Poutine

Poutine

Recordades o fermoso libro de receitas do Quebec que me trouxeron de agasallo? Pois xa ía tocando outra receita, non si? A esta receita de poutine xa lle botara o ollo en canto abrín o libro por primeira vez, máis que nada polo sinxela e lambona que é. E quen non ten pola casa patacas para fritir e queixo? Moito máis non precisamos, xa veredes. E o sabor é incrible…ese queixiño desfeito…cremoso…sobre as pataquiñas…ai! Que pracer!!! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 2 patacas fermosas
– un bo anaco de queixo de Bama
– caldo de carne concentrado (1/2 vaso máis ou menos)
– fariña

Preparación paso a paso:

1. Cortamos as patacas en tiras e fritímolas en abundante aceite quente ata que queden crocantes por fora.

2. Cortamos o queixo en dados pequenos.

3. Para o prebe de carne, podemos facer de varias maneiras. Ou ben empregar un caseiro e espesalo con fariña ou ben facer un improvisado con caldo de carne concentrado desfeito en auga e espesado con fariña.

4. Colocamos as patacas nun cunco, esparexemos os anacos de queixo por riba e despois vertemos o caldo de carne ben quentiño para que as patacas queden enchoupadas e o queixo se derreta. E listo!

Esta receita é estupenda para poñer como petisco nestes días de frío, ou para acompañar un guiso de carne ou unhas verduriñas. A verdade é que con estes ingredientes non pode saír nada mal. A combinación patacas fritidas e queixo é incrible! E o caldo non fai máis que derreter o queixo e facer que as patacas queden enchoupadas de prebe…que rico!!! Prepárase axiña e é un prato que ha gustar a cativos e a maiores. Eu creo que vou repetir… 😛 Bo proveito!

______________________________________________

Poutine

Do you remember that beautiful book I got from Quebec with super delicious recipes? It was about time to have a new one on the blog. When I first leaf through the book, I saw this poutine recipe and I fell in love! So delicious and so greedy! And we just need a few ingredients, the main ones being cheese and fries. And oh that flavour…melted cheese over fries…with a delicious sauce, what else can we ask for? This is a piece of heaven! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 2 beautiful potatoes
– a good piece of creamy cheese
– concentrated beef stock (around 1/2 cup)
– some flour

Step by step preparation:

1. Cut potatoes in strips and fry them in plenty of oil until crunchy on the outside.

2. Chop cheese in small squares.

3. To prepare the stock, you can use your own homemade stock and thicken it with some flour (or cornstarch) or you can use a tablespoon or so of concentrated stock diluted in 1/2 cup water and thicken, if necessary, with some flour.

4. Place potatoes in a bowl, top with cheese squares and then pour the beef stock over the cheese so it melts over the fries. Delicious! And that’s it!

This recipe is perfect as a snack for these cold days or as a side dish for a meat or veggies dish. The truth is that using these ingredients, nothing can be wrong! The combination of fries with melted cheese is one of the best combinations ever! And it’s so quick and easy to prepare…If you are hungry, the day is super cold and you don’t know what to cook, give this delicious Québecois dish a try and you’ll be more than pleased! 😀 Enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *