Bakewell Tart

Bakewell Tart

Esta torta coñecina de pura casualidade vendo un día a tele despois de comer. Botaban un programa de cociña de Jamie Oliver no que viaxaba por distintas partes de Inglaterra falando sobre os produtos típicos da rexión e elaborando receitas con eles. Cando vin esta receita da Bakewell Tart, foi amor a primeira vista e fun apuntando algúns dos seus ingredientes para despois facer a miña propia versión. Como a min me gustan moito os amorodos e agora xa empezan a asomar, decidín usalos nesta torta, mais calquera outro froito vermello halle quedar ben. Despois de facela, creo que se lle podería reducir a cantidade de azucre tranquilamente, así que se queredes facer unha versión máis saudábel estou segura de que estará moi boa de tódalas maneiras. Non vos asustedes ao ver moitos ingredientes, que se fai moi rápido e cada día está máis saborosa!!! Imos aló!

Ingredientes:

– 1 masa de pasta brisa para tortas
– 500 gramos de amorodos
– 150 gramos de azucre integral de caña
– 2 laranxas
– 100 gramos de abelás crúas
– 100 gramos de noces crus
– 250 gramos de manteiga sen sal
– 250 gramos de azucre
– 1 limón
– 1 laranxa
– 3 ovos
– 60 gramos de fariña

Para o glaseado:

– zume de 1 laranxa
– zume de 1 limón
– azucre en po

*Molde para tortas ou quiches

Preparación paso a paso:

1. Primeiro, comezamos colocando a masa no molde e picándoa co garfo.

2. Despois enfornamos a masa (sen nada máis) durante uns 15 minutos a 180ºC ou ata que teña unha lixeira cor dourada. Reservamos.

3. A continuación, preparamos unha marmelada de amorodo. Para iso, poñemos ao lume os amorodos lavados e cortados en anacos pequenos, o azucre integral de caña, o zume das laranxas e maila súa reladura.

4. Deixamos que ferva a lume non moi alto durante 15 minutos ata que teña xa pinta de marmelada. Apagamos o lume e deixamos que arrefríe.

5. Por outra banda, nunha picadora, picamos os froitos secos e o azucre ata que estean ben finiños e imos engadindo a manteiga en cubiños e ‘picando’ ata que estea todo ben integrado.

6. Por último, botamos tamén os ovos, de un en un, a reladura do limón e da laranxa e a fariña. (O zume destas dúas froitas empregarémolo despois).

7. Sobre a masa que xa tiñamos previamente enfornada, botamos a marmelada de amorodo.

8. E por riba (ata cubrir toda a superficie) botamos a mestura de froitos secos. Podemos deixar un chisco de marmelada para decorar a torta por riba.

9. Enfornamos a 180º durante uns 40 minutos ou ata que por riba vexamos que ten unha bonita cor dourada.

10. Deixamos que arrefríe e imos preparando o glaseado que lle botaremos por riba. Só temos que mesturar os zumes co azucre en po ata que teña unha cor branca e unha textura máis espesa.

11. Botamos o glaseado por riba da torta cortada en trianguliños e listo!

É unha torta moi larpeira e cun sabor a amorodos e froitos secos impresionante! Ademais, co paso do tempo aínda vai gañando en sabor, polo que a miña recomendación é que a deixedes na neveira ata o día seguinte e despois lle metades o dente. Está de vicio!!! Eu, que nunca a probara antes, teño que admitir que me encantou o seu sabor, o contraste entre a masa crocante e o recheo moooi suave e o sabor a froita, que me chifla! O glaseado quédalle moi ben, sobre todo o saboriño a limón…mmmm! Eu penso repetir e ao mellor probo coas framboesas, que son as miñas segundas favoritas 😉 Bo proveito!

__________________________________________________

Bakewell Tart

I discovered this tart not long ago watching TV after lunch. It was a program in which Jamie Oliver travelled around England discovering their typical products and cooking with them. When I saw this recipe for the first time, I knew I had to prepare this Bakewell Tart, so I got my phone and I started to type the ingredients so I could get an idea of what it takes to do it and then prepare my own version of it. As we are in strawberry season and they’re now at their best point, I decided to prepare this tart with them, but it will be as delicious with any other berry. You can even prepare a healthier version of it by adding less sugar. Don’t be scared to see so many ingredients, you’ll prepare it really quick and the steps are very simple. And oh my god its flavour!!! It’s delicious!!! Let’s go!

Ingredients:

– 1 disk of shortcrust pastry
– 500 gr strawberries
– 150 gr cane sugar
– 2 oranges
– 100 gr raw hazelnuts
– 100 gr raw walnuts
– 250 gr unsalted butter
– 250 gr sugar
– 1 lemon
– 1 orange
– 3 eggs
– 60 gr flour

For the icing:

– 1 orange juice
– 1 lemon juice
– powdered sugar

*Quiche or tart mould

Step by step preparation:

1. First, place the dough in the mould and pinch it with a fork.

2. Then, bake the pastry for around 15 minutes at 180ºC/356ºF or until it gets a light golden colour. Keep for later.

3. Now it’s time to prepare the jam. In a pan, add chopped strawberries, cane sugar, orange juice and orange zest.

4. Let it simmer for 15 minutes until it gets a jam-y texture. Turn heat off and allow to cool.

5. On the other hand, in a food processor, process nuts and sugar until really fine, and add butter in cubes until it all looks creamy and integrated.

6. Add eggs one by one, lemon and orange zest and flour. (We’ll use the juices of orange and lemon for the icing).

7. Pour the homemade jam over the pastry.

8. And spread the nuts cream on top until you cover the whole tart. We can keep some jam for later to make it more beautiful.

9. Bake at 180ºC/356ºF for approx. 40 minutes or until it gets a beautifully golden colour on top.

10. Allow to cool while we prepare the icing. Mix lemon juice and orange juice, and add powdered sugar until the mixture is thick and white.

11. Drizzle the icing on top of tart slices and that’s it!

This is a really flavourful tart!!! Besides, all along the days, the flavour will be more intense and delicious, so my recommendation is that you keep it in the fridge until the next day, so the flavours get all mixed together. I’ve never tried them before and the truth is now it’s one of my favourite tarts forever!!! The contrast of the crunchy pastry and the super smooth filling, and the fruity flavour is something you’ll easily die for. And about the icing…it’s not compulsory, but highly recommended, the lemon flavour matches perfectly with the strawberry flavour. I’m preparing it again with raspberries! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.