Biscoito de plátano / Banana bread

Biscoito de plátano

Devezo polos biscoitos que levan froita. Xa sei que iso non os fai máis saudábeis, mais si que contribúen a que os biscoitos teñan unha textura máis suave e húmida e a que o sabor sexa máis intenso e, por suposto, afroitado. E a todos nos pasou algunha vez que temos uns plátanos no froiteiro que xa están maduros de máis, e que farían un biscoito coma este ben gostoso. E xa que imos papar unha lambonada, mellor que leve algo de froita, non? Aínda que en inglés se chame Banana bread, o certo é que é máis un biscoito que un pan 😉 Non vos asustedes por ver tantos ingredientes, son moi sinxeliños de topar e que sempre temos pola casa. Imos aló!

Ingredientes:

– 3 plátanos ben maduros
– 1 cullerada de zume de limón
– 225 gramos de fariña
– 1 culleradiña de bicarbonato
– 1 culleradiña de fermento químico
– 1/2 culleradiña de sal
– 1/2 culleradiña de canela
– 100 gramos de azucre branco
– 100 gramos de azucre moreno
– 115 gramos de manteiga
– 2 ovos
– 1 culleradiña de esencia de vainilla
– 120 ml de leite amargo (120 ml de leite e zume de medio limón)

Preparación paso a paso:

1. Coa axuda dun garfo, esmagallamos ben os plátanos ata que fique cunha textura cremosa. Engadimos tamén a cullerada de zume de limón.

2. Por outra banda, mesturamos os ingredientes secos: a fariña, o bicarbonato, o fermento, o sal e a canela.

3. Mesturamos os azucres coa manteiga, que ha de estar brandiña, mais non derretida. (Se non temos leite amargo, feito, mesturamos xa o leite eo limón para que repouse e quede con gromos que precisamos).

4. E imos engadindo os ovos e batendo ben.

5. Á mestura de ovos e azucres, engadimos o leite amargo, a vainilla e o plátanos. Batemos ben.

6. Engadimos tamén os ingredientes secos que mesturamos antes e batemos ata que estean integrados. É importante non bater en exceso, pois pode facer que o biscoito quede duro. Unha vez que xa estea ben integrados, paramos! 🙂

7. Vertemos a masa nun molde engraxado e enfariñado e enfornamos a 170º durante uns 55 minutos ou ata que un escarvadentes cravado no centro saia limpo. E listo!

O mellor para desmoldalo é deixalo arrefriar por completo. É un biscoito moi suave e zumarento por dentro e crocante por riba. A min a textura recórdame á do biscoito de cenoria, polo que se este último vos gusta (a min encántame!!!), eslumeceredes por este biscoito de plátano. Que, por certo, hai que tamén lle bota froitos secos. Eu non tiña ningún a man, mais se os tedes e queredes probar, unhas noces picadas de seguro que lle quedan de medo. Bo proveito!!!

______________________________________________

Banana bread

I love sweet treats which have fruit!!! It’s not they’re healthier, but the truth is that fruit makes cakes texture smoother and moister, and the flavour more intense and fruity. And we sometimes have some bananas at home which are very riped and we don’t know what to do with them. This banana bread is an excellent idea! This recipe is one of the best recipes ever, and don’t be scared to see so many ingredientes, they’re just easy to find and we usually have them at home. You’ll get a super moist and flavourful banana bread! 😀 Let’s go!

Ingredientes:

– 3 extra riped bananas
– 1 tablespoon lemon juice
– 225 gr flour
– 1 tsp baking soda
– 1 tsp baking powder
– 1/2 tsp salt
– 1/2 tsp cinnamon
– 100 gr white sugar
– 100 gr brown sugar
– 115 gr butter
– 2 eggs
– 1 tsp vanilla essence
– 120 ml buttermilk (120 ml milk and juice 1/2 lemon)

Step by step preparation:

1. With a fork, smash bananas until you get a creamy purée. Add the tablespoon of lemon juice and mix.

2. On the other hand, mix the following dry ingredients: flour, baking soda, baking powder, salt and cinnamon.

3. Mix sugars and butter (soft butter, but not melted). [If you don’t have buttermilk at home, mix milk and lemon juice now, so it’s ready when you need it).

4. Add eggs and beat.

5. Whisk in buttermilk, vanilla and bananas purée.

6. Whisk in dry ingredients and mix until integrated. It’s important not to overmix, just mix until fully inegrated ad then stop. If you overmix, you’ll get a drier and harder banana bread.

7. Pour mixture into a mould previously greased and floured and bake at 170º for around 55 minutes or until a toothpick inserted in the middle of the bread comes out clean. And that’s it!

Allow to cool before removing it from the mould. It’s super moist on the inside and crunchy on top! The texture reminds me of that of the carrot cake, and as it is one of my favourite cakes, this banana bread will be on the top five 🙂 By the way, if you happen to have some nuts at home, I’m sure some chopped walnuts will match perfectly with this bread. Enjoy!!!

2 Comments

  1. Hola kukinhas: Grazas pola receita do leite frita .A min nunca me sae ben ;vou probar coa tua receita paso a paso.Moitas grazas e ata a proxima kukinhas

    • Con esta receita sae seguro, xa verás, e ademais está moi bo e no seu punto xusto de azucre. Agardo que che guste e xa me contarás como foi. Unha aperta enorme e grazas a ti 🙂

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.