Poutine

Poutine

Recordades o fermoso libro de receitas do Quebec que me trouxeron de agasallo? Pois xa ía tocando outra receita, non si? A esta receita de poutine xa lle botara o ollo en canto abrín o libro por primeira vez, máis que nada polo sinxela e lambona que é. E quen non ten pola casa patacas para fritir e queixo? Moito máis non precisamos, xa veredes. E o sabor é incrible…ese queixiño desfeito…cremoso…sobre as pataquiñas…ai! Que pracer!!! Imos aló! Continue reading “Poutine”

Torta de chocolate e crema de cacahuete / Peanut butter and chocolate cake

Torta de chocolate e crema de cacahuete (sen forno)

Seino, seino, tanta receita saudábel e despois fago estas receitas con esta pinta de ter uns cinco centos millóns de calorías. E si, non vou dicir que non as teña (non tantas, tampouco!) mais o certo é que sabe taaan ben!!! Dura moitos días na neveira porque non vai ao forno, non leva ovo e non leva ingredientes que se poñan pochos, polo que podedes ir con tino coméndoa e ir repartindo as calorías. A combinación chocolate-cacahuete é sublime! Iso si, só co chocolate e a galleta tampouco está nada mal. E sempre podedes facer distintas variacións e ir probando ata atopar a que máis vos guste. Esta combinación vímola nun vídeo destes que tanto se levan agora de receitas súper rápidas! Déixovos a ligazón despois dos ingredientes para que vexades como se fai. Imos aló! Continue reading “Torta de chocolate e crema de cacahuete / Peanut butter and chocolate cake”

Queixadiñas / Quesadillas

Queixadiñas

Non é por nada, mais encántame o nome de Queixadiñas! Sona ben riquiño, non si? As queixadiñas non deixan de ser unha tortilla de trigo rechea de queixo torrada nunha grella para que o queixo quede ben derretido e cremoseiro. Aínda que o ingrediente principal é o queixo, sempre se lle pode dar algunha que outra alegría para darlle máis sabor e facelas máis larpeiras 😉 Déixovos dúas opcións que a min me gustan moito, unha máis típica e outra máis ‘mallorquina’ hihihi. Imos aló! Continue reading “Queixadiñas / Quesadillas”

Biscoito de plátano / Banana bread

Biscoito de plátano

Devezo polos biscoitos que levan froita. Xa sei que iso non os fai máis saudábeis, mais si que contribúen a que os biscoitos teñan unha textura máis suave e húmida e a que o sabor sexa máis intenso e, por suposto, afroitado. E a todos nos pasou algunha vez que temos uns plátanos no froiteiro que xa están maduros de máis, e que farían un biscoito coma este ben gostoso. E xa que imos papar unha lambonada, mellor que leve algo de froita, non? Aínda que en inglés se chame Banana bread, o certo é que é máis un biscoito que un pan 😉 Non vos asustedes por ver tantos ingredientes, son moi sinxeliños de topar e que sempre temos pola casa. Imos aló! Continue reading “Biscoito de plátano / Banana bread”

Crema de cabaza e lentellas / Lentils and pumpkin soup

Crema de cabaza e lentellas

Hai mesturas que unha nunca pensaría que quedarían ben. E xa vos adianto que esta é unha delas. O que pasa é que cando es unha lambona, fas que a xente do teu redor sempre estea atenta por se pode coller ideas para o blogue. Así foi como esta idea chegou a min. Falando de receitas de outono-inverno para quentar o corpo, un compañeiro de traballo do meu fotógrafo dixo que el lle botaba lentellas á crema de cabaza. Lentellas??? pensei eu. Siii, lentellas. E ademais, seica lle quedan moi ben. Probaremos, pois! E despois de probar esta crema de cabaza e lentellas, repetirei seguro! Xa vedes que a presentación quedou ben chula. Ao final da receita, xa vos direi como papar esta crema para degustala como é debido! Imos aló! Continue reading “Crema de cabaza e lentellas / Lentils and pumpkin soup”

Revolto de grelos / Turnip tops scrambled eggs

Revolto de grelos

Despois das enchentas de Nadal, o corpo xa pide voltar a comer coma sempre e deixarse de tanta paparota. O frío por fin chegou e apetecen pratos quentiños. Iso si, que non nos dean moito traballo, que xa pasamos tempiño abondo na cociña nas festas, e non? Este revolto de grelos é un prato deses que se fai tan rápido e sabe taaan ben que eu xa estou pensando en facelo de novo, que hai que darlle saída aos greliños da leira 😉 E, coma sempre vos digo, probade con outros ingredientes que a vós vos gusten, eu empreguei os que tiña a man e quedou ben saboroso! Imos aló! Continue reading “Revolto de grelos / Turnip tops scrambled eggs”