Flores de Entroido / Carnival flowers

Flores de Entroido

Repasando tódalas lambetadas típicas de Entroido que xa tiña feitas, decateime de que poucas me quedaban por facer (e mira que hai abondo!) Unha delas son estas flores. A miña nai contoume que na súa casa facíanas cando era pequena. Normalmente acostumaban a facer as follas de limoeiro, mais de vez en cando, tamén empregaban este molde tan curioso que fai estas flores que teñen un sabor entre as follas de limoeiro e as orellas. A receita non ten ciencia ningunha e os ingredientes son deses que sempre temos pola casa. O máis complicado da receita é conseguir o molde, e nesta época xa se comezan a ver polas tendas. Ou se non, sempre o podedes pedir emprestado, que así foi como fixen eu 😀 Imos aló!

Ingredientes para 1 ducia de flores:

– 6 ovos
– 100 ml de leite
– 200 gramos de fariña
– 1 chorro de anís
– reladura dun limón
– azucre en po

– molde de flor

Preparación paso a paso:

1. Batemos os ovos. (Kukiconsello: mesturade os ingredientes nun molde alto para que despois sexa máis sinxelo mollar o molde).

2. Engadimos o resto dos ingredientes e batemos ata que estean ben mesturados.

3. Nun cazo ou nunha tixola, poñemos aceite ata que cubra o noso molde de flor por completo e deixámolo no aceite ata que tanto o aceite como o molde estean ben quentes. Isto faise para que a masa se pegue ben ao molde e saian unhas flores perfectas.

4. En canto estea quente, mollámolo no masa (deixando sempre un anaquiño sen mollar para que despois se solte a flor) e introducímolo con moito tino no aceite. En canto estea medio feita a flor, iremos procurando que caia do molde. Para facelo, ou ben lle damos uns lixeiros toques cun garfo ou ben facemos uns lixeiros movementos co molde para que se despegue. (Kukiconsello: pode ser que entre flor e flor, a forma arrefríe, polo que o mellor é volver meter a forma no aceite para que estea ben quente de novo).

5. Deixamos a flor sobre un papel absorbente e esparexemos azucre en po. E listo!

Para ser unha receita tan lambona, tradicional e de Entroido faise moooi rápido! Non hai que amasar, nin que darlle a volta, nin nada. Só mollar e fritir! Así apúntase calquera a preparalas, verdade? A min gústanme máis cando están frías, mais iso xa a gustos. O bo que teñen é que se poden separar en pequenos corazóns para mollalos no café ou no chocolate. SABOROSÍSIMO!!!

___________________________________________

Carnival Flowers

Going through all the Carnival recipes I already have on the blog, I realized I haven’t prepared these super cute and delicious flowers my mum used to prepare when she was little. She told me the little ones prepared flowers and sweet lemon tree leaves and they were in charge of soaking the leaves in the batter. This recipe is very simple and the ingredients are really easy to find. Regarding the flavour, I would say it’s like sweet lemon tree leaves and Carnival sweet ears. I love Carnival recipes and this one is delicious and lovely!!!

Ingredients fr around a dozen flowers:

– 6 eggs
– 100 ml milk
– 200 gr flour
– 1 dash anise
– 1 lemon zest
– powdered sugar

– flower shape

Step by step preparation:

1. Whisk eggs. (Kukitip: prepare the batter in a small but tall bowls so then it’s easier to soak in the flower shape).

2. Add in the rest of the ingredients and whisk again until all integrated.

3. In a frying pan, pour enough oil to cover the flower and heat it in the oil until really hot, both the oil and the flower shape. We need to do it so the batter sticks to the shape and the flowers are perfect.

4. As soon as all’s ready, soak the flower into the batter (don’t cover the whole flower, leave some uncovered at the top, so the batter can then be easily removed) and introduce it into the hot oil. When the flower is almost cooked, try to take it out of the shape, either by shaking the flower a bit until it falls or by pinching the flower very carefully with a fork. (Kukitip: between one flower and the next, the shape may get cold and so the batter won’t stick. Try to put it back into the oil before soaking it again).

5. Place the flower over a kitchen towel and sprinkle powdered sugar on top. And that’s it!

Though it is a super delicious, traditional and cute recipe, you don’t need much time to prepare it! No need to knead or wait some time for the batter to be ready, just soak and fry. As simple as that! I like them cold, and you can separate them into little hearts and soak them in hot coffee or hot chocolate. Yummy!!!

4 Comments

  1. Que casualidade, témola programada para a semana que vén ! Porque nós tamén a tíñamos pendente, haha! Teñen unha pinta boísima

  2. Qué lembranzas! A miña nai facía estas florciñas cuando eu era pequena, pero non só no Entroido, senón todo o ano! Qué boas estaban…
    Lémbrome do ferro ese para facer a forma da flor na sartén, parecíame algo totalmente máxico! Eu quería participar pero lóxicamente, como boa nai precavida, ela non me deixaba tocar o ferro jajaja
    Unha aperta!

    • As nais, coma sempre, coidando de nós 😀 A min tamén me encantan! Son unha das sobremesas máis bonitiñas que coñezo e saben taaan ben!!! Nunca as fixera na casa e, de feito, pedín o ferro prestado, mais mola moito ver como se van facendo na tixola hehehe. Moitas grazas polo comentario, Eva, e alégrome de que a receita che trouxera lembranzas da infancia!!! Apertas!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.