Tortiñas con arandos / Blueberry pancakes

Tortiñas con arandos

Gústame moito facer tortiñas pola mañá durante as fins de semana. Son unha boa alternativa a outras lambonadas, enchen o bandullo, e non teñen por que ser pouco saudábeis. De feito, aquí no blogue xa temos unhas cantas que están moi boas e non levan nin azucre, nin fariñas, nin manteigas… Desta vez, tampouco levan fariña, mais si arandos, que lle quedan de vicio! E algún que outro ingrediente segredo que fai que teñan un sabor estupendo, sen ter que sacrificar moito a saúde 😉 Imos aló! Continue reading “Tortiñas con arandos / Blueberry pancakes”

Viaxe gastronómica – NAVARRA – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: NAVARRA

Navarra é un paraíso natural, tinguida de verde, con recunchos cheos de historia e sitios de bo comer. Aquí explicareivos un pequeno itinerario para facer por Navarra, sempre facendo fincapé no aspecto gastronómico, que para iso estamos. Pasaremos por Iruña, Urdax e Lizarra, tres sitios moi fermosos e onde se pode lambonear de moitas maneiras. As propostas gastronómicas son moi distintas e para tódolos petos, sempre procurando probar pratos e produtos típicos. Comezamos a nosa viaxe gastronómica por Navarra. Imos aló! Continue reading “Viaxe gastronómica – NAVARRA – Gastronomic trip”

Apfelkiechle

Apfelkiechle ou chulas de mazá

E aquí estamos de novo cunha súper receita desas que me contan para que poña no blogue! (Si, teño xente así de estupenda ao meu carón!) Semella ser que é unha receita típica da Alsacia e que o seu nome é de orixe alemá (por iso de que Alsacia formou parte de Alemaña) Apfelkiechle vén de Apfel que sería mazá e kiechle algo así como filloa. Aquí tamén as facemos e chamámoslles chulas de mazá, ou fritos de mazá, dependendo da zona (e aínda haberá máis nomes que non sei!) O caso é que estas receitas de toda a vida, para min, adoitan ser moi sinxelas, rápidas e cun resultado espectacular. E o mellor de todo é que saben de vicio!!! Imos aló! Continue reading “Apfelkiechle”

Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse

Mousse de chocolate con leite

Esta súper receita de mousse de chocolate con leite só leva dous ingredientes! E non, non leva nin ovo, nin fariña, nin azucre engadido. De feito, eu que estaba algo lambona o día que a fixen, empreguei chocolate con leite, mais se queredes, podedes facela perfectamente con chocolate negro sen azucre e aínda será máis saudábel. A textura xa vedes que é hiper esponxosa e cremosa, cun sabor intenso e unha sensación no padal como se lle deramos unha trabada a un anaquiño de nube. Ademais, é unha receita apta para veganos, ou intolerantes ao ovo ou á fariña. Tampouco leva aceites nin manteigas. Vaia, que é a receita de mousse perfecta e si, só dous ingredientes. E un xa o sabedes, cal pode ser o outro? Non agardes máis para sabelo! Continue reading “Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse”