non sei!) O caso é que estas receitas de toda a vida, para min, adoitan ser moi sinxelas, rápidas e cun resultado espectacular. E o mellor de todo é que saben de vicio!!! Imos aló!

Ingredientes para unhas 20 chulas:

– 250 ml de leite
– 300 gramos de fariña
– 3 ovos
– reladura dunha lima
– 1 cullerada de azucre integral de caña
– 1 cullerada de ron (o meu era especial mojitos)
– 1 chisco de sal
– 3 ou 4 mazás xeitosas
– canela e azucre en po para botar por riba

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes (agás mazas, canela e azucre en po) ata conseguir unha masa espesa.

2. Deixamos que a masa repouse e mentres preparamos as mazás. Mondámolas, sacámoslles as pebidas e cortamos en rodelas, deixando o furadiño no medio coma se foran rosquillas.

3. Pasamos as mazás pola mestura.

4. E fritimos en abundante aceite ben quente. Recordade non poñer de máis para que non baixe a temperatura do aceite e queden no seu punto.

5. Mesturamos o azucre en po e a canela e cun coador botámolo por riba das nosas apfelkiechle. E listo!

Eu, que non son moi amante da canela, recoñezo que casa realmente ben co sabor das mazás. Non é unha receita espectacular, e xa vedes que leva moi pouquiño tempo preparala, mais son verdadeiramente aditivas. Non poderedes comer só unha!!! A masa ten un sabor lixeiro e nada graxento, nin esconde en ningún momento o sabor da mazá. En canto ás mazás, collede unhas que teñan un punto acedo, pois así contrastaran máis co doce e quedarán moito mellor, mais iso xa a gustos! Recén feitas, coma sempre, é como mellor están, mais xa vos digo que entran ben a calquera hora e de calquera maneira. Que boas están!!! Non agardedes máis, eu xa as vou volver facer, e vós?

____________________________________________________________

Apfelkiechle

And here we are again with a super recipe which I was told to post it up here in my blog. (Yes, I’m that lucky!!!) It looks like this is a traditional recipe from Alsace and hence the German name of the recipe. Does this make any sense? Yes, it does. The Alsace was German a long time ago 😉 The name comes from the words apfel, which means apple and kiechle which means crepe. In Galiza, we call them chulas de mazá, and in English you may know them as apple fritters. The thing is these ones look like donuts and taste much better! As it is a traditional recipe it has everything a recipe needs to be successful: quick, simple and delicious! Let’s go!

Ingredients for around 20:

– 250 ml milk
– 300 gr plain flour
– 3 eggs
– 1 lime zest
– 1 tsp cane sugar
– 1 tsp rum (mine was mojito edition!)
– 1 pinch of salt
– 3 or 4 beautiful apples
– powdered cinnamon and sugar

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients (except apples, cinnamon and powdered sugar) and whisk until you get a thick batter.

2. Allow to settle while you prepare the apples. Peel, take seeds out and cut as if they were donuts.

3. Dip apple slices in the batter.

4. And fry in plenty of hot olive oil. Remember not to fry too many at the same time because the temperature of the oil may go down and they will be more oily.

5. Mix sugar and cinnamon and dust the apfelkiechle. And that’s it!

I am not a big fan of cinnamon, but I can admit that it matches really well with apples, so even if you don’t like it, please, give it a try! It’s not an incredible modern recipe which is made to impress, but I am sure everybody will love it because of its flavour, and, in the end, that’s all that matters in a recipe. When choosing the apples, choose those which have a more acid flavour so it contrasts more with the sweetness of sugar and cinnamon. I like them just as soon as they come out of the pan, but you can as well eat them cold. I am preparing them again this week, because they are addictive, and so you should! 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *