Bicos de chocolate / Chocolate kisses

Bicos de chocolate

Tódolos anos que chega o Día dos Namorados escribo o mesmo, mais desta vez non vou dicir o de sempre, non vou dicir que o día dos namorados debía ser tódolos días, que non hai que mercar algo porque toca e punto…mais si que direi que calquera desculpa vale para preparar lambonadas, e, se pode ser en parella, mellor! Que vos parece? Estes bicos de chocolate son moi sinxelos de facer e as combinacións son infinitas. Só hai que gardar un minutiños do día para cociñar xuntos e cociñar bicos de chocolate e bicos de amor. Imos aló!

Ingredientes:

– chocolate branco
– chocolate negro
– galleta, limón, lima, alfábega, colorante alimentario, pistachos, té verde matcha…
– molde para bicos e paus

Preparación paso a paso:

1. Preparamos o molde poñendo os paus e engadindo en cada beizo os ingredientes que queiramos que queden pegados: os pistachos picados, a galleta picada, os fideos de colores, o té verde…

2. Derretemos os chocolates. O chocolate convén temperalo, mais para iso hai que andar pendente de comprobar a temperatura e iso é un pouco rollo, a verdade. Para temperalo sen ter que rompernos moito a cabeza, derretemos mais da metade da cantidade total de chocolate (por exemplo: se temos 200 gramos, derretemos no microondas 125/150 gramos) e cando xa estea totalmente desfeito, engadimos os outros anacos e deixamos que se derretan coa calor que xa hai no cunco. Desta maneira, a temperatura do chocolate baixará e xa o teremos a punto! 🙂

3. Mesturamos o chocolate coa crema de augardente, o limón, a lima e a alfábega, o té verde, o colorante, o doce de leite…ou todo aquilo que queirades botar. O mellor é ir mesturando 1 cullerada de chocolate e os ingredientes que queiramos nun pequeno cunco e despois botándoo no molde para poder facer cada unha dun sabor/color.

4. Deixamos que arrefríe na neveira durante unhas horas e listo!

Ademais de gozar do sabor chocolateiro destes bicos, tamén pasaredes un bo tempo poñendo ‘morriños’ e botando unhas risas, que sempre é algo saudábel e moi importante no Día dos Namorados e tódolos días do ano!!! E se non tedes un molde para facer bicos, podedes facelo en calquera molde que teñades a man! A verdade é que neste quedan moi ben e non costa nada sacalos do molde. Ademais de bicos de chocolate, tamén se poden facer de caramelo, de xelatina de froitas…mesturando chocolates ou facelos recheos. De feito, un dos que fixen era de chocolate negro recheo de doce de leite. Probade e xa veredes que cousas ricas saen! Por certo! Recomendo moito o chocolate branco con cítricos! Combinación espectacular!!!

________________________________________

Chocolate kisses

I don’t use to celebrate St Valentine’s Day because I think love should be celebrated all year round. But if we can have a day in which we can cook together, let’s do it! These chocolate kisses are delicious and you can do multiple combinations of ingredients. I will explain you here my favourites, but you can, of course, make your own versions including the favourite ingredients of the couple! And what about giving them as a present? Lovely, right? I’m sure it’ll be a total success!

Ingredients:

– white chocolate
– dark chocolate
– biscuits, lemon juice, lime juice and basil, food colouring, pistachios, matcha tea…
– kisses mould and sticks

Step by step preparation:

1. Place the sticks in the mould and add the ingredients you may want to have on top of our kisses: ground pistachios, biscuits, sprinkles, matcha…

2. Melt chocolates. It’s good to temper chocolate when preparing these kisses, but you will need to control temperature and it’s all kind of a mess. If you want to do it in a more simple way, you can just melt a little bit more than half of the total amount of chocolate (for example: 200 gr chocolate, melt 125/150) and then, when totally melted, add the rest and let it melt with the heat of the rest of the chocolate. Thus, we will lower the temperature of the chocolate and it’ll be ready to use! 🙂

3. Mix white or dark chocolate with Baileys, lemon juice, lime and basil, matcha, food colouring…or all you may want to use. The best thing to do it is mixing a tbsp chocolate with other ingredients in some little bowls until we get the desired flavour / colour.

4. Refrigerate for a couple of hours and that’s it!

Apart from enjoying these kisses by eating them, you can as well play with them and take some funny selfies with all the family! Laugh, cook and love! And if you don’t have a kisses mould, you can use any other you have around. The truth is that this one is pretty good and the kisses come out easily. You can as well prepare them with caramel of different flavours or fruit jellies. Now that you have the mould, the time and the occasion, try this recipe and you’ll have the best Valentine’s Day ever! I highly recommend the citrus-white chocolate combination! It’s amazing!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *