Hamburguesa Kukinhas / Kukinhas burger

Hamburguesa Kukinhas

Recoñezo que aínda lle dei unhas cantas voltas a isto do nome da receita de hamburguesa. E xa, xa sei que non quedou moi orixinal, mais como non sabía xa que poñerlle, púxenlle o nome do blogue e listo! Gústame moito preparar receitas de hamburguesas diferentes. Non son moi do pan de hamburguesa, todo queda dito, e se vos pasa coma min, mercade unhas boas boliñas de pan do país que sempre lle dan un toque rústico, un incrible sabor e aguanta moito máis, moi importante para que a nosa hamburguesa non acabe desfeita por todo o prato. Non é que as hamburguesas sexan un prato moi saudábel, mais tampouco é que sexan o peor de peor, sobre todo se as facemos na casa. Desta vez, botei unha ollada pola neveira e aquí está o resultado. Penso repetir, así que non foi mal de todo o experimento! Imos aló!

Ingredientes para 2 hamburguesas:

– 1 aguacate
aros de cebola (1 cebola)
– 6 tiras de touciño
– leituga
– prebe picante
– queixo mozzarella
– hamburguesa caseira 100% tenreira (receita con queixo aquí)
– 2 boliñas de pan ou pan de hamburguesa

Preparación paso a paso:

1. Primeiro comezamos cos aros de cebola. A receita está aquí.

2. Despois, nunha picadora, botamos o aguacate cortado e picamos ata que teñamos unha crema de aguacate moooi cremosa. Salgamos.

3. Poñemos as tiras de touciño (sen nada de aceite) na tixola a lume lento para que non se torre demais e sacámolas cando xa estean no seu punto.

4. Fritimos as hamburguesas de tenreira na mesma tixola ata que queden ben torradas e cando xa estean feitas, engadimos o queixo para que quede ben desfeito.

5. Abrimos as bolas de pan e torrámolas. Kukiconsello: se torramos o pan na mesma tixola onde fixemos o touciño e as hamburguesas o seu sabor será delicioso.

6. Agora só queda montar a hamburguesa. Comezamos untando a crema de aguacate sobre o pan, poñemos a leituga, a carne co queixo, o touciño, os aros de cebola e a outra rebanda de pan co prebe picante.

E listo!

Se nunca probastes a poñer aros de cebola na hamburguesa, por favor, probádeo xa!!! Dálle un sabor, unha textura…mmm…incrible! E o mesmo pasa coa crema de aguacate. Un toque fresco na hamburguesa sempre queda ben e así compensamos o sabor máis picante do prebe. E o mellor de todo, o pan! Non hai nada como tomar unha hamburguesa cun bo pan de bola. 100% recomendado!!! Esta era a primeira vez que probaba a mesturar estes ingredientes e facer esta hamburguesa kukinhas, mais non ha ser a última! Se vos gustan as hamburguesas e xa non sabedes como preparalas, probade esta saborosa receita q habedes conquistar aos padais máis esixentes.

________________________________________________________

Kukinhas burger

I must admit this name was not my first option, but I didn’t know how to call a burger recipe which I wanted to prepare using ingredients I like and mixing them all, so I thought that the best option was to give it the blog name and make this my own burger! I’m not a big fan of burger buns (except homemade ones) and so this time I decided to use rustic buns. They are more flavourful and you can put all the ingredients you want and it won’t end up all on your plate, table, clothes… 🙂 I know this is not the healthiest dish in the world, but making homemade burger does make a difference! And if you prepare this one, you will know how right I am. Let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 avocado
onion rings (1 cebola)
– 6 bacon strips
– lettuce
– brava sauce (salsa brava)
– mozzarella cheese
– beef burger (with cheese recipe here)
– 2 rustic buns

Step by step preparation:

1. First, we prepare the onion rings. You can the recipe here.

2. Then, in a food processor, process avocado until very creamy and smooth. Add salt.

3. Place bacon strips in a frying pan (with no oil) at a low-medium heat until they’re beautifully toasted.

4. Fry burgers in the same pan until toasted and add cheese on top to melt.

5. Open and toast buns. Kukitip: toast bread in the same pan you did bacon and burger and its flavour will be delicious!

6. And now we just have to get our burger ready. Spread avocado cream on top of the bun, add lettuce, meat with cheese, bacon, onion rings and the other bun with brava sauce.

And that’s it!

If you’ve never tried onion rings in your burger before, do it! Wait no more!!! It tastes so good! And I have to tell you the same with the avocado cream. A fresh touch in a burger is always necessary and it is a good contrast to the spicy brava sauce. And last, but not least, the bread! If you don’t have time to prepare homemade burger buns, try your favourite burger recipe with some rustic buns and you’ll see that the flavour changes a lot! If you are a burger fan, you should include the Kukinhas burger on the list of your favourite burger recipes! I already did and I’m super happy with the result! Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *