Galletas da fortuna / Fortune cookies

Galletas da fortuna

Xa quedan moi poucos días para o Nadal. Unha época do ano na que aproveitamos para pasar tempo coa xente que máis queremos e nos quere. E tamén para desexarlles que pasen un ano novo cheo de cousas boas e de soños cumpridos. Pensando niso, pensei que sería marabilloso facer unhas galletas da fortuna para a Noiteboa ou para o día de Ano Vello e deixar unhas mensaxes de amor e cariño para tódolos comensais. Que vos parece a idea? Eu fixen unhas cantas en galego e en inglés e déixovos aquí o documento por se queredes coller algunha. Se o facedes, podedes poñer mensaxes máis persoais, de broma para botar unhas risas ou para dar unha nova importante: un casamento, un novo membro na familia, unha cea familiar… A que quedaría ben chulo? A verdade é que é unha receita moi sinxela e con tódolos kukiconsellos que vos deixo ha saír perfecta, xa veredes! Sen enredarvos máis, que teñades unhas MOI FELICES FESTAS, UN MOI BO NADAL CHEO DE FELICIDADE E UN ANO NOVO MOI LARPEIRO E CARGADO DE BOAS NOVAS E MOITOS SORRISOS!

Ingredientes para unhas 12 galletas:

– mensaxes de fortuna (Aquí vos deixo algúns para descarregar e imprimir en galego e en inglés – Galletas da fortuna)
– 2 claras de ovo
– 50 gramos de azucre
– 1 chisco de sal
– 30 gramos de fariña triga
– 10 gramos de fécula de millo (maizena)
– 25 gramos de manteiga
– papel de forno

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos as claras, o azucre e o sal e batemos durante uns 20 ou 30 segundos.

2. Xirgamos as fariñas e engadímolas, batendo ata que quede unha mestura cremosa.

3. Engadimos a manteiga derretida e mesturamos de novo.

4. Prequentamos o forno a 150ºC. Sobre un papel para forno, botamos unha cullerada da mestura e alisamos ata que o círculo teña uns 8 cm de diámetro. (Kukiconsello: para comezar, facede 1 ou 2 galletas de cada vez. Costa collerlle o truquiño e é mellor facelo pouco a pouco para que queden perfectas.)

5. Enfornamos durante uns 8-10 minutos ou ata que as beiras estean douradiñas.

6. Cando aínda estean quentes, sacámolas do papel axudándonos dunha espátula ou dun coitelo, poñémolas sobre a palma da man e metémoslle dentro a mensaxe de fortuna. Moito coidado cos dedos! É importante facer todo o proceso mentres aínda estean quentes, mais ide con tino, que queiman abondo!

7. Pechámolas coa mensaxe dentro.

8. E axudándonos dun vaso, dámoslle a forma de galleta da fortuna. Só temos que apoiar a media lúa que xa fixemos no canto do vaso e empurrar cara abaixo, como se ve na imaxe. (Kukiconsello: como as primeiras nos han levar máis tempo, vainas collendo dunha en unha do forno. Así, as outras sempre estarán quentiñas para que se poidan dobrar ben!)

9. En canto estean formadas, déixaas sobre un molde para madalenas para que manteñan a forma e non se abran.

10. Segue a facer máis galletas co resto da masa. (Kukiconsello: Aproveita o debuxo que deixaron as primeiras galletas no papel do forno para facer as seguintes. Desta maneira, sairán todas igualiñas.) E listo!

Non vos desanimedes se as primeiras non saen perfectas. As miñas primeiras foron un chisco desastre porque mentres lles sacaba a foto para ensinárvolas, xa me arrefriaban e non había maneira de cerralas sen que rompesen as beiras 😀 Se vos pasa iso, poñédeas no forno de novo para que collan temperatura e se poñan brandas. Iso si, ide de unha en unha ou de 2 en 2 para as primeiras, e así xa veredes como sairán unhas galletas da fortuna dignas dun profesional 🙂 O sabor das galletas é moi doce, a mín recórdame ao das galletas de nata e, aínda que saibades as mensaxes que puxestes, fai moita graza coller unha e ver cal che tocou! Despois de facelas, só penso en por que non as fixen antes co sinxelas que son e os momentos tan divertidos, agarimosos e inesquecibles que poden deixar. Non agardedes máis, e sede as anfitrioas e anfitrións perfectos desta festas! BO NADAL!!!

__________________________________________

Galletas da fortuna

Already counting the days till Christmas!!! Even though Christmas is a time of melancholy and remembering those who are not with us anymore, it’s also a time in which we spend time with the people we love and love us. I like Christmas, and I like having my beloved ones around, laughing, sharing beautiful moments and wishing each other all the happiness in the world for the new year. Thinking about that, it came to my mind the idea of preparing some fortune cookies for Christmas Eve or New Year’s Eve, and use them to wish everybody a super happy year, to make some jokes and laugh about it, or to give some good news: a wedding, a new family member…wouldn’t it be beautiful? The truth is that the recipe is reeeally simple and following my kukitips, you’ll get the most delicious and perfect fortune cookies ever! Let us go into the matter! I WISH YOU ALL A MERRY CHRISTMAS AND A HAPPY NEW YEAR FULL OF BEAUTIFUL AND UNFORGETTABLE MOMENTS! May all your dreams come true!!!

Ingredients for around 12 cookies:

– fortunes (Here you have some o download and print in English and Galician – Fortune cookies)
– 2 egg whites
– 50 gr sugar
– 1 pinch of salt
– 30 gr wheat flour
– 10 gr cornstarch
– 25 gr butter
– baking sheets

Step by step preparation:

1. Mix whites, sugar and salt beating for around 20-30 seconds.

2. Sift flour and add it to the mixture beating until smooth.

3. Add melted butter and mix again.

4. Pre-heat oven at 150ºC. On a baking sheet, add a tablespoon batter and give it a round shape of 8 cm diameter approximately. (Kukitip: start by preparing 1 or 2 cookies at a time. They’re not difficult, but you need to get the hang of it, so you’d better start bit by bit.)

5. Bake for 8-10 minutes or until edges are golden brown.

6. As soon as we take them out of the oven, using a spatula take 1 cookie off and put it over the palm of your hand and place the fortune inside. Mind your fingers!!! We need to work with cookies while still hot but, please, be very careful!

7. Close cookies with the fortune inside.

8. Using a glass or cup, give it a fortune cookie shape. We just have to push the blended cookie against the edge of the glass, as you can see the picture. (Kukitip: as the first ones will take us long, take 1 by 1 from the oven, and let the others be hot in there while you work with the first one!)

9. As soon as you have given them the right shape, let them cool in a muffin tin so they keep shape until cold.

10. Keep on preparing cookies with the rest of the batter. (Kukitip: Use the mark the first cookies left on the baking sheet to prepare the rest and they all will have the same size.) And that’s it!

Don’t get too discourage if they’re not perfect! My firsts were a bit of a disaster because they got cold while I took the pictures 😀 But if that happens to you, put them back into the oven and they will be soft again. Its flavour is really sweet and even though you may know the fortunes you’ve put inside, it’s always fun to see what’s on yours! After preparing them, I just wonder why I haven’t done them before! They’re so easy and I’m sure it will be an excellent entertainment for your Christmas suppers! MERRY CHRISTMAS!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *