Torta de chocolate e crema de cacahuete / Peanut butter and chocolate cake

Torta de chocolate e crema de cacahuete (sen forno)

Seino, seino, tanta receita saudábel e despois fago estas receitas con esta pinta de ter uns cinco centos millóns de calorías. E si, non vou dicir que non as teña (non tantas, tampouco!) mais o certo é que sabe taaan ben!!! Dura moitos días na neveira porque non vai ao forno, non leva ovo e non leva ingredientes que se poñan pochos, polo que podedes ir con tino coméndoa e ir repartindo as calorías. A combinación chocolate-cacahuete é sublime! Iso si, só co chocolate e a galleta tampouco está nada mal. E sempre podedes facer distintas variacións e ir probando ata atopar a que máis vos guste. Esta combinación vímola nun vídeo destes que tanto se levan agora de receitas súper rápidas! Déixovos a ligazón despois dos ingredientes para que vexades como se fai. Imos aló!

Ingredientes:

– 100 gramos de galletas (das vosas preferidas)
– 50 gramos de manteiga
– 1 cullerada de crema de cacahuete
– 600 gramos de crema de queixo
– 180 + 120 gramos de azucre en po
– 1 culleradiña de esencia de vainilla
– 250 gramos de chocolate negro
– 500 gramos de crema de cacahuete

Molde de 20 cm.

Receita orixinal aquí!

Preparación paso a paso:

1. Esmagallamos as galletas dentro dunha bolsa e facendo unha terapia gratuíta anti-estrés ímoslle dando golpes co rolo de amasar ata que estean ben picadiñas, como pan relado. Tamén o podedes facer na picadora, se non precisades a terapia relaxante 😉

2. Mesturamos as galletas coa manteiga desfeita e a cullerada de crema de cacahuete.

3. No molde onde faremos a torta, cubrimos a base cun anaco de papel de forno. Só a base para despois poder sacala con facilidade. O molde terá que ser destes que, ou ben se abren por un lateral, ou ben se sacan cara arriba. Botamos a mestura de galletas e imos formando a base cunha culler ata que estea dura e lisa. Metemos a base na neveira.

4. Mesturamos a crema de queixo, os 180 gramos de azucre en po e a vainilla.

5. Desfacemos o chocolate, engadimos e mesturamos todo ben. E botamos esta crema (que sabe a gloria) por riba da base de galleta, alisando ben a superficie. Gardamos na neveira.

6. Quentamos a crema de cacahuete no microondas ata que teña unha textura máis líquida, tipo chocolate desfeito. E mesturámola cos 120 gramos de azucre en po. E, de novo, botámola enriba da capa de chocolate, alisando a superficie.

7. Arrefriamos a torta na neveira durante unhas 4 horas, como mínimo! Neste caso, como en moitas ocasións, o bo faise agardar 😀 E listo!

Teño visto vídeos destes de receitas moitas veces, mais nunca me atrevín a facer ningunha. Non sei por que, sempre tiven a sensación de que non me sairían ben hihihihi. E ademais, sempre ía facendo receitiñas que tiña pola casa, que me pasaban familiares, amigas e demais, ou historias que ía probando e que saían ben 🙂 Desta vez, tocou así! Agardo que vos guste moito e que a probedes. Os ingredientes son ben sinxelos e faise ben rápido. O único malo que ten é que hai que agardar a que xa estea, mais polo resto…ben vale deixar de contar calorías por uns días. 😉

________________________________________________________

No-bake chocolate and peanut butter cake

I know, I know, so many healthy recipes and now this super unhealthy cake with thousands and millions of calories! Well, not so many calories, I confess, but it tastes so good we are going to forgive each and every calorie it has! 🙂 One good point of this cake is you can have it in the fridge for days and so share out the calories along the days. The chocolate-peanut butter combination is sublime! But you can also try without the peanut butter, or use any other topping you like. This recipe has been taken from a quick recipe video I saw on the net, I will write the link below the ingredients list, and you can have a look at the video, which is always really helpful. Let’s go!

Ingredients:

– 100 gr biscuits (your favourite)
– 50 gr butter
– 1 tbsp peanut butter
– 600 gr cream cheese
– 180 + 120 gr powdered sugar
– 1 tsp vanilla essence
– 250 gr dark chocolate
– 500 gr peanut butter

Mould 20 cm.

Origina recipe here!

Step by step preparation:

1. Crush biscuits inside a plastic bag using a rolling pin until you get fine crumbs. It’s a great anti-stress therapy! 🙂

2. Mix crumbs with melted butter and the tbsp of peanut butter.

3. Cover the base of the mould with a baking sheet, covering only the base, so we can then take the cake out easily. The mould should be springform or one of those in which the base separates from the mould by pulling it up. Press the base mixture and keep in the fridge.

4. Whisk cream cheese, 108 grams of powdered sugar and vanilla.

5. Melt chocolate and add it to the mixture, mixing well. Pour the mixture over the biscuits base. Refrigerate.

6. Melt the peanut butter and mix it with the 120 grams of powdered sugar. Pour this mixture over the chocolate one and spread until it’s even.

7. Allow to cool in the fridge for, at least, 4 hours. In this case, as it usually happens, the good things come to those who wait. 😀 And that’s it!

I’ve seen quick videos like this one before, but I’ve never had the opportunity of preparing any of these recipes. Besides, I always had recipes at home, of my granny, my family, friends, and thinks I try and come out well 😉 This time, I decided to try this as well, and yes, I really liked the result! Ingredients are easy-to-find and just a few, so it’s worth the try! The only bad thing this super cake has is having to wait to eat it!!! Give it a try and you won’t regret it! 😉

2 thoughts on “Torta de chocolate e crema de cacahuete / Peanut butter and chocolate cake

  1. Miña nai! Qué tentación!!!
    Creo que vou ter que esperar un pouco a recuperarme dos turrons jajajaja, e logo fareina, que ten unha pinta cremosísima irresistible!
    Un saúdo, Kukinhas!

    1. Siii! Está hiper cremosa!!! A verdade é que costa recuperarse do Nadal jeje Pero con esta torta faise máis levadeiro ata o Entroido 😉
      Graciñas polo comentario Eva! Bicos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *