Magdalenas XXL / XXL muffins

Magdalenas XXL

Xa había tempo que non tocaba unha receita de magdalenas, non si? A min é unha lambonada que me gusta moito! Son xeitosas para poder levalas ao traballo, ao recreo, para merendar, para almorzar, de sobremesa…e se son caseiras coma estas, sempre moito mellor! Non sei se a vós vos pasou algunha vez, mais a min seeempre me pasaba. Cando ía a algunha cafetería, pastelaría, e pedía unha magdalena, pensaba: e por que a min non me sairá así de gordiñas e altas? Primeiro comecei por mercar uns moldes iguais, e despois a facer probas, probas e probas ata dar coa receita definitiva! E aquí está!!! Coma sempre, pódense variar ingredientes para darlles distintos sabores, ou recheos. Imos aló! Continue reading “Magdalenas XXL / XXL muffins”

Rolos de pizza / Pizza wheels

Rolos de pizza

Xa había tempo que vira milleiros de receitas destes rolos de pizza e a verdade é que quería preparalos si ou si. Mais tamén teño que confesar que eu pensaba que o sabor ía ser moito máis semellante ao da pizza e non me ía sorprender demasiado. E foi todo o contrario!!! Quedan moi suaves, esponxosos, cremosos…bufff!!! Se erades un chiso escépticas coma min, facédeme caso e probade estes rolos de pizza! Son espectaculares! E iso de comelos así coas mans sen queimarse nin nada é unha gozada!!! En canto aos ingredientes, engadide aqueles polos que máis devezades. Eu hoxe fun ao seguro e non fallei 😉 Imos aló! Continue reading “Rolos de pizza / Pizza wheels”

Hamburguesa Kukinhas / Kukinhas burger

Hamburguesa Kukinhas

Recoñezo que aínda lle dei unhas cantas voltas a isto do nome da receita de hamburguesa. E xa, xa sei que non quedou moi orixinal, mais como non sabía xa que poñerlle, púxenlle o nome do blogue e listo! Gústame moito preparar receitas de hamburguesas diferentes. Non son moi do pan de hamburguesa, todo queda dito, e se vos pasa coma min, mercade unhas boas boliñas de pan do país que sempre lle dan un toque rústico, un incrible sabor e aguanta moito máis, moi importante para que a nosa hamburguesa non acabe desfeita por todo o prato. Non é que as hamburguesas sexan un prato moi saudábel, mais tampouco é que sexan o peor de peor, sobre todo se as facemos na casa. Desta vez, botei unha ollada pola neveira e aquí está o resultado. Penso repetir, así que non foi mal de todo o experimento! Imos aló! Continue reading “Hamburguesa Kukinhas / Kukinhas burger”

Bakewell Tart

Bakewell Tart

Esta torta coñecina de pura casualidade vendo un día a tele despois de comer. Botaban un programa de cociña de Jamie Oliver no que viaxaba por distintas partes de Inglaterra falando sobre os produtos típicos da rexión e elaborando receitas con eles. Cando vin esta receita da Bakewell Tart, foi amor a primeira vista e fun apuntando algúns dos seus ingredientes para despois facer a miña propia versión. Como a min me gustan moito os amorodos e agora xa empezan a asomar, decidín usalos nesta torta, mais calquera outro froito vermello halle quedar ben. Despois de facela, creo que se lle podería reducir a cantidade de azucre tranquilamente, así que se queredes facer unha versión máis saudábel estou segura de que estará moi boa de tódalas maneiras. Non vos asustedes ao ver moitos ingredientes, que se fai moi rápido e cada día está máis saborosa!!! Imos aló! Continue reading “Bakewell Tart”

Croquetas de rixóns e queixo / Pressed cracklings and cheese croquettes

Croquetas de rixóns e queixo

Encántanme os rixóns!!! E a miña tía fainos taaan ben! Os rixóns son destas cousas que hai que facer con tempo e con cariño para que saian ben. E estes rixóns, de tempo, paciencia e agarimo é do que máis levan. Para min son os máis saborosos do mundo e o certo é que nunca probei outros que me souberan tan ben. A mín gústanme de moitas maneiras, na pizza, coas filloas, cun anaco de pan ou así, sen nada máis. Desta vez, quixen probar a facelos en croquetas cun anaco de queixo e a verdade é que o resultado é impresionante! Unhas croquetas cun sabor intenso, e cunha textura crocante por fóra e súper suave por dentro! Sen máis lío, imos aló! Continue reading “Croquetas de rixóns e queixo / Pressed cracklings and cheese croquettes”