Chulas de Entroido / Carnival puffs

Chulas de Entroido

Despois das chulas de cabaza, de alcachofas e de bacallau, tocaba facer as chulas de Entroido de sempre, as de toda a vida! Iso si, aquí teño que recoñecer que tiven que pedir axuda. Sempre que intento facer as chulas na casa, sáenme ben, mais non me saen tan ben, tan esponxosas, taaan redondiñas, xeitosas e saborosas coma as de miña nai, así que fíxenas con ela (ou máis ben fíxoas ela) a ver se se me pegaba algo. E ademais, fun pouco a pouco pesando os ingredientes, porque ela sempre o fai así segundo lle parece porque xa lle ten o truco pillado. E eu, para contarvos a receita, precisaba poñervos as cantidades para que vos poidan quedar tan ben coma as de miña nai 😉 Imos aló! Continue reading “Chulas de Entroido / Carnival puffs”

Flores de Entroido / Carnival flowers

Flores de Entroido

Repasando tódalas lambetadas típicas de Entroido que xa tiña feitas, decateime de que poucas me quedaban por facer (e mira que hai abondo!) Unha delas son estas flores. A miña nai contoume que na súa casa facíanas cando era pequena. Normalmente acostumaban a facer as follas de limoeiro, mais de vez en cando, tamén empregaban este molde tan curioso que fai estas flores que teñen un sabor entre as follas de limoeiro e as orellas. A receita non ten ciencia ningunha e os ingredientes son deses que sempre temos pola casa. O máis complicado da receita é conseguir o molde, e nesta época xa se comezan a ver polas tendas. Ou se non, sempre o podedes pedir emprestado, que así foi como fixen eu 😀 Imos aló! Continue reading “Flores de Entroido / Carnival flowers”

Bicos de chocolate / Chocolate kisses

Bicos de chocolate

Tódolos anos que chega o Día dos Namorados escribo o mesmo, mais desta vez non vou dicir o de sempre, non vou dicir que o día dos namorados debía ser tódolos días, que non hai que mercar algo porque toca e punto…mais si que direi que calquera desculpa vale para preparar lambonadas, e, se pode ser en parella, mellor! Que vos parece? Estes bicos de chocolate son moi sinxelos de facer e as combinacións son infinitas. Só hai que gardar un minutiños do día para cociñar xuntos e cociñar bicos de chocolate e bicos de amor. Imos aló! Continue reading “Bicos de chocolate / Chocolate kisses”

Restaurante Carlota Akaneya

Carlota Akaneya

**Imaxe extraída da páxina web do restaurante Carlota Akaneya

O restaurante Carlota Akaneya é un restaurante que se podería definir de moitas maneiras, mais esta é a que máis me gusta: o resultado de xuntar un galego, un catalán e unha xaponesa. De aí, só poden saír cousas boas. E a verdade é que non é para menos. Quen me coñeza un chisco, sabe que non son eu moi tola pola carne. Ou iso acostumaba a pensar ata que fun alí. O Carlota Akaneya é o único restaurante Sumiyaki que temos por estes lares. A idea, segundo lin, xurdiu dunha viaxe a Xapón e de querer trasladar un anaco da súa cociña menos coñecida a Barcelona. Ademais da súa excelente proposta gastronómica, que detallarei máis adiante, gustaríame destacar a amabilidade de todo o persoal que alí traballa e a paixón que teñen polo que fan, tanto dentro como fóra da cociña. Para min é sempre unha parte moi importante da propia experiencia. Como vedes, non acostumo a falar de moitos restaurantes e, se o fago, é porque a experiencia foi enriquecedora en tódolos sentidos. Imos aló! Continue reading “Restaurante Carlota Akaneya”

Chips de alcachofa / Artichoke chips

Chips de alcachofa

Mira que fixen esta receita unha chea de veces, de feito, pensaba que xa a puxera no blogue; ata que un día me puxen a buscar a receita e vin que non, que non a tiña! Como podía ser iso? Eu nunca fun moito de alcachofas (xa empezo coas confesións), sempre era das que dicía que non sabían a nada, que sabían a madeira…en fin, que non as quería nin en pintura. Ata que as probei así. E mira que a receita é ben sinxela! As alcachofas así saben de vicio!!! Ponse un a comelas e baixan coma se foran olivas. Unha detrás de outra e remataches o prato sen decatarte. Non vos enredo máis e imos aló! Continue reading “Chips de alcachofa / Artichoke chips”

Mariñeiras con tartar de salmón / Mariñeiras with salmon tartare

Mariñeiras con tartar de salmón

Se nunca probastes estas saborosas galletas mariñeiras, non agardedes máis! Teñen un sabor moi intenso, son súper crocantes (algo que me encanta!) e o mellor de todo é que son galegas!!! Son perfectas para preparar petiscos e de aí xurdiu esta idea! As mariñeiras con tartar de salmón son un petisco saudábel, saboroso, rápido e que campa que rabea! Non me diredes que non son bonitiñas, non si? 😀 Pois aínda saben mellor!!! Só precisaremos uns 5 minutos para preparar todo. Imos aló! Continue reading “Mariñeiras con tartar de salmón / Mariñeiras with salmon tartare”