Queixadiñas / Quesadillas

Queixadiñas

Non é por nada, mais encántame o nome de Queixadiñas! Sona ben riquiño, non si? As queixadiñas non deixan de ser unha tortilla de trigo rechea de queixo torrada nunha grella para que o queixo quede ben derretido e cremoseiro. Aínda que o ingrediente principal é o queixo, sempre se lle pode dar algunha que outra alegría para darlle máis sabor e facelas máis larpeiras 😉 Déixovos dúas opcións que a min me gustan moito, unha máis típica e outra máis ‘mallorquina’ hihihi. Imos aló!

Ingredientes par 2 persoas:

– 4 tortillas de trigo
– sobrasada
– queixo cremoso
– xamón cocido
– ourego

Preparación paso a paso:

1. Untamos a sobrasada sobre a tortilla de trigo e colocamos as lascas de queixo por riba.

2. Pechamos formando unha media lúa e poñémolas na grella a lume medio-alto ata que estean torradiñas e o queixo se derreta.

3. Poñemos o xamón cocido e o queixo na tortilla e botámoslle ourego. Pechamos de novo e poñemos a torrar.

4. Cando as saquemos do lume, cortámolas ao medio e listo!

É unha receita sinxela e moi rápida, o que fai que sexa un recurso ben saboroso para cando temos que facer de cear e estamos algo nugalláns e sen ideas. Para o recheo, milleiros de ideas. As de xamón e queixo son das máis típicas e as de queixo e sobrasada son…puro vicio!!! Que ben combinan!!! E se queredes botarlle un pouco de mel…un anaco de ceo na boca! En fin…déixoo aquí porque senón éntrame a fame e aínda hei ter que ir facerme outra queixadiña de re-cea 😉 Agardo que a preparedes e vos guste taaanto como a min! Aínda non vos convencín? Mira que sodes difíciles eh!xD Bo proveito kukilambonas e kukilambóns!!!

_______________________________________________

Quesadillas

I love Mexican food! Fajitas, burritos, nachos, guacamole…all tastes so good! And quesadillas won’t be an exception, of course! Quesadillas are basically a wheat tortilla filled with cheese and grilled until cheese is melted and tortilla gets a beatiful brown colour on the outside. Though the main ingredient is cheese, you can add some other ingredients to make them even tastier. I will show you here two of my favourite recipes, one is really basic and the other is more… from Mallorca 😉 Let’s go!

Ingredients for 2:

– 4 wheat tortillas
– sobrassada
– cheese slices
– boiled ham slices
– oregano

Step by step preparation:

1. Spread sobrassada on half of the tortilla and place cheese on top.

2. Fold the tortilla in and place it on a grill pan until cheese is melted and tortilla is golden brown and crunchy.

3. Over another tortilla, place ham, cheese and oregano. Close the tortilla again and grill.

4. When out of the pan, cut in half and serve. That’s it!

As you can see, it’s a veeery simple and quick recipe we can do when we don’t know what to cook and we feel kinda lazy and with no ideas. For the filling, there are millions of ideas! The ham and cheese ones are one of the most typical, and the ones with sobrassa will make you fall in love! And if you add some honey on it, OMG, a piece of heaven in your mouth. Ok, I’m going to stop or I’ll have to go and prepare a quesadilla right now! I hope you prepare it right away! Wait no more time! Haven’t I convinced you? C’mon! You’ll love them, I’m sure!!! 😀

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.